Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LIBROS QUE LEMOS E ESTAMOS A LER EN 4º DA ESO E 1º DE BAC
Deixade os vosos comentarios!!


As confesións de Carlota Doyle, de Avi.

Made in Galiza, de Séchu Sende.

Un home que xaceu aquí, de Aníbal Malvar.

Pel de lobo, de Xosé Miranda.

Durmido sobre os espellos, de Jordi Sierra i Fabra.

O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas
Comentarios (2) - Categoría: VARIOS - Publicado o 16-04-2008 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
PARTICIPA NO CONCURSO DE LINGUA DE AMOR!

Entra e participa no concurso de declaracións de amor en galego, se te apuras recibes premio seguro.http://www.linguadeamor.eu
Comentarios (1) - Categoría: VARIOS - Publicado o 09-04-2008 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
MES DA PALABRA - ESPAZO PARA LER E CREAR
Publica as túas creacións

Haikus

Eu nin vou nin veño
pero sei o que son,
eu son Galega.

Comecei a ler
Cando tiña tres anos;
Dixen: in-fla-ción.

Paula

Impresións

Se ser adicto á lectura é estar tolos, a nós que nos pechen nun manicomio xa! Eu leo porque, cando o fago, gozo coma unha nena de tres anos cun caramelo. Moita xente le só por afección; eu fágoo tamén polo arume que desprende un libro recén aberto.

Paula


Un parrulo branco
púxose morado
comendo moras.

Victoria
Comentarios (1) - Categoría: VARIOS - Publicado o 03-04-2008 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
SÉCHU SENDE VISITARANOS O LUNS 7 DE ABRIL

Do relato “Unha palabra común”.

[...] Coñecín moitas palabras que desapareceron e todos os días me cruzo na rúa con algunha que acaba de nacer.Mais hai uns quince días sucedeume algo preocupante. Acababa de acordar e estaba saíndo da ducha cando soou o timbre da casa. Vestinme apurada e abrín a porta. Cando vin que era un castelanismo fechei a porta con medo. E respirei fondo.Que quede claro que non teño nada contra as palabras estranxeiras. Na miña vida coñecín moitas que viñan aquí facendo turismo. Pasei moi bos momentos con algunhas palabras italianas e francesas e unha palabra alemá e mais eu mesmo tivemos unha historia de amor hai algúns anos.

Comentarios (6) - Categoría: VARIOS - Publicado o 02-04-2008 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal