Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PRÓXIMAS LECTURAS

As lecturas escollidas para a seguinte sesión son: tras do solpor, de Haruki Murakami, e La voz dormida, de Dulce Chacón.

Deixamos aquí un enlace a unha entrevista á autora, xa falecida.

E se queredes saber algo de Murakami aquí vos deixamos unha entrevista concedida a El País.
Comentarios (3) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 21-02-2011 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRAMOS A 2ª TERTULIA DO CLUB

Algúns membros do club reunímonos o xoves, día sen transporte escolar, en Xinzo para falar de El tiempo entre costuras e Pel de lobo. Foi unha mágoa que non puidesen asistir todos os integrantes do club pois a novela de María Dueñas suscitou bastante controversia. Manuel repartiu fotocopias sobre a explotación do wolframio en Galicia na posguerra e tamén sobre un caso acontecido preto da capital: dous nenos foron atopados mortos con signos de violencia e a súa morte foi atribuída aos lobos. O medo aos lobos no imaxinario popular aínda pervive na sociedade rural galega.
Foi un coloquio interesante, non hai dúbida.
Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 21-02-2011 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Como vén sendo habitual nos últimos catro anos, celebramos o Día da Paz con lecturas na biblioteca. Profesorado e alumnado sumaron voces contra a violencia unha vez máis, e contamos coa colaboración de novo de Natalie, a nosa encantadora lectora californiana. Tamén se decorou o corredor e a biblioteca con pombas de paz deseñadas polo alumnado de Plástica e o PCPI de Cociña agasallou a asistentes e participantes con petiscos doces. Foi un acto moi emotivo!





Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 09-02-2011 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
ROSA ANEIROS VISITOU O IES LAGOA DE ANTELA

Rosa Aneiros visitou o IES Lagoa de Antela para falar de Resistencia. Despois dunha sesión co alumnado de BAC, nun ambiente máis íntimo, os membros do club de lectura do noso centro e o Cidade de Antioquía tiveron a oportunidade de intercambiar con ela impresións literarias. Respondeu as preguntas que lle formularon con amabilidade e asinou exemplares da súa novela.
Destacamos as alusións ao esforzo no exercicio da escritura, o dereito á libre interpretación dos personaxes por parte dos lectores, a recreación subxectiva da realidade, a necesidade de coñecer a técnica, a función da experiencia e a observación.
Tamén insistiu na necesidade de ler moito e variado e que así como hai lecturas que seducen na adolescencia e que na madureza provocan rexeitamento tamén hai historias que, canto máis se len, máis pouso deixan...
O curioso foi que, cando alguén lle preguntou por que creara unhas personaxes femininas tan débiles en Resistencia, ela contestou que para ela eran as máis fortes, que con esa idea as deseñara, o cal proba a plurisignificación dos aspectos literarios.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 01-02-2011 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal