Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

COMPARTE AS TÚAS LECTURAS DE VERÁN

Comparte as túas experiencias lectoras de verán neste espazo. Lembra que a lectura é un pracer que non é incompatible con tomar o sol, bañarse ou pasear.

Se encontras algo que dicir (reflexións, suxestións, relatos, poemas, impresións…) tamén podes vertelo aquí.

Unha vez que descobres o mundo onde habitan todos os mundos a emoción está garantida.

FELIZ VERÁN A TODAS E A TODOS!!
Comentarios (2) - Categoría: VARIOS - Publicado o 27-06-2008 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
RAQUEL TRIGO VALORA A SÚA EXPERIENCIA NO CLUB DE LECTURA

Raquel Trigo, integrante do club de lectura e gañadora do libro do mes de maio (Rúa Carbón) valora a súa experiencia no club de lectura e comenta os libros:

Ata que non comecei a formar parte do club de lectura nunca lera libros pola miña conta que non fosen os típicos en que uns rapaces viven unas aventuras irreais e acaban namorándose. Este club abriume as portas a outro tipo de lecturas que te fan pensar.

Gustoume moito a etapa en que a “madriña” do grupo nos daba relatos breves moi interesantes, sempre acababas con ganas de que che dese máis ou directamente te puñas a ler todas as obras do autor. Internet foi a miña salvación! Os libros estiveron magnificamente escollidos e cada un agochaba unha valiosa intención. Eu acabei con fame de máis e máis galego!

Moonkid e Liberty (Paul Kropp) gustoume porque me fascina a psicoloxía dos adolescentes (e tamén a dos adultos) e as actitudes propias destes diante das aparencias. Ademais a lectura é fácil. Dous irmáns e dous puntos de vista: un considérase un extraterrestre e no acepta o comportamento da súa irmá nin do resto da humanidade, quizais un mecanismo de autodefensa para non sentirse culpable diante das inxustizas e non asumir a súa propia responsabilidade como humano; a outra loita por ser alguén, popular e avergonzase de seu irmán e de seu pai. Os dous maduran e…

Un home que xaceu aquí (Aníbal Malvar) atraeume aínda que antes non me gustaban as novelas policíacas. Pero, por que os protagonistas destas novelas son homes amargados e divorciados? Cóntase a investigación dun profesor, incitada por unha compañeira, acerca do roubo dun manuscrito.

As confesións de Carlota Doyle (Avi) enganchoume pola ambientación, o mundo da navegación e trata das aventuras dunha rapaza a bordo dun barco.

O diario vermello de Flanagan ( Andreu Martín) foi moi construtivo pero non me gustou demasiado. O máis interesante foron os debates na clase e as conversas co sexólogo sobre a homosexualidade, a prostitución e as diferenzas entre sexos: por que esa teima do tamaño do pene nos rapaces?

Made in Galiza (Séchu Sende) é un libro con metáforas sobre a lingua que te fan escachar de risa ou que che dan unha labazada pola crúa realidade. Recomendo “Falar en soños”, “Eu fixen ouigha co espírito de Castelao” e “O paracaídas”. O autor, Séchu Sende, tamén é moi divertido.
Ollos de auga (Domingo Villar) engancha e o humor vén da man dun policía de Zaragoza que se desespera cos costumes e forma de contestar dos galegos.

Durmido sobre os espellos … encantoume. Esta novela apaixonoume polas cousas que contaba de Cuba, da súa xente, da súa ideoloxía, historia… Sentín a pel escura abrasante rozando a miña. Merece a pena coñecer unha cultura como a deses países, namóraste!
Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 27-06-2008 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
RESISTENCIA, DE ROSA ANEIROS

Seguimos con suxestións para o verán

Resistencia, Rosa Aneiros, Xerais

Unha historia de amor maldito entre dúas persoas de diferentes clases sociais na ditadura de Salazar, en Portugal. A loita contra a miseria, o compromiso, o amor marcado polas circunstancias políticas...

“Na estrada de San Pedro de Moel, Dinis agardou máis dunha hora a que alguén se apiadase del e empezou a andar polo piñeiral. A imaxe de Filipa resultaba cada vez máis nítida ó percorrer os lugares dos seus encontros. Reconfortouno sentir o rumor xordo dos piñeiros sobre a súa cabeza, o cheiro do salitre atlántico e a area nos ollos…E aquela morriña salgada da casa que o invadira en Mozambique foise atenuando. Alegrábase de volver e, malia que a crera perdida, necesitou a Filipa. Necesitouna-
Hai quen di que a guerra dá máis do que rouba, que a guerra aprende a vivir. A Dinís ensináralle a morrer cada instante de desacougo e recordos.”

Comentarios (2) - Categoría: PARA LER - Publicado o 16-06-2008 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
ACIO SANGUENTO DE CARLOS FREIRE E VIVA PETER PAN, XESÚS PISÓN

Acio sanguento, Carlos Freire Cordeiro, Xerais

Un policía debe resolver o caso dun asasinato. Unha despedida de solteiro, amores clandestinos, mentiras, a presenza do deus grego Dionisos.. ., todas pezas dun puzle que o policía Daniel Sieiro debe encaixar.

“- Hai algo novo que apareceu esta mañá-dixo botando enriba da mesa unha bolsiña cunha folla de árbore no seu interior.
-Que é?
-Unha folla de loureiro. Atopámola na gorxa do cadáver.”



o mito de Peter Pan e a literatura como subversión. Merece a pena lelo.

Viva Peter Pan, Xesús Pisón, AS-PG

MARTA.- Entón viraron-nos nenos.
DOUTOR.- Só por unhas horas.
DARIO.- E para que?
DOUTOR.- Para demostrar que a literatura é nociva, especialmente para os nenos, xa que fomenta a rebeldía.
MARTA.- Os contos fan feliz á xente.
DARIO.- A Xerezada salvaron-lle a vida.
DOUTOR.- Enganando ao Sultán. Iso é subversión.
DARIO.- O pobre Merlin tamén é subversivo?
DOUTOR.- E Peter Pan, e todos os que moran en mundos maravillosos. A xente pensa que o noso mundo tamén pode ser así.
MARTA.- Oxalá!
DOUTOR.- Ve? Rebeldia. Asi veñen as desgracias. Hai que esborrar a literatura do mundo. Mellor dito, sustitui-la por outra máis civilizada. E vosté, doutora, ha criar o novo xénero.
MARTA.- Corre, Dario, antes que despertemos.
[…]

Comentarios (1) - Categoría: PARA LER - Publicado o 13-06-2008 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
CASE PERFECTO DE MARINA MAYORAL

Case perfecto, Marina Mayoral, Xerais

A carta dunha muller a seu fillo que a acusa da morte de seu pai sérvelle a Marina Mayoral para abordar as relacións materno-filiais, o papel das mulleres que non se adaptan ao rol de nais tradicionais e que parece que teñen que estar xustificándose sempre diante dos fillos máis esixentes. A presenza de referencias literarias dentro da novela é outra constante literaria.

“Nunca, ou case nunca, vemos a realidade de forma inocente, pura, sen prexuízos nin pantallas que deformen a nosa visión. Vemos o que queremos ver, ou o que nos ensinaron a ver. En ocasións, tamén o que tememos ver. E moi poucas veces somos quen de darnos conta de cal é o cristal deformado a través do que ollamos: que temor, que desexo, que experiencia pasada está condicionando a percepción do que sucede diante dos nosos ollos.”

“Quería que entendeses esa estraña relación entre o que escribo e a realidade, pero hai algo máis que me veu á cabeza mentres cho estba contando.
Ao poñerse a escribir ocorre sempre iso, comezan a xurdir aspectos, temas, sentimento cos que non contabas. É algo fascinante, mais tamén perigoso. É como asomarse a un abismo ao que non lle ves o fondo e de onde pode saír o que menos agardas. Fascinante e temible. Ás veces dá medo, e outras, polo contrario, dá a satisfacción que produce resolver un enigma, un misterio que parecía irresoluble.”
Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 09-06-2008 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
CARTAS DE AMOR DE FRAN ALONSO

Cartas de amor, Fran Alonso, Xerais

Varias historias que teñen como protagonistas mulleres que se enfrontan á vida con dignidade, a pesar de estaren sufrindo circunstancias adversas. O amor e o desamor son dúas presenzas máis dentro dun amplo territorio temático ocupado pola miseria, a guerra, a inmigración, a violencia…

“A guerra”

“Aínda que che resulte difícil de entender, o que máis dano me fixo ao longo de tantos anos auxiliando as vítimas da guerra foron as súas miradas. creo que hoxe non resistiría nin sequera unha máis. Eses ollos tan estrañamente profundos, ubicados en rostros de calquera raza, color ou condición, que destilan a intensidade de tato horror, de tanta angustia, de tanta súplica, e de tanta resignación, nunca me deixaron vivir en paz.”

“Lonxe”

“O que eu máis quería quedou definitivamnte atrás. Todo, porque incluso das nosas pertenzas só trouxemos a roupa e pequenos obxectos persoais. Había que escoller, e, ¿sabes?, meu irmán escolleu as fotos. Estaba obsesionado con traelas consigo. Ás veces vémolas unha e outra vez, unha e outra vez, os dous, sentados sobre a cama, até que choramos e nos abrazamos como idiotas”




Comentarios (3) - Categoría: PARA LER - Publicado o 03-06-2008 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
O NENO DO PIXAMA A RAIAS

O neno do pixama a raias, John Boyne, Facktoría K


A historia dun neno de 9 anos nunha época terrible, a vida e o mundo contados dende os seu ollos e a través da súa palabra.


“Un último pensamento pasóuselle pola cabeza ao seu irmán mentres miraba na distancia para aqueles centos de persoas facendo as súas cousas. O pensamento era que todos eles, os rapaces pequenos, os rapaces maiores, os pais, os avós, os tíos, a xente que vivía soa en calquera barrio e que non parecía ter familia ningunha, todos vestían a mesma roupa: un pixama a raias grises e na cabeza unha gorra a raias grises.
- Que estraño –murmurou antes de dar a volta.”

Comentarios (2) - Categoría: PARA LER - Publicado o 03-06-2008 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal