Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

100 ANOS DO NACEMENTO DE MIGUEL HERNÁNDEZ
Cúmprense 100 anos do nacemento de Miguel Hernández. O poeta de Orihuela morreu aos 31 anos de idade na enfermería dunha prisión un día coma hoxe. Os seu poemas son dun lirismo profundo, con imaxes que conmoven e chegan ao máis profundo. Para saber máis do poeta convidámosvos a visitar esta páxina.

O cantautor Joan Manuel Serrat puxo música aos seus poemas, a voz do catalán tamén consegue espertar emocións e abanear conciencias.
Se premedes aquí poderedes escoitar unha elexía desgarradora.


Pero escollo esta canción máis esperanzadora para que escoitedes: "Para la libertad".

Comentarios (1) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 28-03-2010 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
AN ALFAYA VISITOU O INSTITUTO
A visita de An Alfaya
O día 8 de marzo do 2010 tivemos a honra de que a escritora An Alfaya, autora de A lúa de Montealto viñera ata o noso instituto (IES Lagoa de Antela) para nos dedicar un pouco do seu tempo. Foi presentada polas alumnas Sandra Araujo e Elena Carballo.
Ela, moi amablemente, empezounos a comentar un pouco da súa vida, contounos que ela estudara para detective, pero que sempre lle gustou escribir.Tamén nos dixo que os seus pais sempre lle dicían que ler non ía levala a ningún sitio.Entón, na súa casa, estaba case prohibido ler.
Así mesmo relatounos que, cando empezaba a escribir un libro, que continuaba pero ,que era como se os personaxes foran os que a ían guiando.Tivemos o pracer de facerlle as preguntas que nós quixemos e plantexarlle as nosas dúbidas, e ela moi amablemente no las respostou. Ao acabar a súa charla, as persoas que o desexaran podían levarlle o seu libro para que llelo asinase.

Ainara Fernández Dorado 2B

Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 25-03-2010 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

Do ENDL de Campolongo copiamos este cartel cos 5 motivos para ler poesía de Fran Alonso, autor de Poetízate.
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 22-03-2010 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
ROSALIA NA VOZ DE JOAN BAEZ
A poesía de Rosalía de Castro na voz da cantante norteamericana (folk e pacifista)Joan Baez.

Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 22-03-2010 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
O ALUMNADO DE CARROCERÍA PARTICIPOU NA CELEBRACIÓN DO 8 DE MARZO
O alumnado de PCPI de Carrocería arrancou coa súa actuación os aplausos dun público entregado. Lograron superar o pánico escénico no escenario improvisado en que convertemos a biblioteca e lanzáronse ao texto de Sergi Belbel sen complexos. Os seus nomes merecen o noso recoñecemento: Ionut, Rubén, Jonatan, Benito, Miguel e Iván, noraboa, rapaces!!


Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 20-03-2010 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
2ª XUNTANZA DO CLUB DE PROFES

O xoves 11 de marzo celebramos a 2ª xuntanza do club de lectura. O lugar escollido desta vez foi o comedor do instituto onde departimos saboreando os manxares que nos preparou o alumnado de cociña baixo a dirección do seu profesor Javier. Cos aperitivos falamos dos impactantes relatos “Eles” e “Botas de elástico” de Arraianos de Xosé Luís Méndez Ferrín (algunhas persoas confesaron que lles custara enfrontarse á lingua ) e logo de Baixo mínimos, de Diego Ameixeiras. Esta novela suscitou bastante controversia, dando lugar a un debate sobre a calidade desta novela negra, cualificada por algún tertuliano de subproduto. Mágoa non contar coa presenza do autor… Xa co arroz con bogavante botámoslle o dente a Persépolis, de Marjana Satrapi, cómic aplaudido por unanimidade pola súa calidade plástica e temática. Por último, logo da sobremesa e do café, asistimos á proxección da película de animación do mesmo nome e as poucas persoas que puidemos quedar ata o final coincidimos nas nosas apreciacións: filme de impecable factura.
A próxima cita terá lugar a finais de abril e as lecturas escollidas foron: as novelas A praia dos afogados, de Domingo Villar, e Cometas en el cielo, do escritor afgán Khaled Hosseini,novela que foi levada ao cine co mesmo nome de Cometas en el cielo. Temos unha entrevista a Domingo Villar en Página 2. Tamén se lerán uns relatos de Ruído, de Miguel Anxo Murado (ficha do autor bvg).
Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 17-03-2010 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
CONMEMORAMOS O 8 DE MARZO

O alumnado de Carrocería porá en escena a adaptación realizada por Begoña Muñoz (dramaturga e profesora no IES Otero Pedrayo) de "Ramón", de Sergi Belbel. A directora foi a profesora de lingua, Mª Xosé Lorenzo, a cal manifestou que a experiencia dos ensaios foi moi didáctica.
Esta peza leva varios anos sendo representada en diferentes adaptacións, tanto no número de personaxes coma no tipo de personaxes (adolescentes, mulleres adultas...) e SEMPRE resultou unha experiencia interesante, tanto a nivel dramático coma transversal.
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 10-03-2010 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO

Amanece con pelo largo el día curvo de las mujeres,
¡Qué poco es un solo día, hermanas,
qué poco, para que el mundo acumule flores frente a nuestras casas!
De la cuna donde nacimos hasta la tumba donde dormiremos
-toda la atropellada ruta de nuestras vidas-
deberían pavimentar de flores para celebrarnos
(que no nos hagan como a la Princesa Diana que no vio, ni oyó
las floridas avenidas postradas de pena de Londres)
Nosotras queremos ver y oler las flores.
Queremos flores de los que no se alegraron cuando nacimos hembras
en vez de machos,
Queremos flores de los que nos cortaron el clítoris
Y de los que nos vendaron los pies
Queremos flores de quienes no nos mandaron al colegio para que cuidáramos a los hermanos y ayudáramos en la cocina
Flores del que se metió en la cama de noche y nos tapó la boca para violarnos mientras nuestra madre dormía
Queremos flores del que nos pagó menos por el trabajo más pesado
Y del que nos corrió cuando se dio cuenta que estábamos embarazadas
Queremos flores del que nos condenó a muerte forzándonos a parir
a riesgo de nuestras vidas
Queremos flores del que se protege del mal pensamiento
obligándonos al velo y a cubrirnos el cuerpo
Del que nos prohíbe salir a la calle sin un hombre que nos escolte
Queremos flores de los que nos quemaron por brujas
Y nos encerraron por locas
Flores del que nos pega, del que se emborracha
Del que se bebe irredento el pago de la comida del mes
Queremos flores de las que intrigan y levantan falsos
Flores de las que se ensañan contra sus hijas, sus madres y sus nueras
Y albergan ponzoña en su corazón para las de su mismo género
Tantas flores serían necesarias para secar los húmedos pantanos
donde el agua de nuestros ojos se hace lodo;
arenas movedizas tragándonos y escupiéndonos,
de las que tenaces, una a una, tendremos que surgir.
Amanece con pelo largo el día curvo de las mujeres.
Queremos flores hoy. Cuánto nos corresponde.
El jardín del que nos expulsaron.

Gioconda Belli
8 de Marzo de 2007
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 08-03-2010 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

Centro Comercial Camelias: Zara

E por último aquí está.
O modelo da industria
de mulleres
en cadea.
Un modo de produción
sumamente rendible
para a economía do país.
Mágoa que se axuste tan pouco
ó produto autóctono
de carnes tradicionalmente alimentadas
con botelos, touciños e lacón.
A revolución industrial.
As mulleres de talla 36
embutidas no que antes
utilizariamos
para facer uns bos chourizos.
Todas iguais.
Unha por unha.
Unha produción ilimitada
nun mercado mutilador.
Se cadra haberá que xustificar
que se segue sendo humana
mesmo se non se cabe
na roupa de Zara.

María Reimóndez (Lugo, 1975), Moda galega, 2002
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 08-03-2010 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal