Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS LIBROS NAVEGAN POL'A LIMIA

Esgotamos todas as mochilas viaxeiras nesta travesía lectora. Case 400 libros saíron da nosa biblioteca para ser secuestrados, manoseados e devorados por adict@s á lectura.
Comentarios (3) - Categoría: MOCHILAS VIAXEIRAS - Publicado o 24-06-2011 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
BOLETÍN CON LECTURAS PARA O VERÁN
Comentarios (3) - Categoría: boletíns de lectura - Publicado o 18-06-2011 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
PARA QUE SERVEN AS LECTURAS COMPARTIDAS?
TEXTO LIDO NAS XORNADAS DO CLUB DE LECTURA

PARA QUE SERVE A LECTURA COMPARTIDA?

Un club de lectura crea un espazo de comunicación íntimo que promove o diálogo dende o respecto, provoca a reflexión, potencia a imaxinación, convida a viaxar de balde, contribúe a combater prexuízos e a desenmascarar estereotipos, crea complicidades, esperta a conciencia e a sensibilidade, incrementa a confianza, é un pasaporte ao pasado e ao futuro, favorece o coñecemento da propia identidade e do outro, polo tanto, axuda a aceptar as diferenzas, edifica espazos habitables e tende pontes entre culturas, destrúe muros, sobre todo os que constrúe a ignorancia, compensa desigualdades e contribúe á adquisición das competencias básicas. Ler fainos máis críticos e, polo tanto máis libres. De aí que estea convencida de que a seguinte fase deste proxecto que é a lectura compartida se instale nas aulas. Como docentes comprometidos co ensino público creo que debemos rescatar a lectura das marxes e integrala no currículo e evitar así que se faga máis profunda a brecha entre favorecidos e desfavorecidos. Pero o camiño cara a ese horizonte non é fácil, máis ben se albisca arduo e cheo de obstáculos, pois, ademais de competir coa poderosa industria do ocio e consumo que vende produtos atractivos pero baleiros de contidos, ou cos medios que difunden vulgaridade e espectáculo, agora, por se fose pouco, debemos enfrontarnos ao inimigo na propia casa: a unha administración que ameaza con someter os proxectos de promoción da lectura a recortes drásticos, a unha administración que fai depender a existencia e continuidade destes proxectos do voluntarismo e da carga horaria do profesorado. Nós non somos heroes nin heroínas, nós só somos obreiros e obreiras da aprendizaxe que queremos desempeñar o noso traballo dignamente e que este sexa recoñecido, nin máis nin menos. Non, nós non somos heroes nin heroínas pero sabemos indignarnos.

E, por último, en palabras de Lois Pereiro:

Que a vida non me sorprenda xamais
desprevenida, calada e neutral.

Porque se eles non nos deixan soñar, nós non os deixaremos durmir.

Comentarios (6) - Categoría: VARIOS - Publicado o 12-06-2011 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA ANIMACIÓN CON AREA XENIAL
Sara enviounos este vídeo onde unha artista, Ksneniya Simonona, gañadora do Ukraine's Got Talent, recrea os efectos dunha guerra nunha animación con area. Xenial!E emociona.


Comentarios (16) - Categoría: PARA VER - Publicado o 03-06-2011 08:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal