Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

STEFANO, DE Mª TERESA ANDRUETTO

Stefano, Mª Teresa Andruetto, Galaxia

Unha historia familiar, coa emigración en primeiro plano. Un rapaz italiano cruza o Atlántico á procura de fortuna, escapando da fame. Súa nai resístese a que marche e fica, esperando. Recoñecemos nesta historia o drama da nosa terra e das nosas xentes.

"Poñía a ferver sobre a estufa, durante un bo cuarto de hora, unha pota con auga, dous dentes de allo, unha presada de sal e unha cebola pequena.
Eu cortaba o pan, poñíao nos pratos e ela botaba enriba caldo.
Despois dicía:
NON TE APURES! TES QUE ESPERAR QUE ABRANDE!
Víame comer así, con gusto, e preguntaba:
VA QUE ESTÁ BO, STEFANIÑO!
E eu tomaba outro prato, un máis. Pero se quería outro, ela dicía:
ABONDA XA. GARDA PARA A NOITE"

Comentarios (1) - Categoría: PARA LER - Publicado o 31-05-2010 08:13
# Ligazón permanente a este artigo
TRÍPTICO DE LECTURAS EN GALEGO
Para rematar a nosa campaña pola lectura en galego editamos un tríptico con lecturas recomendadas e novidades para repartir entre alumnado, profesorado, persoal non docente, familias e contorno. Tamén imos deixar na biblioteca municipal un lote de folletos.
Ler é de balde e enriquece o espírito, abre as mentes, axuda a pensar e a medrar, faite vivir aventuras, provoca emocións, estimula a imaxinación, contribúe a entender os demais e a coñecerse... Ler é un pracer!


Comentarios (0) - Categoría: boletíns de lectura - Publicado o 27-05-2010 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRAMOS A 3ª XUNTANZA DO CLUB DE PROFES

O xoves 13 celebramos a 3ª xuntanza do club de profes, desta vez o grupo mermou por diversas circunstancias. Mentres esperabamos a Pilar e a Mirian, que a fora buscar, algúns profes posaron para a posteridade co libro de maior éxito este ano no club, no instituto e na nosa comunidade: A praia dos afogados, de Domingo Villar. Con respecto á novela nesta sesión non houbo discrepancias: todo o mundo recoñeceu que a trama, os personaxes e os ambientes estaba ben deseñados. A salmantina Ana Escudero e a vallisoletana Mirian recoñeceron que tiñan debilidade polo personaxe do detective Estévez, que o comprendían moi ben, por que será?
O libro que suscitou máis polémica foi Cometas en el cielo, de Khaled Hosseini. A historia pareceulles a algunhas persoas demasiado truculenta, con acontecementos forzados para encaixar nun guión ríxido, con personaxes inverosímiles. Outras opinaban que os comportamentos estaban mediatizados polo concepto de honra da sociedade persa. Algunhas persoas presentes admitiron que lles custara continuar polo desagradable dalgunhas escenas...

Non se falou de lecturas concretas para a última sesión pero hai dúas planificadas (O vixía no centeo, de J. D. Salinger e Ruído, relatos de guerra</i>, de Miguel Anxo Murado) e unha por decidir, de temática máis doce ou divertida.
Recomendamos ler como actividade de ocio, é gratis, ideal para os tempos que corren...
Comentarios (2) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 15-05-2010 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
BILBAO -NEW YORK -BILBAO, DE KIRMEN URIBE

Bilbao - New York – Bilbao, Kirmen Uribe
Tradución de Isaac Xubín

INTERESANTE NOVELA!
O autor viaxa no avión e durante a travesía dá conta tanto do proceso de creación da novela que está escribindo como das súas propias dúbidas. A novela aborda a historia de tres xeracións dunha mesma familia. Unha novela en que se mesturan personaxes, historias e arte. Sobre elas a perda dunha maneira de vivir vinculada ao mar.

“- O único que tiña na cabeza é que estaba no medio de Harlem cun traxe de Gucci. Quería ir tomar un café, pero non me atrevía a entrara así nos bares do redor, vestido tan elegante. Tiña medo.
-Medo?
-Si, estiven sen afastarme máis de tres metros da porta, durante unha hora. O mellor é que cando acabou a gala quería ir cear con Elizabeth a un restaurante xaponés chamado Soto e non sabiamos o enderezo. Elizabeth dixo: buscarémolo nese Internet- café de aí adiante. Creríasme se che digo que entramos no café e ninguén me mirou?
-Claro que non. Os prexuízos teñen moito peso. De todos os xeitos nalgúns sitios é mellor non entrar.”
Comentarios (1) - Categoría: PARA LER - Publicado o 09-05-2010 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUIMOS CON UXÍO NOVONEYRA
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 06-05-2010 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
MAIO: MES DAS LETRAS

Este mes dedicámolo ás Letras Galegas e para comenzar un poema de Uxío Novoneyra, poeta d'O Courel.

BARBAÑA barbaña...
Que noite de lobos!
Oulan os cais nas airas.

Anda a nebra baixa
Polos caborcos do souto
E polas bouzas da braña...
Comentarios (0) - Categoría: POETIZÁMONOS - Publicado o 05-05-2010 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
(Retrovisor), de Antía Otero

Para @s amantes da poesía íntima. A voz poética íspese, procura a súa identidade.
Alusións á película de Win Wenders París Texas e ao pintor austríaco expresionista Egon Schiele (un dos meus favoritos).


a infancia é un parque de atraccións pechado/
por descanso


un cheguei aquí
sen saber como
Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 05-05-2010 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal