O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Microrrelatos
AS CHAMADAS
Ía frío unha noite escura e chea de néboa. As mans tremíanme, saquei o móbil e…. tiña sete chamadas perdidas de miña nai….(chan, chan, chan, chaaan) I(*.*)I

Noel Martínez Vicente, 1º Bach A

Outro día
Cústame respirar, cústame abrir os ollos, a boca, sentir a vida e o aire, cústame todo, encóntrome como peixe fóra da auga, noto que todo me pode, que as forzas me abandonan, pero quero seguir adiante, enfrontarme a iso, conseguir gañar outra vez contra ese grande inimigo, maldito Luns.

José Benito Cores Rañó 1ºBach A

Traballaba de camareiro, no mesmo bar que frecuentaba cando estudaba. Coñecía a todos os clientes e a todos lles atopaba unha semellanza cun familiar, cun amigo ou cun profesor seu.. Pero aquel raparigo que entrou pola porta, a quen se parecía realmente era a el, dez anos atrás. Este rapaz pediu una copa e sentou cunha rapaza realmente semellante á súa ex noiva… Reflexionou, e pensou que non era ela, non podía ser a mesma rapaza desalmada que rematara abandonándoo polo camareiro, a mesma que agora mesmo lle sorría, insinuando desde o outro lado da barra.

Sergio Rial Comojo 1º Bach A

Son as oito da mañá, o seu amante marcha da súa casa, ela esperta e ve o seu compañeiro converténdose nun Alien.


Raúl Muñíz García, 1º Bach A
e ti que opinas? (0) - Categoría: Relatos - Publicado o 20-02-2014 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
Microrrelatos por José Places e Alejandro Galbán
REGRESO
Nazis por todas partes, só vía brazaletes e esvásticas, todo estaba borroso e unha bandeira ondeaba no alto dun edificio, una bandeira nazi tinguida polo sangue de vícimas inocentes. Unha forte presión cubríame o torso e estaba todo en silencio. De repente, sentín xente que se aproximaba á miña posición e dicindo por todo o alto que Hitler, o ditador, falecera. Encontráronme e dispuxéronse a sacarme de alí pero, mentres levantaban os cascallos, non puiden resistir a dor e fiquei dormido.
Hoxe, 70 anos despois, espertei dun coma, non recoñezo este mundo pero a pregunta que máis me inqueda é, por que non me avellentei?


José Places Tourís 1ºBach A

Soidade
Cando espertei non había nada, nin persoas, nin coches, só soidade.



Alejandro Galbán Ces 1ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Relatos - Publicado o 17-02-2014 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Por sempre
Sentimos esta pequena parada dos capítulos, o equipo de normalización estivo moi ocupado co intercambio a Cuntis e non tivemos tempo de escribir máis historias, pero pronto voltaremos

As autoras de "Por sempre"
Aida Barros 1ºA
Aitana Alcalde 1ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Relatos - Publicado o 06-05-2013 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
"Por sempre"
Capítulo 4

As dúas amigas atopábanse no seu agocho segredo, ás aforas do castelo. Lili xa se estaba impacientando. Dayanne non lle facía caso:
-Daya, non me ignores. Daya...Daya!!
-Que, como, cando...onde?-dixo a rapaza, un tanto confusa.
-Eoooooooo, levas un anaco en "trance". Estás ben?
-Isto...si,iso creo...
-En que estabas pensando?
-En nada.
-Non che creo. Coñézote dende hai catro anos, estabas pensando en algo.
-Non, que va...he,he,he.-di Daya, cun sorriso pícaro.
-Outra vez Alexander?
-Quen? Ah, ha,ha,ha,ha,ha,ha...que cousas dis Lili?

Continuará...

Escritora: Aitana Alcalde 1ºA
Ilustradora: Aida Barros 1ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Relatos - Publicado o 21-03-2013 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
"Por sempre"
Capítulo 3

Dayanne estaba pensativa. Encontrábase no seu cuarto, acompañada da súa criada e amiga particular Lili, unha moza da súa idade. Xa pasaran seis anos daquel encontro... Aínda así non conseguira olvidarse daqueles ollos grises que a miraran con tanta curiosidade aquel día, nin do rapaz que os posuía. Lili estaba intentando chamar a súa atención, mais a mente de Dayanne estaba moi lonxe, lonxe no tempo, nesa data tan especial...

Que sería agora del? Non sabía nada, acordaríase el dela?

Continuará...

Escritora: Aitana Alcalde 1ºA
Ilustradora: Aida Barros 1ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Relatos - Publicado o 01-03-2013 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Por sempre
Capítulo 2

Os habitantes dos Reinos Xemelgos estaban moi emocionados,era un día moi especial.Os príncipes Dayanne e Alexander coñeceríanse por fin, e a raíña de Terebintia, xunto co rei Don Meldin, celebrarían o compromiso dos seus fillos, que poderían casar cando ámbolos dous cumprisen 18 anos.
Téredens non quería quedar mal diante dos conselleiros e da súa maxestade Don Meldin, a causa da rebeldía da súa filla Dayanne. A pobre rapaza non lle gustaban nada estas formalidades, e menos comprometerse con alguén que non coñecía.

Continuará...

Ilustradora: Aida Barros 1ºA
Escritora: Aitana Alcalde 1ºA
e ti que opinas? (1) - Categoría: Relatos - Publicado o 22-02-2013 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Por Sempre
Capítulo 1

Ía frío. Moito frío. Nas lindes dos reinos veciños de Alexandria e Terebintia reinaban os raios, as tronadas e choivas. Unha esbelta figura encapuchada escoitaba dende a súa ventá as risas que soaban no castelo de Terebintia, e sen ningún esforzo soubo o que estaba acontecendo. A sucesora de Téredens, a raíña do castelo, nacera había uns poucos meses, non máis. O encapuchado lamentou non poder estar aí. Aquela meniña era o seu obxectivo dende que soubo a noticia. Debía agardar a que a rapaza cumprise os 16 anos, agora non lle servía de nada. Debía agardar.

Continuará...

Texto:Aitana Alcalde 1ºA
Imaxes:Aida Barros 1ºA
e ti que opinas? (3) - Categoría: Relatos - Publicado o 30-01-2013 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego