Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EDUARDO GALEANO PARTICIPA DOS INDIGNADOS
Aquí tedes estas xoias, dúas entrevistas a Eduardo Galeano, que andou estes días pola Porta do Sol madrileña, observando e participando dos movementos do 11 M, o chamado movemento dos indignados. Este escritor uruguaio leva toda a súa vida defendendo os máis pobres, denunciando os abusos do sistema, desenmascarando as mentiras dos poder económico, dos mercados... A súa palabra, tanto oral como escrita, é pura metáfora de contidos claros que chegan ao corazón e espertan a conciencia.
Que gran comunicador e que calma transmite!



Ventana sobre el miedo


El hambre desayuna miedo. El miedo al silencio aturde las calles. El miedo amenaza.
Si usted ama, tendrá sida.
Si fuma, tendrá cancer.
Si respira, tendrá contaminación.
Si bebe, tendrá accidentes.
Si come, tendrá colesterol.
Si habla, tendrá desempleo.
Si camina, tendrá violencia.
Si piensa, tendrá angustia.
Si duda, tendrá locura.
Si siente, tendrá soledad.

Ventana sobre la utopía

Ella está en el horizonte -dice Fernando Birri-. Me acerco dos pasos, ella se aleja dos pasos. Camino diez pasos y el horizonte se corre diez pasos más allá. Por mucho que yo camine, nunca la alcanzaré. ¿Para que sirve la utopía? Para eso sirve: para caminar.

Los nadies


Sueñan las pulgas con comprarse un perro y sueñan los nadies con salir de pobres, que algún mágico día llueva de pronto la buena suerte, que llueva a cántaros la buena suerte; pero la buena suerte no llueve ayer, ni hoy, ni mañana, ni nunca, ni en lloviznita cae del cielo la buena suerte, por mucho que los nadies la llamen y aunque les pique la mano izquierda, o se levanten con el pie derecho, o empiecen el año cambiando de escoba.
Los nadies: los hijos de nadie, los dueños de nada.
Los nadies: los ningunos, los ninguneados, corriendo la liebre, muriendo la vida, jodidos, rejodidos:
Que no son, aunque sean. Que no hablan idiomas, sino dialectos. Que no profesan religiones, sino supersticiones. Que no hacen arte, sino artesanía. Que no practican cultura, sino folklore. Que no son seres humanos, sino recursos humanos. Que no tienen cara, sino brazos. Que no tienen nombre, sino número. Que no figuran en la historia universal, sino en la crónica roja de la prensa local. Los nadies, que cuestan menos que la bala que los mata.

Eduardo Galeano


Máis textos aquí.




Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 29-05-2011 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
SEN MIRAR ATRÁS, DE DANI MONTERO

Sen mirar atrás é a obra gañadora do V Premio de Banda Deseñada Castelao e conta unha historia dura que comeza cunha viaxe sen retorno, un mozo, unha mochila e un can cara a un destino incerto e pragado de sorpresas. O seu autor é Dani Montero.

Editouse en galego e castelán e para a promoción en castelán realizouse este trailer:


Comentarios (1) - Categoría: PARA LER E VER - Publicado o 25-05-2011 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
PARA LER E VER: OS LOBOS DE MOECHE E OS LADRÓNS DE CADÁVERES

Descubro a Manel Cráneo, o autor de Os lobos de Moeche (unha historia sobre as revolucións irmandiñas do século XV) e O ladrón de cadáveres (unha historia de terror con cemiterios profanados e membros do Klu-Klux-Klan.

Esta historia foi levada ao terreo audiovisual cun guión adaptado do propio Manel Cráneo e deu como produto unha curta co mesmo nome, cuxo director foi Xurxo García.


NOTA: O texto de Os lobos de Moeche contén algunhas faltas graves que degradan a publicación, unha mágoa.




Os Lobos de Moeche from euroeume on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: PARA LER E VER - Publicado o 25-05-2011 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
LEMOS INDIGNÁDEVOS, DE STÉPHANE HESSEL

Para rematar a travesía lectora do club este curso propoñemos a lectura de Indignádevos, de Stéphane Hessel, que seguro non deixará indiferente a ninguén e provocará un intenso debate.

O prólogo da edición castelá está escrito por José Luis Sampedro que acaba de publicar un libro na mesma liña, Reacciona. O prólogo da edición galega está escrito por Manuel Rivas. Lede esta entrevista a José Luis Sampedro en El País.

Aquí tedes unha entrevista a Stéphane Hessel de El País.

Algúns enlaces a vídeos interesantes relacionados con contidos deste debate.


Carlos Taibo, politólogo galego, profesor titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, fala da teoría do decrecemento:

Decrecimiento - Carlos Taibo from ATTAC.TV on Vimeo.



Entrevista a Arcadi Oliveres, Catedrático de Economía Aplicada pola UAB.

Club Bilderberg. Entrevista a Arcadi Oliveres from ATTAC.TV on Vimeo.



Este fragmento da película El concursante (Rodrigo Cortés, director de Buried) é moi gráfica para entender como funcionan os bancos e cales son as consecuencias reais para os debedores do sistema de préstamos que eles, habilmente, inventaron.



Análise dò 15M por José Luis Sampedro:



Vídeo interesante sobre a historia do consumo, La historia de las cosas.



Reportaxe sobre A obsolescencia programada ou como se constrúe esa espiral de comprar, usar e tirar.


Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 24-05-2011 08:34
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA TERTULIA DE PROFES

O xoves celebramos outra sesión do club de lectura de profes.
A pesar das ausencias e de que ameazaba treboada mantivémonos firmes coa cita literaria. Ao pé d'A Carballa da Rocha, n'A Saínza, produciuse un coloquio interesante arredor da novela de Haruki Murakami, Tras do solpor, con forte controversia pola división de opinións. Coa novela de Dulce Chacón, La voz dormida, todo foron coincidencias.

Como sobremesa, Tomás guiounos polas veigas e as charcas onde puidemos intuír o que foi a Lagoa de Antela, señora acuática desecada que aínda aniña aves nas súas augas.

Foi, coma sempre, un pracer.






Comentarios (3) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 21-05-2011 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
2ª TERTULIA NO LICEO E ENCONTRO CON LOIS PEREIRO

O xoves 12 de maio celebramos a 2ª tertulia no Liceo ourensán, desta vez, ademais do noso club e os do Cidade de Antioquía e Allariz, compartimos impresións co club do IES Ferro Couselo. O diálogo foi animado e confrontáronse varios puntos de vista. Felicito o noso alumnado polas súas intervencións.
Logo asistimos á presentación do libro Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro na Livraría Torga onde o actor e poeta Lino Braxe e o autor da composición musical, Alexandro González, recitaron dous poemas do poeta monfortino.




De Os colegas das palabras copiamos esta referencia sobre a presentación e lectura de poemas en Torga. Grazas a Xela que estivo por alí gravando.


Comentarios (1) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 20-05-2011 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
MARCOS CALVEIRO VISITOU O IES LAGOA DE ANTELA

O venres 6 de maio recibimos a ansiada visita de Marcos Calveiro, autor de O pintor do sombreiro de malvas. Foi presentado por integrantes do club, Tiziana e Saray, e impartiu unha amena e interesante charla sobre a influencia dos cadros de Van Gogh na novela, acompañando as súas palabras con diapositivas.
Logo respondeu as preguntas do alumnado, asinou libros e visitou a exposición que realizou o alumnado nas clases de Plástica.
Unha preciosa actividade pictórica que achegou o alumnado á pintura a través da literatura. Finalmente, Marcos Calveiro visitou a biblioteca, onde respondeu máis preguntas, falou dos seus novos proxectos e asinou no noso libro.


Foi unha xornada moi gratificante, foi un pracer, Marcos Calveiro.


Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 14-05-2011 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
TRAILER DE AFTER DARK /TRAS DO SOLPOR
Trailer inspirado en After Dark / Tras do solpor, de Murakami.

Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 10-05-2011 08:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal