
O martes celebramos a última reunión do club de lectura de profes. Foi unha xornada lúdica e tamén reivindicativa polas razóns que todo o mundo sabe. Gozamos das terrazas da Praza Maior, comemos polbo á feira e unhas cantas integrantes realizamos un roteiro polas beiras do río Fírbeda, ou Fírveda??, superando a ameaza de silvas e ortigas que querían obstaculizar a nosa andaina e que deixou as súas secuelas na nosa fráxil pel. Logo visitamos a Torre de Porqueira, unha impresionante construción de defensa medieval cuxo interior está ocupado por bichería e restos orgánicos da máis variada fauna, que mágoa!
O libro de Stephan Hessel, Indignádevos, provocou un intenso debate sobre as razóns para indignarse, o movemento do 15 M, a partitocracia, o poder dos medios de comunicación, o goberno do capital e as acepcións do concepto "violencia".
Tamén se repartiron uns boletíns con lecturas recomendadas para o verán.
|