Aquí van algunhas cuestións para facilitar o debate interno e compartido nas tertulias literariasourensás. Transcribimos os enlaces webs para poder acceder á información:
O alumnado de 3º e 4º de ESO está a ler esta novela de Marcos Calveiro sobre a que xa escribimos neste blog ( referencia e book trailer). A descuberta do amor e a arte na adolescencia cruza os destinos dun mozo e o pintor Vincent Van Gogh en Auvers.
A relación entre pintura e literatura propicia un proxecto interdisciplinar entre Lingua e Plástica que acadará o seu cénit coa visita do escritor.
Velaquí van referencias para mergullarse na obra e vida do pintor neerlandés:
Esta novela intemporal, para todos os públicos, están a lela os membros do club de lectura do 1º ciclo de ESO. Unha historia que non deixa indiferente a ninguén.