
Os libros cómense
Despedimos o curso enchendo de sabores e aromas todas as mochilas viaxeiras. E como as mochilas quedaron escasas para tanta demanda, depositamos nas mans do noso alumnado lector montes de libros da nosa biblioteca. Arestora, personaxes de todo tipo circulan pola Limia: o inspector Leo Caldas, de Ollos de auga e A praia dos afogados, mais o detective Horacio Dopico, de Baixo mínimos e O cidadán do mes, están a resolver casos difíciles; Holden Caufield, de O vixía no centeo, anda á procura de si mesmo nunha sociedade hipócrita; os tres mozos de Sardinia Blues buscan converterse en heroes para salvarse da miseria moral que os rodea; o Xoán de A nosa cinza tenta sobrevivir a tanto conflito interno produto da educación represora da posguerra; as personaxes de A cabeza de Medusa deben enfrontarse a unha sociedade que desconfía das vítimas en casos de violación; Pepa a Loba é unha bandoleira convertida en mito?
Os últimos días do curso multiplicáronse os préstamos. Funcionou moi ben a idea de expoñer nas repisas das fiestras e nalgunhas mesas libros de éxito. Tamén animamos o profesorado a solicitar libros para endozar as vacacións.
Algúns dos títulos solicitados foron:
Ollos de auga e A praia dos afogados, de Domingos Villar
Baixo mínimos e O cidadán do mes, de Diego Ameixeiras
Un home que xaceu aquí, de Aníbal Malvar
Resistencia, de Rosa Aneiros
O vixía no centeo, de Salinger
A nosa cinza, de Xavier Alcalá
O diario vermello de Carlota, de Gemma Lienas
Sardinia Blues, de Flavio Soriga
El amor en los tiempos del cólera, de García Márquez
A cabeza de Medusa e Rúa Carbón, de Marilar Alexandre
O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz
Pepa a Loba, de Carlos Reigosa
La fiesta del chivo, de Vargas Llosa
A esmorga e Xente ao lonxe, de Blanco ? Amor
Dúas bágoas por máquina, Asústate, Merche! e A pomba e o degolado, de Fina Casalderrey
Los escarabajos vuelan al atardecer, de María Gripe
Así nacen as baleas, de Anxos Sumai
Kafka en la orilla, de Murakami
Fin de século en Palestina, de Miguel Anxo Murado
Made in Galiza, de Séchu Sende
Poetízate, de Fran Alonso
As amantes de Hamlet, de Marta Dacosta
As lágrimas de Shiva, nas súas versións galega e castelá, de César Mallorquí
Viajes con Heródoto, de Kapuscinski?
Os comedores de patacas e Que me queres, Amor?, de Manuel Rivas
E mesmo unha alumna de 4º da ESO, fan de Manuel Rivas, levou Os libros arden mal?
Feliz verán a todo o mundo, gozade da lectura!!
|

Para rematar esta andaina co club de lectura o ENDL e a Biblioteca agasallaron os seus integrantes cunha preciosa camiseta decorada con topónimos e un exemplar da revista No Límite.
Foron moitas as sesións compartidas con estas persoas marabillosas, sesións de diálogo, de intercambio de palabras, ideas e soños. Con elas navegamos historias, amamos uns personaxes, aborrecemos outros, investigamos, rimos. Vivimos.
Grazas por esta experiencia tan tan flipante. |

A escritora Fina Casalderrey, autora de libros tan coñecidos como Dúas bágoas por máquina, Asústate, Merche, Lúas de nácara ou A pomba e o degolado entre outros, achegouse ao instituto para deleitarnos coas súas palabras. Arrancou máis dun sorriso ao profesorado e alumnado de 3º e 4º da ESO alí presentes coas súas vivencias e encheu de maxia verbal o ambiente. Primeiro foi entrevistada por un grupo de alumnas de 4º da ESO, logo dúas alumnas de 3º da ESO presentárona e, a continuación, tomou ela a palabra. Contestou algunha pregunta e, finalmente, asinou libros.
A entrevista será colgada no blog en breve.
Grazas, Fina, por estes momentos máxicos. Foi un pracer escoitarte. |