Blog escolar
Foto: Moncho Hermida

Bitácora dos alumnos e alumnas de 5º e 6º do CEIP Parada-Campañó

Non esquezas poñer o teu nome nos comentarios.

Somos estes/as
 ESCRIBIMOS SOBRE...
 FOTOS E VÍDEOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 Buscar BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un día histórico
Un día calquera, pode acontecer por primeira vez, algo nalgures. Se o consideramos importante dicimos:

-É un día histórico!

Pois ben, onte foi un día histórico no colexio de Campañó. Os de Infantil comezaron a cultivar plantas na parte de atrás do cole. Ademais usaron por primeira vez o compost do noso composteiro Ramiro. O que diciamos:

UN DÍA HISTÓRICO
Comentarios (1) - Categoría: Aula - Publicado o 18-03-2010 08:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
TOKYO: Como...!

Carmen foi con tres acompañantes a mercar un equipo que vai utilizar cando sexa capitana e que por agora é unha sorpresa. Regresaron pola tarde coa compra para gardala no Diamantino pero... o Diamantino non estaba en Yumenoshima. Chamaron ó outro grupo que neses momentos estaba de visita na pagoda Meiji para preguntarlle:
-Onde estaba o Diamantino ?
-Como...! - respondeu Isra.
-Onde está o Diamantino?- Volveu preguntar Carme.
-Onde vai estar? Nos peiraos de Yumenoshima.
-Aquí non está.
Preguntamos nas instalacións do porto e dixéronos que o Diamantino zarpara a motor había polo menos cinco horas. Quedamos desconsolados. Era tempo dabondo para saír da badía de Tokyo e navegar por mar aberto, mais, cara a onde?
Cando chegou Isra intentou tranquilizarnos a todos:
- A ver. Non pode ser un roubo, as medidas de seguridade impedirían tal cousa. Tivo que ser alguén coñecido, desde dentro. Seguramente o polisón.
Nese momento un dos camareiros do bar deulle unha nota a Isra: "Apetecíame dar unha volta no Diamantino pola badía de Tokyo. No momento de estardes lendo esta nota, o Diamantino estará ancorado cerca da ponte do río Arakawa. Roberto."
Saímos todos correndo cara a ponte, e alí estaba o Diamantino ancorado, Todos suspiramos. Pero, quen era ese Roberto que asinaba a nota. Sería o polisón? Como nos gasta esta trasnada agora, se otras veces a súa axuda nos foi imprescindible?
Comentarios (0) - Categoría: Proxecto "AS CIDADES" - Publicado o 15-03-2010 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
TOKYO
Image and video hosting by TinyPicTokyo, como todas as grandes cidades de Asia, ten dúas caras: a tradicional e a contemporánea.

Na parte tradicional podemos nomear a súa relixión: o sintoísmo. É a relixión propia do Xapón aínda que hoxe e superada en número de practicantes por unha forma de budismo.
O sintoísmo adora aos Kami, unha especie de espíritus da natureza e tamén ós antepasados. Para entrar nos seus santuarios hai que pasar por unha especie de porta ou arco, o torii, case sempre pintado de vermello.
O sintoísmo non pretende convertir, criticar nin entrar en conflito con outras relixións. (estraño non)Image and video hosting by TinyPic
O sintoísmo e o budismo definen a relixiosidade do Xapón. Os xaponeses adoitan practicar os ritos de ambas tradiciones segundo a natureza da ocasión (preferen o sintoísmo para los rituais do nacimiento e do matrimonio, e o budismo para os ritos funerarios). Outros rasgos da faceta tradicional son: a súa gran cociña, o teatro, as pagodas, os xardíns...(foto: voda sintoista)

A cara moderna de Tokyo é case futurista. Os anuncios de neón e pantallas xigantes, a arquitectura, o manga, o anime, os grandes músicos, a súa avanzada tecnoloxía, a libertade da xuventude para vestir como manga, anime ou modas aínda máis atrevidas (a xente maior de 30 anos non viste así). Todo isto pódese ver no barrio de Shibuya onde está o Scramble Kousaten como se fai chamar o cruce máis abarrotado do mundo.
O Grande Tokyo é a maior área urbana do planeta con 43 millóns de habitantes. (como toda España)

Todos levamos postos os xerseis. Hai un presentimento en toda a tripulación de que nesta cidade vai pasar algo...
Comentarios (0) - Categoría: Proxecto "AS CIDADES" - Publicado o 08-03-2010 01:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O último en calefacción e auga quente
Hoxe, día 5 de marzo de 2010, fomos de excursión a unha tenda, moi preto do cole, que se chama Ökofen.
Alí Daniel ensinounos a diferenza entre unha caldeira que se alimenta con gasóleo, e unha caldeira que se alimenta con pellets. Os pellets, son unha especie de espaguetis de madeira. Bueno, de madeira non, se non de ramas e follas de árbores, que se utilizan para facer os pellets, en vez de deixar que se pudran.
A diferenza é que o gasóleo é máis caro, e cantamina máis. En cambio os pellets costan a cuarta parte, e case non contaminan. Pero tamén hai un inconveniente, instalar unha caldeira de pellets, custa máis caro que instalar unha de gasóleo. Pero ao final, acaba sendo máis barato o combustible da de pellets.
A diferenza dunha caldeira de gasóleo, que teñen 2 compartimentos, esta, a de pellets, ten 3. O 1º é para almacenar os pellets, que se poden meter a man ou cunha especie de mangueira. O 2º era para calentar e levar auga quente a casa. O 3º era unha a caldeira, onde se queman os pellets. Tamén ten un cubo do lixo para as cinzas.
Logo de que nos dixera todo aquilo, e que lle fixeramos algunhas preguntas, moitas delas relacionadas co seu custo, e o custo do seu conbustible, ensinounos unha bañeira de metal, por así decilo, que estaba cheiña de pellets. Coas indicacións do profe Moncho, que dicía.
-Pódense tocar pero non tirar por fora.
-Xa- diciamos nós.
Todos empezampos a coller pellets, e a deixar que caeran sobre o metal, facendo que sonaran cuns, plof, plof, plos! Ao final o profe Moncho tirounos algunhas fotos, e creo que o señor tamén, xa que levava o mobil aberto e apuntando hacia nós, uin mobil con cámara, claro está.
Volvemos ao colexio como fomos, andando, en compañía da sustituta de inglés, Soraya, que antes non mencionei.
Sofía 6º
Comentarios (4) - Categoría: Historia dos inventos - Publicado o 08-03-2010 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
De Hong Kong a Tokyo (II): Sanghai

Tres días despois do tifón, e aínda non recuperados do medo, entramos na fermosa e enorme badía de Sanghai pola súa parte sur. Penetramos 40 millas entre unha mesta néboa. Todo eran toques de campás e sereas. Nós tamén tocamos a nosa campá para ser localizados. Isra tíñanos preparada una boa sorpresa. Tras os últimos refachos de néboa, todos nos colocamos entre as amuras e a proa do Diamantino, menos el, que estaba no timón. Abrimos a boca con pasmo e admiración: 36 km. de ponte sobre o mar. A ponte da badía de Hangzhou. Non viamos as puntas da ponte por causa da néboa o que a facía máis enorme. Isra díxonos que se rematara de construír para o ano das olimpiadas de Beijin, no 2008.

Sanghai, situada na desembocadura do río Yangtsé, é hoxe, o porto máis grande do mundo e a cidade máis poboada da China. Atracamos e baixamos a terra para ver o museo adicado a Vela. Vimos cousas máis ou menos normais como champáns, xuncos e outras embarcación tradicionais da China pero o que paga a pena é un cadro do que falaremos noutra ocasión (xa o escribiremos).

Aprovisionámonos e en dúas horas estabamos listos para saír pero...Despois da furia do tifón e de saber por experiencia o enorme poder das forzas da natureza, Isra fixo revisar polo miúdo cada parte das velas, cada mastro, cada cabo, todo elemento do Diamantino que poidera estar danado. Levounos un día enteiro.

Zarpamos pola parte norte da badía. Sanghai está ó noso babor. Enfrente, a proa, de novo otra enorme ponte: a ponte Donghai (32 km). Pasamos por baixo na súa parte central. China é moi grande, e semella que fan as súas pontes en relación co seu tamaño. Image and video hosting by TinyPic

Navegamos sen máis incidentes as 1.200 millas que nos separaban de Tokyo, facendo escala en Nagasaki (Xapón), cidade de triste lembranza atómica.

Entramos na badía de Tokyo, emproamos o río Arakawa e despois de pasar casi rozando por unha ponte e transitar por unha canle chegamos ó porto de Yumenoshima, o pé dun xardín botánico tropical con cúpulas de vidro. Fermoso.
Comentarios (4) - Categoría: Proxecto "AS CIDADES" - Publicado o 04-03-2010 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Algo imprescindible: os nós mariñeiros

Como base da preparación para mariñeiros e tripulantes do Diamantino a Pablo ocorréuselle que deberiamos perfeccionar a nosa capacidade de facer nós. Precísanse nós para calquera cousa nun barco de vela, así que chamamos ó pai de Carmen para que nos explicara os catro nós que sexan doados de aprender e moi usados na navegación. Amablemente, o xoves 25 de febreiro, Angel, o pai de Carmen, aprendeunos: o llano, o de pescador, o ballestrinque e o de escota.

Aquí tendes estes enlaces a vídeos de Youtube para refrescar o aprendido.

Comentarios (4) - Categoría: Aula - Publicado o 03-03-2010 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
De Hong Kong a Tokyo (I)
Image and video hosting by TinyPic
O novo capitán Isra, ordeou a saída pola parte sur e logo rodear a illa . De novo costeamos China. A costa é moi recortada, bo abrigo para piratas e contrabandistas e co a illa de Taiwan (Formosa) en frente. Tamén bo escenario para historias e aventuras.
Ó día seguinte Isra consultou os barómetros e os Image and video hosting by TinyPicpartes meteorolóxicos e sen inmutarse e coa frialdade de Phileas Fogg anúnciounos que iamos dereitiños cara a un tifón. Non coñeciamos este rasgo do carácter do noso capitán. O caso é que non nos dá tempo de chegar a un porto. Cunde o nerviosismo e mesmo o temor. Pablo atopa unha nova nota:
"Ante a inminencia do tifón amarrade ben todos os obxectos que quedan en cuberta, todos. Arriade todas as velas e que os tripulantes que queden en cuberta para maniobrar se aten. Os ventos poden ser de 70 nós e as ondas de máis de 6 metros. Ides sufrir. Bulide! Non hai tempo que perder! "
A furia do tifón fíxose sentir toda a noite. Nos camarotes estaban 11 tripulantes, todos xuntos e atados. Na cuberta maniobrando: Isra, Pablo, Paula, Moncho e Xermán. Foi unha noite que nunca olvidaremos. En moitas ocasión as ondas varreron a cuberta de proa a popa con desatada violencia. Noutra ocasión o Diamantino despois de estar no alto dunha onda cravou o bauprés no fondo de outra e estivo a piques de non saír. Durante esa noite, todo eran golpes de mar, escuridade profunda, vento irresistible e berros... O Diamantino resistiu. Nós, salvámonos.
Comentarios (2) - Categoría: Proxecto "AS CIDADES" - Publicado o 03-03-2010 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Debate: As viúvas na India

O día 22 do mes pasado tivo lugar un debate, dos que fan época, na clase de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos. Aproveitando que na viaxe arredor do mundo estabamos pola India, debatimos sobre as situación das viúvas nese grande país. Interviron todos os rapaces e rapazas da clase pero protagonizaron Alba e Pablo.
Alba defendía, máis ou menos con estas palabras, que das tres alternativas que teñen as viúvas (ser queimada co seu esposo, casar co cuñado maís xoven ou despois de rapar a cabeza, ingresar nunha casa de viuvas) ningunha é xusta, que no século XXI non debería existir tal cousa e que se nós fomos quen de cambiar, eles tamén poden.
Pablo dicía que levan máis de 2.000 anos con eses costumes e non poden cambiar así como si tal cousa e menos se llo dicimos desde fóra.
Estivemos debatindo toda a sesión e un pouco máis despois do recreo.
Na foto, un fotograma da película "Agua" que trata deste tema.
Agora na clase de cidadanía estamos a ver a película de Ghandi.
Comentarios (2) - Categoría: Debates - Publicado o 02-03-2010 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Hong Kong: contrastes

Hong Kong é a segunda cidade do mundo en número de reñaceos despois de New York. Estes non podían ser moi altos debido a cercanía do antigo aeroporto da cidade. O novo aeroporto, construído polo arquitecto Norman Foster, está máis lonxe do centro, Agora os rañaceos constrúense máis altos e compiten en formas e estruturas.
Fancisco alertounos dunhas pegadas sospeitosas na cuberta, e todos pensamos o mesmo: por aquí anda o polisón. Atopamos unha nova nota manuscrita no mesmo sitio e sen asinar, que touxo de novo inquietude á tripulación:

-"Tende conta cos champáns do porto. Uns son pescadores outros adícanse ó pequeno comercio pero hai outros que son impostores e semellan o que non son. Poñede alguén de vixiancia na cofa, todo o día e toda a noite, cun teléfono móbil na man."

Inmediatamente Remigio ordenou unha quenda de vixiancia na cofa como fixera Francisco.
As preguntas que nos facemos son: É o polisón que nos avisa? Se é o polisón, sen dúbida, que nos está axudando. A que actividades se adican eses impostores?
Estabamos celebrando nun deses restaurantes flotantes que tanto abondan en Hong Kong o cumpreanos de Paula, cando soou o teléfono móbil do capitán. Chamaba Sergio desde a cofa do Diamantino. Remigio descolgou e no mesmo momento cortouse a comunicación.
-Chama Sergio! - berrou.
Os clientes do restaurante Jumbo quedaron abraiados cando viron erguerse o mesmo tempo a quince comensais correndo cara a porta do restaurante e invadir un pequeno barco para chegar o Diamantino que estaba amarrado a case un kilómetro do restaurante.
Falsa alarma. Uns borrachos ó ver a Sergio, alí soíño na cofa, burláronse del e o teléfono quedara sen batería.
Son famosos en Hong Kong seus mercados: de flores, nocturno, de xade... As súas abarrotadas rúas. Seus templos, onde se practica o budismo o confucianismo e o taoísmo... As películas de artes marciais (Bruce Lee)... Seus espectáculos de luces (toda a illa participa)... e a estatua máis grande de Buda.
Comentarios (1) - Categoría: Proxecto "AS CIDADES" - Publicado o 01-03-2010 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
De Mumbai a Hong Kong
Image and video hosting by TinyPic
Esta é a singradura máis longa ata o momento, 4.000 millas náuticas. Remigio que é o novo capitán vai facer tres escadas de aprovisionamento en: Cabo Comorin (India) a cidade de Malaka (Malaísia) e Nha Trang (Vietnam) . Estamos algo recuperados do que vimos en Mumbai. Costeamos.

Aprovisionamos en Kanyakumary (cabo Comorin) punta sur da India. Cando regresamos de dar unha volta pola cidade atopamos atado na rede do bauprés unha nota sen sinatura que dicía:
"Non circunnavegar Sri Lanka. Espéranvos os piratas. Atravesade pola ponte de Rama , que son uns baixíos entre a India e a mentada illa con abundancia de arrecifes. Barcos grandes non pasan, pero o Diamantino ten pouco calado. Coidado cos ventos adversos. Isto non é unha broma"

¿Quen escribiu esta nota? Está en galego. Non será... O que está claro e que quere axudarnos.
Remigio non dubida, afouto (polos arrecifes) e prudente (polos piratas) faille caso á nota.
Pasamos pola ponte de Adán que tamén lle chaman a estes baixíos. Durante esta travesía, Remigio, pilotou persoalmente o Diamantino. Inmediatamente despois avistamos na costa da India, en Point Calimere un antigo faro destrozado polo tsunami do 2004. Desde aí tomamos rumbo leste - surleste ata o estreito de Malaka camiño de Singapur.
Mantemos o rumbo durante 1.065 millas. Sen avistar terra. Unha eternidade.

Primeira calma chicha. Agardamos polo vento once horas. Polas noites vemos a estrela polar moi achegada ó horizonte, estamos moi cerca do ecuador. A piques de pasar por Singapur vemos moitos petroleiros e mercantes. Máis que no canal de Suez. Van e veñen de China, Xapon e Corea. A illa de Singapur ten o porto máis grande do sur asiático. Son varios kilómetros de peiraos. Logo viramos rumbo noreste ata Nha Trang en Vietnam.Image and video hosting by TinyPic
Estamos entre Malaísia e Borneo no territorio do lendario pirata Sandokan.:
"Empuxadas por un vento irresistible, corrían polo ceo negras masas de nubes que de cando en cando deixaban caer furiosos chuvieiros, e o bramido das ondas confundíase co ensordecedor ruído dos tronos." Así comeza a novela de Emilio Salgari.

En Nha Trang (Vietnam) Remigio comprou moito arroz. Aquí é barato e abundante. Chegamos a badía de Hong kong sen incidentes. Atracamos no porto de Aberdeen ó sur da illa (foto). Rodeados de rañaceos e ó lado mesmo de seis champáns.
Comentarios (2) - Categoría: Proxecto "AS CIDADES" - Publicado o 22-02-2010 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal