Eu, ¿ou non?
Son Chantadino mais que emigrou da sua terra na búsqueda dun futuro mellor.

Sobre min
 CATEGORÍAS
 Enlazos
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

O ser human urbanitamente asqueroso
Pode ser que non sexa deste planeta chamado Catalunya, pode ser que me este facendo vello, pode ser que me abandonara o desodorante ou mesmo que me dera demasiado o sol. Pero hoxe cando montei no tren para ir a casa despois do traballo (como todo-los dias de dios, amen) invadiume unha sensacion de relax, unha mestura de sono, cansancio e depresion pre-veran que me deixou totalmente atolondrado no meu asento.

Unha e outra vez sentia como o altofalante do tren decia unha e outra estacion e subia e baixaba xente do tren mentras o "tran-tran" do tren meciame no meu viaxe polas nuves da inopia (nooooon e unha drogaaaaa!)

De supeto, empezou a chegar a min un cheiro estrano, dulzon e mismamente familiar... Entre sonos e medio durmido o meu narizon comezcou a sintetizar ese olor tan carazteristico ata que deducin que aquelo que cheiraba asi era tabaco. Os meus ollos abrironse de supeto e tentei buscar o culpable de tal barbaridade, pois queridos lectores do mundo mundial, de todos e sabido que nos transportes publicos NON SE PODE FUMAR.

Facendo un pouco mais de maruxa estirei o pescozo por riba dos asentos e poiden ver unha recua de rapaces novos e un par de raparigas que rian e falaban no que parecia un concurso de ver quen a decia mais gorda. Pero non foi o anticivismo dos adolescentes pavoneandose e facendose o macho diante das nenas co pitillo na man... Non! Senon a cara da xente que estaba o caron deles. Uns tentaban ignoralos, como si non fora con eles... Quizais unha mestura de medo e pasotismo civil, outros armados de coraxe e con malos modos simplemente cambiaron de vagon e outros, os mais valentes refunfuñaban entre dentes...

Gustariame saber que pasa nesta sociedade, cando uns simples nenos pisotean os dereitos civicos do resto da xente, chegamos a tal cobardia de FUXIR dos atropelos? Siiiiiiii, e cousa dos paisss.. Siiiiiiiiii.... Xa... A escusa perfecta.

Doutra vez, fun testigo dende unha fiestra dun 3º piso de como unha muller caia o chan e ninguen se dignou a axudala a erguerse...

Quizais eu sexa que cos meus 32 tacos xa empezo a chochear, pero penso que a nosa idiotez vai incrementando a medida que pasan os anos e multiplicase por dous cada 1000 habitantes.

Donde esta o ser human que esta dentro de nos... ¿Vendo a tv coma zombis no sofa da nosa casa?, ¿comendo unha hamburguesa no Mac Donnals? ¿ou banagloriandonos de cantas posesions fisicas temos a medida que nos endeudamos mais ca VISA?

Como decia a cancion aquela, ¡ Parade o mundo que eu me vaixo!

* Pd.: Se algun ten a curiosidade, de que e o que fixen eu respecto os "pavos" do tren non ten mais que preguntarmo neste mesmo fio.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-06-2009 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Eleccions Europeas, cha…cha…cha!
O ser human, e un ser politico!!!

Afirmacion cada dia mais en decadencia vendo o pasotismo da xuventude, os politicos xa non saben que facer para chamar a atencios dos mais novos (+18) e mesmo falaron de disminuir a edade para votar... Sorprendente!

O outro dia escoitei na radio que o soldo dun politico en Europa ascende a 3000 euros o mes mais 3000 euros en despezas por material de oficina, outro tanto para pagar hotel (cando a maioria ten alugado un piso en Bruxelas), viaxes pagos en avion (First Class como non) ainda que non viaxen, etc... O mais gracioso e que vai uns dias saiu Alejo Vidal Cuadras (do PP) decindo que-lle parecia pouco-normal o soldo dos europarlamentarios JAJAJAJA... E o mais gracioso e que dentro duns dias poran ao mesmo nivel os soldos dos Eurodiputados, e decir que cobraran mais ainda cando o salario minimo en "Jespaña" e de 624 euros, e a cantidade de parados no noso pais supera os 4 millons.

Pero non estabamos falando de pouca participacion nas eleccions e o pasotismo da xuventude!!!!

Penso que deberian de facer unha reflexion seria sobre o tema, porque penso que nin regalando bocadillos nos colexios electorais o dia das votacions conseguirian aumentar a participacion.

E moi triste pero penso que son os propios politicos os que fan da nosa sociedade unha sociedade pasota con respecto a politica e cada dia mais asqueada con esa "outra raza" que son os politicos. Seres que viven o outro lado do espello, noutra dimension, na que ainda viven en pesetas e levan un halo de proteccion que parece que non-lles deixa vivir o mundo real. Si, cada dia mais lonxe do que din que representa, o povo!

Pactos, requete pactos, coalicions, peloteos, mocions de censura, corrupcions, censura ideoloxica... Señores, marchen para as suas casas se de verdade queren facer algo polo "seu povo" e que veña outra nova de xeneracion de politicos, na que o seu traballo non sexa a politica, senon unha vocacion.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-06-2009 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
25 de xullo
Hoxe e un dia especial e un tanto raro para min e ven seguro que para todo-los galegos (de ben) que por un motivo ou outro esta fora da sua terra. Na Galiza hoxe haberá xente para a que sexa un dia de ledicia, uns porque non traballan porque e festivo, outros porque e o dia da sua patria e ven seguro que outros moitos os que lles será indiferente este dia. Pero para nos, os emigrantes (ou exiliados como me gusta chamalo a min) e un dia de sentimentos confusos que se debaten entre a ledicia, a morriña e a dor. A ledicia dunha data que nos recorda que a nosa Terra esta viva dentro de nos, tanto que nos fai sentila no mais fondo do noso ser pese a vivir a centos de kilómetros dela. Pero digo confuso, confuso porque esta ledicia ven aderezada co sentimento de morriña, que nos recorda que pese a estar dentro de nos o espíritu da nosa Terra, nos non estamos nela. O que nos fai sentir continuamente uns apátridas sen un acougo espiritual, ese sentimento que para os que vivimos fora desa “paz” interior e moi característico e intenso nesta data. Para min esa morriña que e a que me fai chorar de ledicia cando vexo o verdor da miña Galiza, esa terra meiga e pura acariciada polo rio Miño que fai dela un contraste de de cores, hoxe cauce de bagoas dos emigrantes. Pero tamén esa morriña que cando volvo para a realidade do dia a dia, cando volvo a terra que me ten adoptado, faime chorar pola magoa de non saber cando voltarei a sentir esa paz que me viu crecer. A mesma paz que pode sentir un neno no berce arrolado pola sua nai durmido cunha nana, esa nana que e o vento e o frío das madrugadas que fai a un sentirse vivo. E hoxe dentro de min so sinto frío, e no meu corazón un son que di: Que din os rumorosos...
Comentarios (23) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-07-2007 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Barcelona ou Barce-liza
O pisar Barcelona calquer turista estranxeiro con cámara de fotos ou calquer ser human sen sandalias e calcetins brancos ata os xeonllos pódese decatar que e unha cidade mais coma outra calquera. Edificios altos, moito xentío e moreas de coches, entre eles uns amarelos e negros nos que habita un ser que vive ca man no pito “do coche” e que se te despistas faiche unha ruta turística pola cidade por uns módicos 50 euros.
Co tempo e paseando pola cidade un pódese decatar que dentro de este xentio convive unha cantidade enorme de xentes que chegaron a capital catalana ca ansia dun futuro mellor, como nos, os galegos. Agora toda esta xente esta a vivir o que os galegos sufrimos cando eramos nos os que marchabamos cunha maleta chea de esperanzas e catro pesos no peto.
O mais curioso faise-me o ver como esta xentiña convive entre ela e conserva dalgún xeito (a gran maioria) as suas tradicións e as suas formas de vida dentro dunha gran urbe... E o mais curioso e doloroso para min, e ver como a miña xente, os galegos que agora estan aquí en Barcelona, renegan da sua orixe. Se te dirixes a eles en galego, eles diríxense a ti en castelán. Viven a sua galeguidade como algo folclórico, convertindo a suas raíces nunha pandeirada de gaitas e pulpeiros.
Pola contra existe xente con gana de de mostrar o mundo a outra Galiza, a real... Cos seus problemas e as suas virtudes, toda a xente que compón REDE.CAT (entre outros...) que vivindo a centos de kilómetros da sua terra, seguen sendo o corpo e a alma da nosa Galiza neste recuncho do mundo chamado Catalunya.
Comentarios (21) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-07-2007 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Contos para non durmir
Hoxe mentres estaba no traballo, dándolle voltas o volante (como non!) escoitei na radio que a revista “El Jueves” foi censurada polo Xuíz Del Olmo e agora acabo de escoitar que tamén van pechar a sua paxina web. O certo que e ben forte o tema, a estas alturas de milenio que pasen estas cousas que parecen cousas que so saian na famosa serie “Cuentame”... A revista aparte de ser autenticamente satírica penso eu que di o que unha gran parte da poboación pensamos, ¿ou non?.
Eu a verdade que non me imaxino o fillo do rei manexando un chimpin ou co lombo dobrado collendo patacas, pode ser moi loable para alguns o seu “traballo” pero o que non acabo de entender porque eu (e todo quisqui) temos que pagarlle un soldo a esa familia por facer algo (non sei o que porque realmente non sei que carallo fan) cando a medio pais cústanos chegar a final de mes e vivimos cunha calculadora no peto.
No ano 2006 a tropa esta cobrou do estado “de nos” 8,05 millóns de euros, ¡¡¡manda chover na Habana!!! E digo eu, ¿realmente son necesarias estas persoas? ¿e lóxico vivir nunha democracia e que conviva con ela a monarquía? Estache ben o conto, mais ben e un conto para non durmir.
Comentarios (22) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-07-2007 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Un bo dia para comezar

Hoxe pola maña recibín unha chamada da miña muller avisándome de que o que tiña dentro do bandullo era un neno, aínda que non nos pillou de novo pois era o que esperabamos (¡non sei por que!)
O colgar o telefono, mentres conducía o camión perdinme nunha nube interior… Pensei, que magoa que o meu fillo (Breogan) non nacera na terra do seu pai. Morriñento de min, recordei nun intre todo o que foi a miña xuventude, recorrendo as carballeiras da miña Chantada querida, vendo pasar o tempo deitado na herba do rio, e aqueles frios amenceres no inverno de tellados brancos pola xiada… Esta e a nova xeración que ven detrás de min, a miña pequena marca no meu arbore xenealóxico.
Agora mesmo sinto unha ledicia moi grande polo cativo que esta a piques de chegar (en novembro) e medo porque non recoñezo os tempos nos que vivo nin o lugar no que me atopo. So espero que co tempo poida explicarlle o meu fillo que e o sentimento da morriña e porque esta morriña pola miña terra, Galiza… O fogar de Breogan.
Comentarios (25) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-07-2007 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal