Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

A lectura é unha aventura, embárcate!
A lectura crea adicción, engánchate!

Do blog Trafegando Ronseis destacamos esta entrevista sobre a función d@ bibliotecari@ escolar.

Gustounos moito este cartel do blog do IES Monte Carrasco A Ghaivota.



Comentarios (2) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 22-04-2012 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE 1º CICLO LE MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Xosé Neira Vilas é un escritor nado en Vila de Cruces que coñeceu a emigración dende novo, que colaborou activamente na vida cultural dos intelectuais galegos no exilio que promoveu a publicación de obras galegas en América e que plasmou na súa produción a súa experiencia vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas. Na Biblioteca Virtual Galega hai máis información sobre este escritor e a súa obra, da cal destacamos Cartas a Lelo, Querido Tomás, Xente no rodicio, Aqueles anos do Moncho e Memorias dun neno labrego, novela que trata sobre a infancia do neno Balbino nunha aldea galega, que aborda temas coma a amizade, as relacións familiares, as tradicións, a pobreza, a discriminación do idioma e a emigración.

O mes vindeiro o club de 1º ciclo xunto cos membros do EDLN participarán nunha tertulia con alumnado de Maceda, Allariz e Celanova e asistirán a un encontro co escritor no concello allaricense.


Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 22-04-2012 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRAMOS A 2ª TERTULIA NO LICEO OURENSÁN

Celebramos a 2ª tertulia no Liceo ourensán. A esta cita acudimos os clubs do IES Lagoa de Antela, IES Cidade de Antioquía, IES Allariz e o IES O Couto.

Unha vez máis a experiencia foi moi interesante, con debate intenso e intercambio vehemente de opinións diferentes. As palabras ían e viñan dunha mesa a outra sen tregua, esmiuzando os temas máis polémicos da novela de Lorenzo Silva, La estrategia del agua. Que se a custodia compartida viña a ser ou non a mellor opción para os fillos, que se as personaxes femininas respondían a estereotipos ou non, que se os prexuízos influían na percepción das persoas, que se a política e a xustiza favorecía os poderosos, que se a crise, que se isto que se aquilo, múltiples intervencións e perspectivas que removían os afectos e abrían as mentes, e todo nun clima de respecto exemplar, con aplausos desatados e algunhas risas incontidas polo medio.

A lectura e o diálogo compartido son un pracer e unha vacina contra o medo, a ignorancia, a amargura e, como non, a crise.


Try our slideshow maker at Animoto.


Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 19-04-2012 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMAS LECTURAS CLUB DE PROFES

As próximas lecturas do club de profes son:

O reencontro, de Fred Ulhman, una novela curta que describe a relación de amizade entre Hans, un mozo xudeu, e Konradin, un xove aristócrata alemán, na época previa á persecución xudía. Cando esta se produce, os cambios sucédense e a vida de Hans dá un xiro.


Maus, de Art Spiegelman, unha obra gráfica sobre o exterminio xudeu e as súas secuelas. Máis información: Guía del cómic.

Engurras, de Paco Roca, unha obra gráfica sobre o alzheimer. Sobre ela realizouse unha película de animación homónima.


Tamén visionaremos e comentaremos a película Smoke, da cal Paul Auster foi guionista e co-director.

Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 15-04-2012 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRAMOS A 4ª REUNIÓN LITERARIA DE PROFES

Celebramos a 4ª tertulia de profes, desta vez escollemos o restaurante Habana en Ourense para a nosa reunión, acompañando as palabras con delicioso pastel de cabracho e arroz con curri. Aínda que foi a sesión menos concorrida, só 6 persoas acudimos á cita aínda que moitas máis persoas leron os libros, foi moi interesante. Con Maldito karma houbo un intenso debate sobre a calidade do texto, as expectativas defraudadas dalgunhas persoas, o pracer que lles provocou a lectura a outras e tamén se polemizou sobre o final da historia. A novela enganchou a algunas persoas que pasaron momentos divertidos coa parodia dos valores occidentais na procura dunha felicidade enganosa e a consciencia do valor das cousas cando se perden.
Respecto a Purga houbo unanimidade na consistencia e calidade da novela, caracterizada pola dureza e a violencia cara ás mulleres. Destacouse a técnica de crear unha atmosfera de misterio a través da incorporación de elementos de intriga dosificados, de indicios, de interrogantes; o paralelismo das personaxes, vítimas da humillación e o medo; os ambientes sórdidos e a falta de liberdade; a situación dun país sometido e as secuelas que deixa nos seus habitantes…

Nesta ocasión tivemos unha compañeira moi especial que foi a fotógrafa oficial da reunión. Paula, de seis anos, escribiunos unha dedicatoria ás integrantes do club, concentrándose na tarefa mentres nós falabamos. Dende aquí unha homenaxe para esta cativa que promete na creación de historias. De nai lectora, xa se sabe...

Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 15-04-2012 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
LA ESTRATEGIA DEL AGUA, DE LORENZO SILVA, INFORMACIÓN
O xoves vindeiro celebraremos a 2ª tertulia no Liceo ourensán. Na novela de Lorenzo Silva hai referencias a películas e cancións, deixamos algunha información de interese:

Sun Tzu, estratega militar e filósofo chinés.

Epicteto, filóso estoico e escravo grego.

The Wire é o nome dunha serie policíaca de culto onde se tratan temas variados como: o narcotráfico, a política, a corrupción, o ensino, os medios de comunicación... Nesta serie moitos dos seus protagonistas son nenos e adolescentes nacidos en ambientes marxinais que se ven obrigados a delinquir.



Extremoduro, Robe Iniesta e "Estado policial"


Os 300 das Termópilas


A chaqueta metálica


Apolalipse Now


Blade Runner


Cloud Cult - "When Water Comes to Life"


CUESTIÓNS PARA O DEBATE


Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 12-04-2012 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal