Foto: Dani Ordoyo
Bitácora dos alumnos e alumnas de 5º e 6º do CEIP Parada-Campañó
Non esquezas poñer o teu nome nos comentarios.
|
|

|
| Somos estes/as |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| 2.500 anos |
|
 Estes días de marzo andamos coa Historia Antiga a voltas. Este edificio está na Acrópole de Atenas.
Sabes de que se trata e como se chamaban os seus arquitectos. Mira a nova galería de fotos CO SEU NOME e logo deixa aquí os teus comentarios sobre esta fermosa fotografía de KAY NIETFELD.
Se queres ver máis fotos do Partenón consulta na sección de FOTOS E VÍDEOS. |
|
|
|
|
| Saída de 6º a Castrolandín (Cuntis) |
|
O martes día 1 de abril, os alumnos e alumnas de 6º irán ver o castro de Castrolandín no concello pontevedrés de Cuntis.
A cultura castrexa
Trátase dunha cultura protohistórica do noroeste da Península Ibérica que vai desde finais da Idade de Bronce (século IX ou VIII a.C.) até o século I d.C. A súa característica máis notable son os poboados amurallados, coñecidos como castros (do latín castrum, campamento), dos que toma o nome.
A economía castrexa tiña unha base agrícola e gandeira-pastoril; tamén se practicaban a
caza, a pesca, o marisqueo e a recollida de froitos. Existían a minaría (ouro, estaño,
cobre, chumbo e ferro), a metalurxia e a cerámica. A ourivería ten raíces na Idade do
Bronce e foi recibindo influencias centroeuropeas e mediterráneas. As alfaias máis
características son os torques, as braceiras, e as arracadas. A escultura deuse máis ben
na parte sur do territorio.
|
|
|
|
|
| MANUEL ELKIN PATARROYO |
|
 Nacido en novembro de 1946 en Ataco (Tolima, Colombia), Manuel Elkin Patarroyo Murillo é o autor da primeira vacina sintética creada no mundo para a prevención da malaria e recoñecida pola Organización Mundial da Saúde (OMS), organismo ao que cedeu a patente.
Esta vacina foi xa probada con éxito en máis de 40.000 persoas en áreas que sofren esta enfermidade como epidemia (Colombia, Venezuela, Ecuador, Brasil e, máis recentemente, en diversos países africanos).
A malaria é unha enfermidade tropical que provoca a morte anual de entre 3 e 5 millóns de persoas, ocasionando entre 300 e 500 millóns de casos clínicos no mundo. A vacina de Patarroyo actúa contra unha das formas máis virulentas desta enfermidade (cientificamente denominada a SPf66), e mostrouse eficaz entre un 40 e un 66 por cento dos adultos e no 77 por cento dos menores de cinco anos, sen provocar efectos secundarios. No estado actual da investigación esta vacina pode evitar a morte de aproximadamente un millón de persoas ao ano.  A pesar das ofertas para traballar en centros de investigación do resto do mundo, ou vender a patente dos seus descubrimentos a grandes empresas farmacéuticas, decidiu establecerse no seu país, Colombia, traballando cun pequeno equipo interdisciplinar e con moi poucos medios ata chegar a articular un gran grupo de investigación.
Ademais, o doutor Patarroyo foi durante os últimos vinte anos un destacado investigador doutras enfermidades e da posibilidade de obter novas vacinas sintéticas (algo que a Ciencia non esperaba conseguir ata o ano 2025).
Manuel K. Patarroyo constitúe un exemplo de científico comprometido coa humanidade, doando a patente dos seus descubrimentos a Organización Mundial da Saúde (ONU). Sigue así os pasos doutro gran investigador, Alexander Fleming, descubridor da penicilina.
A formación de científicos de alto nivel, é outro dos aportes de Manuel E. Patarroyo.
Para máis datos en:
Fundación Príncipe de Asturias
Universidade Nacional de Colombia
|
|
|
|
|
| Seguimos co Universo: ORIÓN |
|
 Se estes días de marzo miramos cara o sur sobre as 21 horas, veremos nidiamente as estrelas da constelación de Orión.

No centro o seu famoso cinto formado polas tres estrelas máis famosas do firmamento, colocadas en liña recta. Debaixo, outras tres, menos luminosas, que debuxan a espada. Cara o oeste o brazo esquerdo coa pel dun león. Cara a outra banda o brazo dereito levantando a maza dos heroes gregos e defendéndose de Tauro.
Nesta segunda imaxe vese perfectamente a estrela Betelgeuse que é unha estrela xigante vermella, e unha das 10 maiores estrelas coñecidas, sendo de grande interese para a astronomía. A súa cor vermella pódese apreciar con prismáticos. Sen embargo a máis brillante da constelación é Rigel.
As imaxes estan tiradas do programa Stellarium (licencia GNU)
Para saber moito máis Galipedia.
|
|
|
|
|
|
|