|
|
|
|
MARICA CAMPO VISITARÁ O INSTITUTO O MÉRCORES 3 DE ABRIL |
|
Se o mar morrer o son da caracola
perderase no eco que non volve
se o mar morrer non quedarán metáforas
para o amor para a morte para a vida
se o mar morrer os ríos suicidas
coma min nos teus ollos cara ao mar...
Marica Campo
|
|
|
|
DRAMATIZACIÓNS NA BIBLIOTECA 8 DE MARZO |
|
Tres recreos ocuparon as intervencións do alumnado para conmemorar o 8 de marzo: dúas lecturas de "Ramón", adaptación por Begoña Muñoz Saá, de Sergi Belbel, polos grupos de teatro de 3º da ESO; e "Horario", monólogo dunha muller maltratada a tres voces (Alba, Álvaro e Elsa), creación de Begoña Muñoz Saá. |
|
|
|
8 DE MARZO |
|
E coa palabra
recuperar os camiños,
pórlle nome ó labirinto,
navegalo.
Ana Romaní
Quero
abandonar
a vida morta
das princesas.
Lupe Gómez
Un día, despois de marchar Lalo, contoume a historia dunha muller que se miraba no espello e non se vía, afeita como estaba a mirarse só nos ollos dos homes. Os homes marcharan todos, sempre é así, ás súas batallas, e a muller ficara na casa, agardando e esmorecendo como unha verza ao sol?
A muller que non se vía no espello esqueceu que tal lle pasaba, entretida polo camiño e as aventuras. Un día que pasaron á beira dun río para darlle de beber ao cabalo, mentres asubiaba marcándolle o ritmo da indixestión ao animal, descubriu o propio rostro no espello da auga. Era un rostro novo, intelixente e ledo, ben distinto daquel inxenuo e case aparvado que lle devolvían os espellos dos homes.
Memoria para Xoana, Marica Campo