Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MARCAPÁXINAS PARA TODA A COMUNIDADE

Unha das actividades para celebrar o Día do Libro foi convocar un concurso de marcapáxinas a iniciativa da materia de Plástica. O gañador foi obra do alumno Marcos Argibay,un orixinal deseño e un lema acorde co debuxo. Noraboa!
Toda a comunidade educativa recibiu o marcapáxinas como agasallo.
Comentarios (1) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 28-04-2010 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Ler en compañía é compartir un pracer.
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 23-04-2010 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

A lectura fainos máis libres.
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 23-04-2010 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
De O recanto de Mik apañamos este vídeo sorprendente, marabilloso, orixinal e apropiado á data. Que todos os días sexan días de palabras, de textos, de libros!




Me gusta leer from Andres Ubierna on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 22-04-2010 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
TERTULIA CON SABOR A MORANGO

Non me puiden resistir, o pracer gastronómico vense resistencias e anima ao diálogo.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 14-04-2010 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
2ª TERTULIA EN OURENSE

Celebramos a 2ª tertulia literaria no Liceo. As nosas alumnas do club de 4º de ESO e 1º de BAC participaron nesta interesante actividade organizada pola Concellaría de Educación do Concello de Ourense xunto con alumnado dos clubs do IES Cidade de Antioquía, IES Allariz e do Guillelme Brown. Zara y el librero de Bagdag de Fernando Marías deu para falar hora e media sobre o drama das guerras e a necesidade do amor, núcleos temáticos da novela. Aplaudimos iniciativas coma esta que crean espazos para o debate e a reflexión e felicitamos as alumnas e os alumnos que demostraron unha madurez extraordinaria nas súas intervencións. Oxalá o diálogo que nace da lectura triúnfe sobre as guerras.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 14-04-2010 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
O MINISTRO RUBALCABA TAMÉN LE A PRAIA DOS AFOGADOS
Sorpresa, ao ministro de Interior, Pérez Rubalcaba, tamén lle gusta A praia dos afogados, outro fan máis que engadir á longa lista. Curioso, non? Tomamos a noticia de A estela dos ronseis.

Comentarios (2) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 09-04-2010 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
TERTULIAS EN OURENSE

O mércores vindeiro o club de lectura desprazarase a Ourense para participar na 2ª tertulia literaria organizada pola Concellaría de Educación. O libro que nos reúne a varios clubs será o de Zara y el librero de Bagdad. O drama da guerra é o eixo central da novela e para documentármonos enviáronnos varios enlaces interesantes:


Bagdag rap

Os anos vividos

Arte e compromiso
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 08-04-2010 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal