O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Silencio aí abaixo por favor!
O pasado 18 deste mes fíxose pública a condena de un ano de cárcere para un xoven asturiano que celebrou a morte de dous policías nacionais en 2009 por un atentado de ETA. Poucos días despois, o día 27 do mesmo mes, absólvense a dous implicados na morte dunha moza sevillana e condénase a vinte anos de cárcere ó asesino da rapaza.
É así a xustiza do estado español que parece tomar máis en serio un simple comentario dun mozo que a tan sonada morte de Marta del Castillo.
Calificaría de lamentable esta sentencia pero sería faltarlle ó respecto ós familiares e centos de persoas que se reuniron tanto nas rúas de Sevilla como nas redes sociaiss para mostrar a súa indignación coa resolución do caso. O adxectivo que definiría esta mostra de desprecio cara a raza humana, en concreto cara o xénero feminino merece unha palabra moito máis dura e tan repulsiva como o acto.
O estado español; o mesmo que presume de ter unha democracia, está formado por toda esa xente que saiu ás rúas pedindo unha sentenza xusta polo o asasinato de Marta del Castillo. Tiveron sorte xa que foron totalmente respectadas, aínda que tranquilamente poderían estar acusadas de anticonstuticionais.
Se xa a xustiza do estado ía mal, chega o goberno estatal para poñérnola peor: unha reforma xudicial na que haxa que pagar por un xuízo é precisamente o que necesita este pobo neste momento. A crise é un bo contexto para introducir reformas deste estilo no que a xente, co seu asombro, non se decide a parar esta oleada de sacrificios dos servicios públicos. Non nos chegaba con ter que competir cos avogados dos ricos, agora xa non se trata de ter "padriños", o sistema capitalista chega tamén á xustiza e a lei do máis forte predominia en mortes e en condeas.
A "liberdade de expresión" en España é ultimamente máis ficticia que algunha película de ciencia ficción, e seguirao sendo e cada vez máis, sempre e cando nós non poñamos remedio.

Miguel Silva Conde
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 03-02-2012 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
TAPÓNS PARA PAULA

Coa información que recollemos a mediados de Xaneiro sabemos que de máximo cada día saen do noso centro entre 3 e 5kg de tapóns e como mínimo uns 500g. Cando saen do centro son levados inmediatamente a dous sitios; A Galiña Azul en Boiro e á Sagrada Familia tamén de Boiro.
Finalmente reúnense na Galiña Azul e dende alí, cando teñen un número importante de tapóns chaman a TRANPORTES DUCO que os leva a ACTECO en Alicante que é a empresa que os paga. A mediados de Xaneiro reuníranse xa 6t de tapóns e ACTECO pagounos a 325€ a tonelada.

José Places. 3ºB
e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 02-02-2012 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A lingua galega no ámbito da igrexa en Rianxo
Na miña vila, dende que eu era pequena sempre fun a igrexa ata que fixen a confirmación. Nese tempo puidenme decatar de que o párroco sempre daba as misas en castelán, polo tanto a Biblia tamén estaba neste idioma, e todos os libros ou textos relixiosos da igrexa do pobo tamén eran en casstelán. Era tan notable o uso do castelán que ata as cancións que o coro cantaba se facían neste idioma. Xamais cheguei a escoitar unha canción ou unha misa en galego. A excepción foi un día que un párroco novo visitou o pobo. Ao contrario do que estaba acostumada este era un párroco xoven, mentres que o outro tiña máis idade, e deu a misa en galego dente o principio ata o fin, incluso tendo en conta as novas cancións en galego que escoitei ese día.
Seguindo co tema,é un feito curioso que o cura da vila sempre dea todas as misas en castelán, mentras que por outro lado cando fala coas persoas de toda e vila e se relaciona con elas fóra do ámbito relixioso, sempre usa o galego. E non é por dificultades coa lingua porque, a pesar de dar as misas en castelán, desenvólvese moi ben co galego e non ten problema ao falalo.
En resumen na miña vila todas as celebracións relixiosas sempre foron en castelán, e case sempre co mesmo párroco,e aínda que ás veces nos visiten outros, estes tamén ofician as misas en castelán.

Laura Longo (4º ESO B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 01-02-2012 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Núñez Singala visita o Félix Muriel
O pasado 17 de xaneiro visitounos o ilustre Manuel Núñez Singala responsable de Normalización e Dinamización Linguística da Universidade de Santiago de Compostela.
Veunos dar unha charla sobre os "prexuízos" e sobre o seu libro...En Galego por que Non? É un libro que trata sobre os prexuízos que máis lle afectan aos galegos á hora de empregar a súa lingua...
Fíxonos ver, poñendo outros exemplos, como estes prexuízos teñen que ver com ideas que temos escoitado e nas que cremos sen realmente reflexionar se son certas ou non. Tamén nos explicou estes prexuízos como simplificacións do noso pnsamento sen fixarnos ben no que realmente significan estas ideas.

Os prexuízos dos que trata o libro son :

1.O galego soa mal.
2.Aprender galego é unha perda de tempo.
3.Falar galego cando hai alguén que aínda que o entende non o fala, é de mala educación.
4.O Galego non o damos falado ben.
5.O galego é unha lingua minoritaria.

Xosé Anxo 3ºD
Portada do libro
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 31-01-2012 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A que pobo vale o Valedor do Pobo?
O Valedor do Pobo é o principal representante e defensor de Galicia pero nun dos seus informes,recentemente publicados, fala sobre o Estatuto de Galicia, cuxo artigo 5.1 di que o galego é a lingua propia de Galicia,o Valedor considerou que debía ser censurado.
Algúns dos nosos compañeiros cometarón esta noticia, e aquí vos deixamos algúns deles.

-Abel, de 3ºD dinos:
É unha irresponsabilidade por parte de quen o puxo nese posto, xa se sabía as ideas que tiña. É como quen pon a un xuíz misóxino a condenar o maltrato á muller.Para que nos vale? Co que nos costa ao ano (DOUS MILLÓNS DE EUROS), podía non morder a man que lle dá de comer!

-Sarela, tamén de 3ºD comenta:
Eu opino coma todos e creo que o goberno, a través do Valedor do Pobo e outras persoas con cargos semellantes, está cometendo actos que atentan cada vez máis explícitamente contra a nosa lingua e a nosa cultura e faino porque sabe que nós, ao contrario do que cabe esperar, non facemos nada para impedilo. É máis, facilitámoslle as cousas, porque o Valedor foi posto onde está indirectamente pola vontade da maioría de galegos. O que deberíamos facer é plantexarnos dunha vez por todas se o que queremos é seguir sometidos sen opinar nin queixarnos, ou ter as nosas propias opinións e ideas e expresalas ben alto aínda que signifique contrariar á maioría. Hai persoas que xa o están facendo e o que debemos é apoialos e pelexar polo que nos parece xusto, que é que o galego se recoñeza como a nosa lingua propia e se actúe respectándoa e favorecendo o seu uso e coñecemento e non perxudicándoa e infravolorándoa.

-Carlos, de 3ºE opina:
Eu penso que se lle está a dar demasiada importancia a este asunto, que aparece en sete xornais distintos. É esaxerado.
Ainda que tampouco me parece ben que censuren todo un libro por un recadro ó que ninguén lle daría maior importancia; xa que el debería defende-lo estatuto de autonomía e o galego, e non cuestionalo, xa que se está ‘autocensurando’ practicamente. Na miña opinión, non ten moito sentido, pero paréceme que hai noticias máis importantes ás que se lle podería adicar un pequeno espazo nalgún xornal.

Laura Mirón, Clara Villanustre e Serxio Lamas (3ºA)
Artigo 5. Estatuto de autonomía.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 30-01-2012 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Día da Candeloria- Día do amor en Galicia

O 2 de febreiro celébrase a Candeloria, que é o día do amor en Galicia, aínda que agora quedou suplantado polo comercial San Valentín.

Buscando recuperar as nosas tradicións, imos repartir os adhesivos que fixemos na Coordinadora de ENDL do Barbanza e animarvos a que escribades as vosas mesnsaxes de amor. Animádesvos?

Podedes deixar os vosos SMS a xeito de comentario aquí nesta noticia. E tamén redactar cartas de amor que podedes enviar ao correo do Equipo (enl.felixmuriel@gmail.com). Publicaranse as mellores na revista...

E se vos esforzades... mesmo pode haber algún premio.
e ti que opinas? (77) - Categoría: Cousas - Publicado o 30-01-2012 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Mercedes Queixas presenta o seu ultimo libro en Rianxo sobre Mª do Carme Kruckenberg
Mañá sábado, 28 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Auditorio de Rianxo, preséntase a biografía de María do Carme Kruckenberg Vivir, unha aventura irrepetíbel. Trátase da biografía de Mª do Carme Kruckenberg, de Mercedes Queixas,que fora a coordinadora provincial dos equipos da provincia da Coruña entre 2006 e 2010 e que xa visitou o noso centro en varias ocasións. A última vez que Mercedes Queixas estivo connosco foi no acto de presentación do proxecto No meu mar, na miña lingua.

Neste acto de presentación do seu libro, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, participarán, xunto á autora, Francisco Castro e Milagros Torrado. A seguir, terá lugar un recital poético no que participarán Esther F. Carrodeguas, Milagros Torrado e María Xesús Blanco, cunha intervención plástica do pintor Salvador Fernández Laíño. No mesmo emprazamento, ás 20:00 horas, terá lugar unha conferencia de Miguel Anxo Seixas sobre Castelao á luz de Paz Andrade.

Non perdades estas actividades!
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 27-01-2012 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O novo libro do profesor do noso IES, X. M. Lobato, preséntase hoxe na biblioteca
Hoxe venres 27 de xaneiro celebrarase a presentación do libro Máxico tear natural do profesor deste instituto Xosé Manuel Lobato

Temos unha cita, toda a comunidade educativa, hoxe á tardiña, concretamente ás 19,45 h. Na biblioteca do IES o profesor de matemáticas, e escritor, X. M. Lobato presenta o seu novo libro Máxico tear natural.

A presentación correrá a cargo de Xosé Ricardo Losada e contará coa presenza do autor e profesor do centro. Este acto enmárcase no programa de mellora da biblioteca que se está a desenvolver no presente curso, integrándose ademais na actividade do club de lectura Ex-libris.

Animámosvos a todos e todas a asistir hoxe. Logo facemos os comentarios o luns…

Mikel (4º B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 27-01-2012 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Marineda City... complexo lingüístico

Cando Marineda City abriu as súas portas, foi un dos centros comerciais máis publicitados por ser un dos complexos comerciais máis grandes de Europa. A pesar de estar situado en Galiza os seus anuncios estaban e castelán e inglés pero ningún en galego o que orixinou que se dese a coñecer como o Maior centro lingüístico de Europa.
Algúns dos nosos compañeir@s de 3ºE.S.O deixron a súa opinión ao respetco.


Brais deixounos este comentario:
- A mensaxe publicitaria fai referencia á vergoña que hoxe en día senten as persoas por expresarse na nosa lingua, quedando esta reducida ao entorno rural e a ámbitos familiares.
O autor fai unha parodia,a través desta imaxe coñecida dun anuncio publicitario para chamar a atención.
Estou de acordo co pensamento do autor. Creo que deberíamos de falar todos galego, xa que estamos en Galiza, e non deberiamos acomplexarnos da nosa lingua xa que temos a sorte de ter unha lingua propia que outras comunidades non posúen e borrar dunha vez por todas a idea de pensar que es máis ou menos por falar unha lingua ou outra.

Abel de 3ºD dinos:
- A Marineda City, chámaselle o maior complexo lingüstico, porque cando fixeron a publicidade da apertura do novo centro comercial, colleron tres actrices/actores galegos para facer a publicidade en castelán. En galego non o entendia todo o mundo? E o complexo que teñen moitos/as galegos/as. Quen vai comprar a ese centro comercial, os de Madrid?

Eduardo de 3ºA coméntanos:
-É un complexo lingüístico porque é un cartel dun centro comercial da Coruña que debería estar en galego. Entendo que se ese cartel estivese en Asturias ou en Madrid estivese en castelán, pero en Galicia é moi vergonzoso que tamén estea en castelán.

Serxio Lamas e Clara Villanustre 3ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-01-2012 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Arredor dos prexuízos
As cousas non son tan simples como parecen coas simplificacións da lingua podemos cometer erros.
Un prexuízo é unha opinión inicial que non nos deixa ver as cousas tal e como son . Un prexuízo é moi difícil de superar, e isto pasa coa lingua galega.
O galego non é unha lingua bruta nin soa mal, o que pasa e que tendemos a aprobar o próximo e a desaprobar o afastado. Non hai linguas que soen ben nin linguas que soen mal , son só prexuízos . O único que hai son falantes que soen ben e falantes que non.

Falar galego non é un problema , é certo que se todos falásemos a mesma lingua nos entenderíamos pero tamén seriamos máis pobres en cultura.
Cando din que aprender galego é unha perda de tempo están errados, xa que aprender calquera cousa é de moita axuda, cantos máis coñecementos se teñan mellor.

Falar galego cando alguén non o fala pero si o entende non é de mala educación. É moi fácil que nos enganen, pero hai que informarse ben sobre as linguas e sobre todo: non ter prexuízos.

Nerea Lorenzo Rodríguez 4ºC
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 19-01-2012 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego