Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CRÓNICA DA VISITA DE XABIER P. DOCAMPO

O pasado 19 de marzo, o alumnado de 1º e 2ºde ESO do IES Lagoa de Antela, recibiu unha agradable visita do coñecido escritor chairego Xabier P. Docampo.
Ao entraren no salón de actos, dous compañeiros fixeron a presentación e relataron os seus méritos. O modesto escritor comentou que non era precisa a súa exposición, xa que non se necesitaba coñecelos, que el só era un escritor. Seguidamente, e con un gran sentido do humor, explicou e argumentou con varios exemplos o importante que era a literatura para o ser humano, ata convencelos a todos.
No remate da súa intervención respondeu todas as dúbidas e preguntas dos alumnos, e despediuse deixándonos a todos con ganas de máis, e expectantes tras a súa extensa charla na que falou de todo, pero principalmente da literatura. Deixou a moitos alumnos co desexo de exercer o mesmo traballo que Xabier, o de escribir, porque como el dixo: "non hai máis pracer que poder darlle vida a outro mundo, no que ti es o que decides os seus sucesos". Finalmente rexeitou asinar autógrafos, como xa dixen é ben modesto , e como el dixo : "o de asinar autógrafos é cousa de futbolistas". Pero asinou con orgullo os seus libros, varias veces premiados.

Víctor Álvarez Canto 2º A

Unha das cousas que máis chamou a atención dos aistentes foi que Xabier P. Do Campo lles dixese que, cando era pequeno, na súa casa só había dous libros, cousa que sorprendeu moito debido a súa profesión. Finalmente o escritor despediuse e os alumnos voveron ás súas respectivas aulas.

Marta Rodríguez Iglesias 2º B


Make a video of your own at Animoto.


Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS LITERARIOS - Publicado o 31-03-2012 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
CRÓNICA DA VISITA DE FRAN ALONSO
O día 22 de marzo recibimos a visita de Fran Alonso, autor de Cartas de amor e de Poetízate.
Primeiro o escritor, editor e xornalista, mantivo un encontro cos membros do club de lectura na biblioteca, onde respondeu diversas preguntas e asinou libros, e, posteriormente, deu unha charla no Salón de Actos aos cursos de 4º de ESO e 1º de BAC. Foi presentado por Álex Rodríguez, de 1º de BAC, e Fatima Aboufaris, de 4º de ESO. Tamén Tiziana Rodríguez e Alba Alonso,de 1º de BAC, recitaron un poema seu.
Cando Fran Alonso tomou a palabra resolveu todas as dúbidas que provocaran os seus libros, contounos como se xestaran as historias de Cartas de amor, contestou algunhas preguntas e, para rematar, agasallounos coa lectura animada duns poemas propios e alleos. Unha delicia.

Grazas, Fran, pola túa visita e as túas palabras. Foi un pracer escoitarte.


Make your own photo slideshow at Animoto.

Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS LITERARIOS - Publicado o 31-03-2012 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
27 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe é o día do teatro e cómpre lembralo e dedicarlle unha entrada.

No noso insti temos un grupo de teatro que mañá vai celebrar o día representando dúas pezas creadas e ensaiadas de maneira autónoma. Ben merecen os seus membros unha homenaxe.

Que é e para que serve o teatro?

O teatro é unha forma de comunicación que serve para expresar pensamentos e emocións.
Na antigüidade, a través das máscaras as persoas imitaban escenas da realidade e creaban rituais para pedir algo aos deuses ou espantar perigos. A comunidade participaba en ceremonias que provocaban a catarse ou alivio emocional.

Os beneficios do teatro nas aulas son múltiples: favorece as habilidades sociais e comunicativas, incrementa a autoestima, potencia a observación, a concentración e a memoria, facilita o traballo grupal, ensina a respectar ao diferente, fomenta a sensibilidade, axuda a pórse na pel do outro estimulando a empatía, abre as portas á imaxinación, fai tomar conciencia da realidade e de un mesmo…






Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 28-03-2012 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA POESÍA E FRAN ALONSO

Hoxe é o día da poesía e mañá visítanos Fran Alonso, poeta e inventor de historias. Por iso, deixamos aquí unha mostra da súa poética recitada.








Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 21-03-2012 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRAMOS O DÍA E O MES DA POESÍA

Deixamos aquí unha mostra dos poemas elaborados polo alumnado de 4º de ESO seguindo diferentes estratexias de creación poética.


Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 20-03-2012 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
CALIGRAMAS EN VÍDEO
Achégase o 21 de marzo, día da poesía, e xa estamos a celebralo.Vía Trafegando ronseis soubemos deste vídeo baseado no caligrama de Guillaume Apollinaire "Il pleu"t.
Tamén atopamos estoutro vídeo poético-musical baseado en caligramas.




Comentarios (0) - Categoría: PARA VER - Publicado o 18-03-2012 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
LA ESTRATEGIA DEL AGUA, DE LORENZO SILVA, NOVA LECTURA DO CLUB


O club de 2º ciclo le La estrategia del agua,de Lorenzo Silva.

Trátase dunha nova historia policíaca de Bevilacqua e Chamorro: tras unha decepcionante experiencia co sistema xudicial, que puxo en liberdade a un asasino ao que detivera logo dunha longa investigación, o brigada Bevilacqua, alias Vila, desencantado e escéptico, enfróntase a un novo caso: un home chamado Óscar Santacruz apareceu con dous tiros na caluga no ascensor da súa casa. Parece o «traballo» dun profesional, o que se antolla desmesurado dada a pouca transcendencia da vítima, que ten algúns antecedentes menores por tráfico de drogas e violencia de xénero. Vila e a súa compañeira, a sarxento Chamorro, afrontan a tarefa, moi de mala gana por parte de Vila, actitude que empezará pagando «o novo», Arnau, un novo garda que aos poucos se irá gañando a confianza do brigada.
Parece que os problemas na vida de Óscar, aparte dos seus rozamentos coa xustiza, limítanse ao seu divorcio, mal levado e cun fillo polo medio. Pero, que esconde a denuncia que pesaba sobre a vítima por malos tratos? E a súa detención por tráfico de drogas? En que escuros asuntos estaba envolto este home en aparencia tan pouco perigoso?


Máis información:
Lorenzo Silva
Lecturalia
Espacio entre palabras
As catro esquinas do quinto
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 17-03-2012 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS LECTURAS NO CLUB DE AULA

No PCPI están a ler Rúa Carbón, de Marilar Aleixandre: Paula viaxa a Donosti de vacacións para coñecer a historia de seu pai Iñaki e a súa relación con ETA. O amor, a conformación da identidade, o conflito basco son os temas en torno aos cales xira esta novela.

O alumnado de Diversificación lerá O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz, novela de ciencia-ficción ambientada en 2054, nunha Europa unificada na que a lingua oficial é o euroinglés. A historia iníciase coa desaparición de David, un mozo alemán que viaxa con súa nai a Galicia para coñecer a terra dos seus devanceiros. O suceso permítelle contactar cunha comunidade clandestina que mantén a lingua e a cultura de seu, ademais de descubrir o amor na relación con Branda, unha rapaza da comunidade.
Comentarios (0) - Categoría: club de aula - Publicado o 17-03-2012 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEO 8 DE MARZO
Este vídeo confeccionado para conmemorar o 8 de marzo é unha homenaxe a todas as mulleres, as recoñecidas e as anónimas, as que traballan no ámbito doméstico e as que traballan no ámbito público... Unha pequena contribución á visibilización das mulleres e a que se lles recoñeza o seu traballo.


Comentarios (2) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 11-03-2012 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE AULA DE 4º DE ESO E O DE 1º DE BAC LEN CARTAS DE AMOR

O club de aula de 4º de ESO e o de 1º de BAC len Cartas de amor, de Fran Alonso.
O libro reúne un conxunto de cartas de amor nada convencionais onde se verten historias dramáticas das mulleres que escriben. A pobreza, a guerra, a inmigración, a prostitución son algúns dos temas destes relatos.


Tamén recibiremos este mes a visita do autor, Fran Alonso.

O alumnado de 1º de BAC tamén lerá Poetízate, Antoloxía da poesía galega, de Fran Alonso, un libro que vén sendo lectura obrigatoria dende que saíu publicado e que nos serve para achegar a poesía ao alumnado e potenciar a súa creatividade.



Comentarios (1) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 10-03-2012 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal