Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NAVEGAN OS LIBROS POLA COMARCA LIMIÁ

Estes días os estantes de galego da biblioteca foron baleirándose de libros. A febre lectora estendeuse polo alumnado do instituto ata converterese nun andazo, viva esta doenza. Tamén achegamos os libros ás familias para que gocen lendo.

Dalgúns libros non quedou nin un exemplar. Andan por aí:

A praia dos afogados, de Domingo Villar
Rúa Carbón e A cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre
Os diarios vermellos de Carlota e Flanagan, de Andreu Martín e Bema Lienas
toda a produción de Agustín Fernández Paz (O único que queda é o amor, O centro do labirinto, Cartas de inverno, As flores radioactivas...)
Pel de lobo, de Xosé Miranda
Veleno tinto, de Ramón Carredano
Un home que xaceu aquí, de Aníbal Malvar
Made in Galiza, de Séchu Sende
Dúas bágoas por Máquina, Lúas de nácara e A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey
O monstro das palabras, de María Reimóndez
O lapis do carpinteiro e Que me queres, Amor?, de Manuel Rivas
Baixo mínimos, de Diego Ameixeiras
Chamádeme Sinbad, de Francisco Castro
Stefano, de Mª Teresa Andruetto

... e Alexandra, A miña planta de laranxa lima, os Astérix, os Megatoxos, Chamábase Luís, Moonkid e Liberty, A nosa cinza, e moitos moitos máis.

Este fenómeno comezou a manifestarse hai tres anos, cando iniciamos a andaina das campañas de lectura pero este ano superou todas as expectativas e está a desbordarnos, que ben!
Comentarios (1) - Categoría: MOCHILAS VIAXEIRAS - Publicado o 23-06-2010 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
FOTO DO GRUPO DE 4º ESO

Aquí tedes unha foto do grupo de 4º da ESO, despois de recibir os agasallos do ENDL, coa súa coordinadora, Uxía.

FELIZ VERÁN!!
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 18-06-2010 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
DESPEDIDA DO CLUB

Despedímonos do club de lectura por este curso.

Algunhas lecturas que se abordaron este ano foron: Los escarabajos vuelan al atardecer (María Gripe), Asústate Merche (Fina Casalderrey), Los caminos del miedo (J.M. Gisbert, contos de E.A. Poe, Cando petan na porta pola noite de X.P.Docampo, As soidades de Ana e Durmido sobre os espellos, de Jordi Sierra i Fabra, Chamábase Luís, de Marina Mayoral, A cabeza de Medusa (Marilar Aleixandre), Zara y el cartero de Bagdag (Fernando María), A esmorga (Eduardo Blanco-Amor), Un home que xaceu aquí (Aníbal Malvar), relatos de Arraianos (Xosé Luís Méndez Ferrín)... e poemas de Chus Pato, Antón Lopo, Estíbaliz Espinosa, Gioconda Belli...


Pasade un bo verán, seguide navegando libros, mergulládevos nas palabras e non vos derretades!
Foi un pracer compartir convosco coloquios e tertulias!

Foto do grupo de 3º ESO coa súa coordinadora, María.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 18-06-2010 08:12
# Ligazón permanente a este artigo
AGASALLOS AO CLUB DE LECTURA



O equipo de Normalización Lingüística agasallo os membros dos diferentes clubs de lectura cunha bolsa que contén un verso de Uxío Novoneyra.
Aquí vemos algunhas integrantes do club de 2º da ESO coa súa coordinadora, Mª Xosé.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 15-06-2010 06:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal