<language>ga</language> 
TOKYO
   <description><![CDATA[Tokyo, como todas as grandes cidades de Asia, ten dúas caras: a tradicional e a contemporánea.
Na parte tradicional podemos nomear a súa relixión: o sintoísmo. É a relixión propia do Xapón aínda que hoxe e superada en número de practicantes por unha forma de budismo. 
O sintoísmo adora aos Kami, unha especie de espíritus da natureza e tamén ós antepasados. Para entrar nos seus santuarios hai que pasar por unha especie de porta ou arco, o torii, case sempre pintado de vermello. 
O sintoísmo non pretende convertir, criticar nin entrar en conflito con outras relixións. (estraño non)<img src="http://i49.tinypic.com/28wl5pt.jpg" align=right vspace=5 hspace=5 border=0"  alt="Image and video hosting by TinyPic">
O sintoísmo e o budismo definen a relixiosidade do Xapón. Os xaponeses adoitan practicar os ritos de ambas tradiciones segundo a natureza da ocasión (preferen o sintoísmo para los rituais do nacimiento e do matrimonio, e o budismo para os ritos funerarios). Outros rasgos da faceta tradicional son: a súa gran cociña, o teatro, as pagodas, os xardíns...(foto: voda sintoista) 
A cara moderna  de Tokyo é case futurista. Os  anuncios de neón e pantallas xigantes, a arquitectura, o manga, o anime, os grandes músicos, a súa avanzada tecnoloxía, a libertade da xuventude para vestir como manga, anime ou modas aínda máis atrevidas (a xente maior de 30 anos non viste así). Todo isto pódese ver no barrio de Shibuya onde está o Scramble Kousaten como se fai chamar o cruce máis abarrotado do mundo.
O Grande Tokyo é a maior área urbana do planeta con 43 millóns de habitantes. (como toda España) 
Todos levamos postos os xerseis. Hai un presentimento en toda a tripulación de que nesta cidade vai pasar algo...]]></description>
O  último en calefacción e auga quente
   <description><![CDATA[	O venres día 5 fomos visitar un comercio que está frente ó colexio. Venden caldeiras que usan pellets de biomasa como enerxía para sistemas de calefacción e auga quente nos fogares.
Daniel, que así se chama o dependiente, explicounos como funciona unha caldeira dese tipo e puxo unha a funcionar. Despois de responder ás diversas preguntas, amosounos un pilón con pellets indicando como é o proceso da súa fabricación. Fomos acompañados de Soraya a profesora sustituta do profesor Xermán. Cando chegamos de novo a clase fixemos unha valoración (pro e contras) dos distintos sistemas de calefacción que existen hoxe. ]]></description>
De Hong Kong a Tokyo (II): Sanghai
   <description><![CDATA[	Tres días despois do tifón, e aínda non recuperados do medo, entramos na fermosa e enorme badía de Sanghai pola súa parte sur. Penetramos 40 millas entre unha mesta néboa. Todo eran toques de campás e sereas. Nós tamén tocamos a nosa campá para ser localizados. Isra tíñanos preparada una boa sorpresa. Tras os últimos refachos de néboa, todos nos colocamos entre as amuras e a proa do Diamantino, menos el, que estaba no timón. Abrimos a boca con pasmo e admiración: 36 km. de ponte sobre o mar. A ponte da badía de Hangzhou. Non viamos as puntas da ponte por causa da néboa o que a facía máis enorme. Isra díxonos que se rematara de construír para o ano das olimpiadas de Beijin, no 2008.
Sanghai, situada na desembocadura do río Yangtsé, é hoxe, o porto máis grande do mundo  e a cidade máis poboada da China. Atracamos e baixamos a terra para ver o museo adicado a Vela. Vimos cousas máis ou menos normais como champáns, xuncos e outras embarcación tradicionais da China pero o que paga a pena é un cadro do que falaremos noutra ocasión (xa o escribiremos).
Aprovisionámonos e en dúas horas estabamos listos para saír pero...Despois da furia do tifón e de saber por experiencia o enorme poder das forzas da natureza, Isra fixo revisar polo miúdo cada parte das velas, cada mastro, cada cabo, todo elemento do Diamantino que poidera estar danado. Levounos un día enteiro.
Zarpamos pola parte norte da badía. Sanghai está ó noso babor. Enfrente, a proa, de novo otra enorme ponte: a ponte Donghai (32 km). Pasamos por baixo na súa parte central. China é moi grande, e semella que fan as súas pontes en relación co seu tamaño. <img src="http://i47.tinypic.com/9qk8ao.jpg" align=right vspace=5 hspace=5 border=0" alt="Image and video hosting by TinyPic">
Navegamos sen máis incidentes as 1.200 millas que nos separaban de Tokyo, facendo escala en Nagasaki (Xapón), cidade de triste lembranza atómica.
Entramos na badía de Tokyo, emproamos o río Arakawa e despois de pasar casi rozando por unha ponte e transitar por unha canle chegamos ó porto de Yumenoshima, o pé dun xardín botánico tropical con cúpulas de vidro. Fermoso.]]></description>
Algo imprescindible: os nós mariñeiros
   <description><![CDATA[Como base da preparación para mariñeiros e tripulantes do Diamantino a Pablo ocorréuselle que deberiamos perfeccionar a nosa capacidade de facer nós. Precísanse nós para calquera cousa nun barco de vela, así que chamamos ó pai de Carmen para que nos explicara os catro nós que sexan doados de aprender e moi usados na navegación. Amablemente, o  xoves 25 de febreiro, Angel, o pai de Carmen,  aprendeunos: o llano, o de pescador, o ballestrinque e o de escota.
Aquí tendes estes enlaces a vídeos de Youtube para refrescar o aprendido.
LLANO 
PESCADOR
BALLESTRINQUE  
 ESCOTA
De Hong Kong a Tokyo (I)
O novo capitán Isra, ordeou a saída pola parte sur e logo rodear a illa . De novo costeamos China. A costa é moi recortada, bo abrigo para piratas e contrabandistas e co a illa de Taiwan (Formosa) en frente. Tamén bo escenario para historias e aventuras.
Ó día seguinte Isra consultou os barómetros e os <img src="http://i47.tinypic.com/1675ppf.jpg" align=right vspace=5 hspace=5 border=0"  alt="Image and video hosting by TinyPic">partes meteorolóxicos e sen inmutarse e coa frialdade de Phileas Fogg anúnciounos que iamos dereitiños cara a un tifón. Non coñeciamos este rasgo do carácter do noso capitán. O caso é que non nos dá tempo de chegar a un porto. Cunde o nerviosismo e mesmo o temor. Pablo atopa unha nova nota:
"Ante a inminencia do tifón amarrade ben todos os obxectos que quedan en cuberta, todos. Arriade todas as velas e que os tripulantes que queden en cuberta para maniobrar se aten. Os ventos poden ser de 70 nós e as ondas de máis de 6 metros. Ides sufrir. Bulide! Non hai tempo que perder! " 
A furia do tifón fíxose sentir toda a noite. Nos camarotes estaban 11 tripulantes, todos xuntos e atados. Na cuberta maniobrando: Isra, Pablo, Paula, Moncho e Xermán. Foi unha noite que nunca olvidaremos. En moitas ocasión as ondas varreron a cuberta de proa a popa con desatada violencia. Noutra ocasión o Diamantino despois de estar no alto dunha onda cravou o bauprés no fondo de outra e estivo a piques de non saír. Durante esa noite, todo eran golpes de mar, escuridade profunda, vento irresistible e berros... O Diamantino resistiu. Nós, salvámonos.
Debate: As viúvas na India
   <description><![CDATA[	O día 22 do mes pasado tivo lugar un debate, dos que fan época, na clase de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos. Aproveitando que na viaxe arredor do mundo estabamos pola India, debatimos sobre as situación das viúvas nese grande país. Interviron todos os rapaces e rapazas da clase pero protagonizaron Alba e Pablo.
Alba defendía, máis ou menos con estas palabras, que das tres alternativas que teñen as viúvas (ser queimada co seu esposo, casar co cuñado maís xoven ou despois de rapar a cabeza, ingresar nunha casa de viuvas) ningunha é xusta, que no século XXI non debería existir tal cousa e que se nós fomos quen de cambiar, eles tamén poden.
Pablo dicía que levan máis de 2.000 anos con eses costumes e non poden cambiar así como si tal cousa e menos se llo dicimos desde fóra.
Estivemos debatindo toda a sesión e un pouco máis despois do recreo. 
Na foto, un fotograma da película "Agua" que trata deste tema.
Agora na clase de cidadanía estamos a ver a película de Ghandi.
Hong Kong: contrastes
   <description><![CDATA[Hong Kong é a segunda cidade do mundo  en número de reñaceos despois de New York. Estes non podían ser moi altos debido a cercanía do antigo aeroporto da cidade. O novo aeroporto, construído polo arquitecto Norman Foster, está máis lonxe do centro, Agora os rañaceos constrúense máis altos e compiten en formas e estruturas. 
Fancisco alertounos dunhas pegadas sospeitosas na cuberta, e todos pensamos o mesmo: por aquí anda o polisón. Atopamos unha nova nota manuscrita no mesmo sitio e sen asinar, que touxo de novo inquietude á tripulación:
-"Tende conta cos champáns do porto. Uns son pescadores outros adícanse ó pequeno comercio pero hai outros que son impostores e semellan o que non son. Poñede alguén de vixiancia na cofa, todo o día e toda a noite, cun teléfono móbil na man." 
Inmediatamente Remigio ordenou unha quenda de vixiancia na cofa como fixera Francisco.
As preguntas que nos facemos son: É o polisón que nos avisa? Se é o polisón, sen dúbida, que nos está axudando. A que actividades se adican eses impostores?
Estabamos celebrando nun deses restaurantes flotantes que tanto abondan en Hong Kong o cumpreanos de Paula, cando soou o teléfono móbil do capitán. Chamaba Sergio desde a cofa do Diamantino. Remigio descolgou e no mesmo momento cortouse a comunicación. 
-Chama Sergio! - berrou.
Os clientes do restaurante Jumbo quedaron abraiados cando viron erguerse o mesmo tempo a quince comensais correndo cara a porta do restaurante e invadir un pequeno barco para chegar o Diamantino que estaba amarrado a case un kilómetro do restaurante.
Falsa alarma. Uns borrachos ó ver a Sergio, alí soíño na cofa, burláronse del e o teléfono quedara sen batería. 
Son famosos en Hong Kong seus mercados: de flores, nocturno, de xade... As súas abarrotadas rúas. Seus templos, onde se practica o budismo o confucianismo e o taoísmo... As películas de artes marciais (Bruce Lee)... Seus espectáculos de luces (toda a illa participa)... e a estatua máis grande de Buda. ]]></description>
De Mumbai a Hong Kong
Esta é a singradura máis longa ata o momento, 4.000 millas náuticas. Remigio que é o novo capitán vai facer tres escadas de aprovisionamento en: Cabo Comorin (India)  a cidade de Malaka (Malaísia) e Nha Trang (Vietnam) . Estamos algo recuperados do que vimos en Mumbai. Costeamos.
Aprovisionamos en Kanyakumary (cabo Comorin) punta sur da India. Cando regresamos de dar unha volta pola cidade atopamos atado na rede do bauprés unha nota sen sinatura que dicía:
"Non circunnavegar Sri Lanka. Espéranvos os piratas. Atravesade pola ponte de Rama , que son uns baixíos entre a India e a mentada illa con abundancia de arrecifes. Barcos grandes non pasan, pero o Diamantino ten pouco calado. Coidado cos ventos adversos. Isto non é unha broma" 
¿Quen escribiu esta nota? Está en galego. Non será...  O que está claro e que quere axudarnos.
Remigio non dubida,  afouto (polos arrecifes) e prudente (polos piratas) faille caso á nota.
Pasamos pola ponte de Adán que tamén lle chaman a estes baixíos. Durante esta travesía, Remigio, pilotou persoalmente o Diamantino. Inmediatamente despois avistamos na costa da India, en Point Calimere un antigo faro destrozado polo tsunami do 2004. Desde aí tomamos rumbo leste - surleste ata o estreito de Malaka camiño de Singapur. 
Mantemos o rumbo durante 1.065 millas. Sen avistar terra. Unha eternidade. 
Primeira calma chicha. Agardamos polo vento once horas. Polas noites vemos a estrela polar moi achegada ó horizonte, estamos moi cerca do ecuador. A piques de pasar por Singapur vemos moitos petroleiros e mercantes. Máis que no canal de Suez. Van e veñen de China, Xapon e Corea. A illa de Singapur ten  o porto máis grande do sur asiático. Son varios kilómetros de peiraos. Logo viramos rumbo noreste ata Nha Trang en Vietnam.<img src="http://i49.tinypic.com/2w556s5.jpg" align=right vspace=5 hspace=5 border=0" alt="Image and video hosting by TinyPic"> 
Estamos entre Malaísia e Borneo no territorio do lendario pirata Sandokan.:
"Empuxadas por un vento irresistible, corrían polo ceo negras masas de nubes que de cando en cando deixaban caer furiosos chuvieiros, e o bramido das ondas confundíase co ensordecedor ruído dos tronos." Así comeza a novela de Emilio Salgari.
En Nha Trang (Vietnam) Remigio comprou moito arroz. Aquí é barato e abundante. Chegamos a badía de Hong kong sen incidentes. Atracamos no porto de Aberdeen ó sur da illa (foto). Rodeados de rañaceos e ó lado mesmo de seis champáns.
MUMBAI
   <description><![CDATA[O cuarto dia de Mumbai afastámonos dos lugares turísticos e vimos... vimos: 
a pobreza extrema, a miseria.
Si, topámonos cos miserables... miles. 
Destrozounos o día e a conciéncia de seres humanos. Despois deste encontro non seremos os mesmos. Marchamos todos para o barco. O silencio encheu o Diamantino. Alguén chorou.
Se "UNHA GUERRA É SEMPRE O FRACASO DA HUMANIDADE", QUE É ESTA MISERIA PERMANENTE?
 Con esa imaxe na cabeza non se pode seguir escribindo... 
Bombai: As portas da India
   <description><![CDATA[Chegamos as 10 da mañá hora local e atracamos en Sassoon Docks, principal porto pesqueiro, no famoso barrio de Colaba. Desembarcamos e Alexis fíxonos parar no animado mercado de peixe. 
Para un europeo da épocas pasadas Mumbai era a primeira cidade de India á que arribaba o seu barco. Fomos cara a un peirao onde hai un edificio de estilo inglés que se chama as Portas da India. detras está o impoñente Hotel Taj Mahal, todo nese mesmo barrio de Colaba
Alexis, díxonos que aquí en Mumbai viviu Gandhi, lider da indenpendencia da India e inventor da resistencia pasiva e non violenta. 
Os habitantes da India practican varias relixións. A máis numerosa e o hinduísmo. Adoran a unha trinidade de deuses: Brahma, Visnhú e Shivá. O budismo tamén é outra relixión orixinaria da India e baséase nas ensinanzas de Buda. Aquí aos templos chámanlle pagodas.
No terceiro día da nosa estadía, collemos un ferri nos peiraos das Portas da India e fomos ver unha illa que queda no medio da badía: Elefanta. Hai unhas covas, con columnas talladas, que no seu tempo foron templos adicados ó deus Shivá. Son tan fermosas que están declaradas Patrimonio da Humanidade. Cando estabamos alí escoitamos risas que se converteron en gargalladas, alá no fondo. Semellaban dun neno de 11 anos. De novo inquietude
Bollywood (palabra formada por Bombai e Hollywood) é o maior productor de películas do mundo cun promedio de 900 películas cada ano.
Gústanos Mumbai, como os seus habitantes a chaman.
É unha grande mistura de todo.