O Berro Seco


Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños

Como homenaxe a Saturnino Cuíñas, crego comprometido coa nosa lingua e cos costumes do noso concello, bautizamos xa hai anos a nosa revista escolar co nome de Berro Seco. Agora volvemos aparecer neste formato de blogue para que poidades coñecer a través da rede todo o que facemos desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do cole.

O meu perfil
endlasrevoltas@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Son galeg@, e ti, non tes envexa? por Carolina Lema Collazo
A lingua galega. En principio son dúas palabras que non nos din demasiado. O primeiro que nos vén á cabeza é que é unha lingua que se fala en Galicia, e que provén do latín. Pero é moito máis ca eso.
Nun estudo realizado o pasado mes de xaneiro, os resultados foron que un 25%a da poboación galego, non é galego-falante, é dicir, que non fala galego no seu día a día. O outro 75% ten o galego como a súa lingua principal. Este 75% son os que manteñen a esencia de Galicia viva, son os que fan que Galicia destaque, por ter esa lingua que nos fai diferentes.
O galego non é só unha lingua máis. É a LINGUA. Unha lingua chea de historia. Unha lingua que tivo que loitar para poder estar onde está agora mesmo. A lingua na que falaban e escribían os máis grandes de Galicia. A lingua pola que Rosalía, Curros, Castelao, Pondal,…loitaron.
A nosa fala é moito máis ca unha fala. É unha cultura, unha forma de expresarse, unha lingua que non se fala, senón que se sente. Que che sae da alma. Pero que só sentimos de verdade, os que somos galegos, os que falamos o galego, os que levamos a palabra GALICIA tatuada no noso corazón.

En resumo, que o galego é unha fala única no mundo. Que non debemos perder por nada do mundo. E cando, por exemplo, na televisión imitan o noso acento galego, o que debemos dicir coa cabeza ben alta, é: “SI, SON GALEGO, E TI NON! TES ENVEXA?”

Carolina Lema Collazo (4º ESO)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2011 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
26 de setembro, Día europeo das linguas
Este ano 2011 celébrase o décimo aniversario da instauración do 26 de setembro como Día Europeo das Linguas. O Consello de Europa acordou institucionalizar esta celebración anual co obxectivo de promover a diversidade lingüística de Europa e fomentar o plurilingüismo entre os seus cidadáns.
Co gallo desta conmemoración, a Secretaría Xeral de Política Lingüística achega no seu web unha selección de materiais deseñados co ánimo de que a cidadanía poida festexar esta data achegándose, desde o galego, á diversidade lingüística europea.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-09-2011 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Un verán de lecer

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas, en colaboración cos SNL dos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Malpica de Bergantiños e Ponteceso, presenta a segunda edición da guía Un verán de lecer. Propostas de creacións culturais.

Trátase dunha selección de produtos literarios, musicais e audiovisuais en lingua galega, clasificados por idades, que ten como obxectivo difundir a oferta de produtos culturais existentes en galego entre os potenciais consumidores
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2011 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Contáxiate de galego!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-04-2011 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Non saímos do lixo
O portal de músicos en galego Komunikando.net lanza o primeiro capítulo da segunda tempada da serie "Non saimos do lixo", unha das creacións máis orixinais da Internet do país en 2010.

Con limitados medios e sen actores profesionais, o equipo de Komunikando.net logra un gran resultado, unha parodia chea de retranca baseada nos tópicos sobre o debate da normalización do galego, o 'mundillo' da cultura e a propia identidade dos habitantes deste estrano país:

NON SAÍMOS DO LIXO/2.0 cap. 7 "A lingua" from komunikando tv on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2011 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Gañadores de Concurso de SMS de amor
As persoas gañadoras do Concurso de SMS de amor son as seguintes:

1º premio: Laura García Devesa 30 euros de recarga telefónica.

A lgo
M arabilloso e
O bviamene
R ico en:

V alor,
E mocións,
R isas,
D iversión,
A legría,
D espreocupación,
E loxios,
I lusión,
R omance e
O ptimismo.


2º premio: Adrián Vázquez Vidal. 20 euros de recarga telefónica.

este día lémbrome de ti
da túa beleza, da túa fermosura
e sobre todo do teu cariño
non son capaz de olvidarte

tódolos días me lembro
daquel mes de febreiro
para min ese mes inolvidable
para ti sera só un recordo
para min é toda a miña vida

só me bastou 1 mes para namorarme
como 1 día bastou para destrozarme
no meu corazon tan todos eses momentos bonitos pero tamén estén eses momentos
tristes e en que me destrozaches,

non sei como describir ese amor que pasou entre nós os dous. só sei decir o amor que sentín por ti e os momentos tan bonitos que pasamos os dous xuntos,ninguén me fará sentir o que me fixeches sentir ti e se alguén é capaz esa es ti porque neste momento nunca vin tal beleza e nunca me expresaron tanto amor coma ti.
aínda que isto todo acabara sempre quedarán recordados eses momentos e eses recordos.
nunca me olvidarei porque sería imposible para min aínda que quixera non pensar en ti, faceríao, porque o fago cada segundo, minuto,hora,día...espero ese desexo de tódolos días e que un dia nos vexamos e poder dicirche todo isto, aínda que non sei se terei forzas intantareino,anque cando te vexa quedarei sen palabras,anque cando te vexa mirareite e nunca te olvidarei

porque aínda te sigo querendo
e non son capaz de olvidarte

3º premio: David Fariña Lema. 10 euros de recarga telefónica


Sabes que é o máis bonito dos meus ollos?
O reflexo dos teus.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-03-2011 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
21 de febreiro, Día da Lingua Materna
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-03-2011 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Concurso de SMS de amor
Para conmemorar o día de San Valentín, o próximo 14 de febreiro, desde o ENDL organizamos un concurso de SMS de amor.

Trátase de premiar a mellor mensaxe de amor a través do teléfono móbil escrita polos alumnos do noso centro. Non deberá exceder dos 350 caracteres (incluídos espazos en branco).
Todas as declaracións de amor deberán estar escritas en galego cunha temática amorosa, en prosa ou en verso. Terase en conta o grao de elaboración e a orixinalidade.
A organización do concurso poderá desbotar aquelas mensaxes de carácter discriminatorio ou ofensivo.
Teredes que enviar a mensaxe escribindo un comentario a esta noticia no blog. www.blogoteca.com/oberroseco
Haberá tres gañadores que recibirán como agasallo recargas telefónicas de 30€, 20€ e 10€, respectivamente, segundo resultaren 1º, 2º ou 3º gañador.As mensaxes publicaranse neste blog.
O prazo para recibir as mensaxes é o 18 de febreiro.

Comentarios (55) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-02-2011 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Témoslle lei, campaña de dinamización lingüística no ámbito xurídico
O Servizo de Normalización Lingüística da USC e a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito da universidade compostelá botaron a andar unha iniciativa para tentar incrementar a presenza da lingua galega na docencia universitaria nos estudos de Dereito.

Neste video podedes ver a opinión de varios profesionais do ámbito xurídico que exercen o seu labor en lingua galega.

Témoslle Lei- Os profesionais opinan from temosllelei on Vimeo.



Na ligazón que tedes máis abaixo, podedes ver todas as actividades previstas nesta campaña de dinamización lingüística, así como atopar unha compilación de lexislación editada en lingua galega.
Témoslle lei
Comentarios (0) - Categoría: Novas sobre lingua - Publicado o 23-11-2010 15:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Agustín Fernández Paz, exemplo de coherencia
O escritor Agustín Fernández Paz, un dos mellores representantes da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, acaba de rexeitar o Premio da Cultura Galega que o xurado lle concedeu pola súa traxectoria como escritor de recoñecido prestixio.

As razóns de rexeitar este galardón explícanolas nun comunicado de prensa que Prolingua fixo público o día 8 de outubro, onde se formula a súa proposta de rexeitar premios ou galardóns que viñeran dunha administración que considera que é lesiva co galego.



Comentarios (0) - Categoría: Novas sobre lingua - Publicado o 19-11-2010 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal