Eu xamais terei un blog



Por que dis que foi culpa miña???
xose.larvos@gmail.com
 POR CLASIFICAR DALGÚN XEITO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 MUSEO MENSUAL DOS HORRORES
 TORTURAS RECENTES

Non ten certa graza que....
... despois de tanto agoirar que "España se rompe", o que se estea a romper sexa precisamente o PP???
disques e seicas (3) - Categoría: Delirios blogueiros - Publicado o 13-05-2008 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
De mal en peor.

Quizais sexa que che son algo fetichista (pssss, por favor, non llo contedes a ninguén), pero o certo é que me atraen, sexualmente, as noivas cos seus vestidos brancos, as viúvas cos seus veos translucidos, os traxes de cortesana con todos eses voos, e, en xeral, tódolos recargados adornos florais dese pao. É algo que, confeso, se roza o puníbel: o último antroido fun convidado a unha festa na que unha garota ía disfrazada de SiSi Emperatriz (ou como carallo se escriba iso) e botei toda a noite ollándoa de esguello e levando de cando vez algunha que outra pancada por indiscreto. Pero non o podo evitar; nada máis mirar un deses atuendos a miña testa vese asaltada pola imaxe de tangas, medias de rede, braguiñas de encaixe e pubes cobizosamente abeirados baixo tan lucidas vestimentas. Que lle imos facer. Como di a canción de Siniestro Total: “Cada uno es como dios lo hizo, y otros somos aún peor”.

E, agora que vos puxen en antecedentes, supoño que podedes entender por que, ao ver a fotografía adxunta, sentín de súpeto como o esófago se me retorcía, o páncreas rubía polos pulmóns e se puña a facer puenting dende as amígdalas, o fígado me pedía a baixa por estrés laboral, mentres que sentía, ao mesmo tempo, gañas de rañar coa mesma man a testa e os nocellos.

Haberá aquí lugar a unha reclamación por danos e perxuízos???
disques e seicas (14) - Categoría: Delirios blogueiros - Publicado o 27-03-2008 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cousas que se escoitan por aí...

- E ti que? Acaso non che parece unha desghracia que volvese perder Rajoy?

- Tanto me ten. Eu non son nin do PSOE, nin do PP. Eu son do Real Madrid.

Diálogo verídico (xúroo) nunha tasca d'O Porriño.



Dicídeme, por favor, que non hai moitos así.
disques e seicas (8) - Categoría: Delirios blogueiros - Publicado o 14-03-2008 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Eses diálogos laborais.
- Y venga –díxome no seu impecábel castelán vigués-, ahora que ya vas empalmado, pasemos al siguiente proyecto, que ya debería, por cierto, estar entregado.

Silencio sepulcral na sala. Miradas de complicade cos compañeiros. Sorrisos contidos ao noso redor. Pensamentos de “tanto se me notará?” vagando pola miña testa.

- Espero –engadiu- que me hayas entendido bien en lo de…

- Perfectamente, Cristina. Os proxectos sempre teñen que estar listos para onte.


En fin, éche a miña nova xefa. O seu xeito de traballar resulta bastante estresante, pero a cambio dáche estas alegrías de cando en vez.

Será isto o que os psicólogos definen como “a erótica do poder”?
disques e seicas (8) - Categoría: Delirios blogueiros - Publicado o 07-03-2008 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Análises hilarantes... ou non?
Hoxe tiven que ir facer uns análises de sangue. Malia o sacrificio que implica ter que facer xaxún (ter que privarme do cafeciño e primeiro pito do día fai que dea unha preguiza horríbel saír do sobre), erguinme envolto nunha desas veas de xovialidade que, de cando en cando, me dan. Así entrei na consulta e, en canto me arremanguei e me deitei na camilla, preguntoume a enfermeira:

- Mareouse algunha vez nestas circunstancias?

- Non –respondín-. Pero supoño que nunca é tarde para comezar. Vostede, por se acaso, teña a ambulancia lista.

Olloume estrañada e, tras un segundo de dúbida, seguiu coa rolda de preguntas.

- Aconséllolle que, se sente aversión cara as agullas, non mire mentres preparo o material.

- De acordo. Aínda que, a verdade, téñolle máis aversión ao meu xefe e non me queda máis remedio que velo a diario.

Outra vez volveume a ollar estrañada. Tiña cara de reproche. Era como se me dixese cos ollos: “Hoxe toucoume un simpático, mira ti”.

- De feito, encántame as agullas –insistín, por se así derrubaba a súa seriedade-. Tirar sangue e facer empastes e endodoncias son algunhas das máis experiencias máis gratas da vida moderna.

Outra vez non lle fixo nin puñeteira graza. Olloume agora xa con cara de can e, sen máis, procedeu –supoño- segundo indica o regramento ditado pola autoridade competente.



Todo isto aconteceu esta mañá. E, dende entón, non podo deixar de facerme a mesma pregunta: a xente xa non ten humor, ou son eu que perdo calidades?
disques e seicas (10) - Categoría: Delirios blogueiros - Publicado o 24-01-2008 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Trastornos blogueiros.

Creo que acabo de descubrir, en min mesmo, unha nova doenza: o síndrome da desatención blogueira. Non estou ao tanto das novidades dunha materia tan ardua como a psicoloxía (con tódalas súas variantes, escolas, sindicatos e mesías), pero coido que a medicina moderna non a ten (de momento) catalogada.

O mal ao que me refiro, sendo breve, padecémolo (quizais fose mellor usar a primeira persoa do singular) aqueles que abrimos un blog e logo, por diferentes razóns, non o atendemos como é debido. Os desacougantes síntomas da doenza maniféstanse mediante unha serie de forúnculos na alma que che lembran decote o pouco caso que lle estás facer á bitácora, a de tempo que levas sen actualizar, a de oportunidades que deixas pasar en balde para escribir un interesantísimo artigo sobre a contaminación por uranio empobrecido nas patacas novas da comarca de Vigo. En fin, que o noso xeito de ter un blog é realmente especial. De feito, é o xeito máis parecido que hai a directamente non telo.

Pero, aínda así (e aquí esta o grave e o patolóxico) algo nos di que temos que perseverar na nosa potencialidade blogueira.

- Algún día –bérrome a min mesmo-, eu terei cousas que contar. O día menos pensado vou arrasar na rede e converterme nunha vedette dixital (con menos plumas, e moitas máis dioctrías). A deus poño por testemuña que nunca xamais volverei a sufrir o síndrome da desatención blogueira. Antes muerto que sencillo!!!

Así que, presto a pórlle solución ao tema, saio a rúa a, como dicían os novelistas do século XIX, “recabar impresións” e os ollos abertos como esquío da fotografía...

...pero nada: a min, a rúa, impresionar, o que se di impresionar, impresióname moitísimo. Pero sempre me deixa sen gañas nin humor nin folgos para escribir un post. Post que, aínda por riba, de cando en cando en vez de post rematan por ser antipost.

Non sei por qué, pero creo que me sinto dun xeito semellante a como se sentía a miña nai cando, de cativo, non lle quería a comida.

Ti pensas que isto terá remedio???
disques e seicas (14) - Categoría: Delirios blogueiros - Publicado o 19-12-2007 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Crónica doutro post que xamais escribirei.


Seica está a facerse un certame nas Filipinas co nome “Misses polo futuro da terra” e, en canto souben da noticia a través do xornal 20 minutos, dado que a miña inspiración decidiu largarse con outro para deixarme triste e esquecido, díxenme: “pero que carallada é esta!? Aquí teño un post estupendo: canta parvada se organiza no mundo!!!”.

A continuación, por aquilo de documentarme a fondo sobre o tema e lucir as miñas (inexistentes) dotes blogueiras, leo con detemento sobre o evento. Descubro así que, efectivamente, é o que me imaxinaba: un concurso de belezas sensibilizadas co medio ambiente (guapas e intelixentes, que se adoita dicir), e que, como poderá concluír calquera que teña dous dedos de fronte, non é máis que a enésima parvada camuflada de boas intencións.

E volvín a repetirmo: Aquí hai un post. Hai un post como unha casa. Un post digno de Saramago.

Acto seguido procedo a botarlle unha ollada ás galerías de fotografías que publica o xornal en cuestión...

Adeus.

Como exclamaba de pequeno para os meus adentros despois de armar algún estropicio por fervellar onde non debía: “eu por que non estaría quieto!?”.

Non hai post.

Cagueina.

Teño que confesalo: Efectivamente, agora teño menos gañas de que rebente o mundo.

PD: por que son tan débil, señor???
disques e seicas (10) - Categoría: Delirios blogueiros - Publicado o 12-11-2007 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Que conste...

Non se me ocorre nada, non acho tempo para actualizar. Pero quero que saibades cando menos unha cousa: EU NON SON O AUTOR INTELECTUAL DESTE BLOG.
disques e seicas (0) - Categoría: Delirios blogueiros - Publicado o 09-11-2007 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Agresión racista
Moito se leva falado ao redor da agresión racista que rexistraron as cámaras do metro de Barcelona, esas na que un típico malote de pacotilla (de estética, por certo, moi semellante ao capullo vigués de toda a vida) se ensañaba cunha rapaza polo gravoso e imperdoábel delicto de ser inmigrante. Sobre o acontecido penso que se dixo xa todo (e por triplicado ademais; desatouse toda unha orxía mediática ao redor dunha das seiscentas -600!- agresións racistas que hai, de media anual, en España). Só hai unha cousa que me chamou a atención no sentido de que non me parece aclarado debidamente. Tras pasar a disposición xudicial, o rapaz saíu libre con cargos e sen fianza; actuou no seu favor o atenuante que implica ter un longo historial de trastornos mentais. E aí é onde me gustaría dicir algo. A conto de vén tanta sorpresa? É iso algunha novidade relevante? Non sei vostedes, pero que un racista, en xeral, é unha persoa que non unha mente normal (coma pouco ten avariada a glándula que segrega as hormonas da humanidade) creo que é algo que se pode imaxinar calquera que teña dous dedos de fronte e algunha luz máis ca un deses buratos negros que tanto desasosegan aos astrónomos. E se nos metemos no caso específico do agresor racista, é dicir, ese fulano que é quen de levar a súa aversión cara as diferencias até o punto baterlle a un negro (ou xudeu, ou xitano...) só por pertencer a esa raza, acaso pensan os xuíces que van dar con alguén dese perfil que non teña unha anormal, enferma, desquiciada?
Como acontece sempre, cando se detecta que as leis vixentes non serven para facer xustiza, o normal é acometer a súa reforma inmediata. Nun caso coma este, penso eu, o agresor xamais debería quedar libre por moi trastornado que estea. Outra cousa é que os informes médicos determinen se resulta máis axeitado para el unha cadea ou un psiquiátrico. Aí nada ten un que alegar; que falen os médicos, que son os que saben. Pero ese carácter atenuante da mente “anormal” debería ser sometido a revisión canto antes. Hai acaso, violadores “normais”? Ou pederastas “normais”?
Sería para rir, de non ser que é, máis ben, para chorar.
disques e seicas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2007 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Un pequeno xogo.
Propóñovos un pequeno xogo que veño de recibir por e-mail:

1.Abrir: google
2.Escribir: "no encuentro la pagina de los cojones"
3.Non pulsar Enter, senón sobre a opción "Vou ter sorte"
4.Fixádevos ben no que di (OLLO, NON É O QUE PARECE A PRIMEIRA VISTA!!!)

Boísimo, non si?
disques e seicas (5) - Categoría: Delirios blogueiros - Publicado o 18-10-2007 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal