Colgamos un fragmento da entrevista realizada por Marcos e parte do club de lectura de 3º da ESO (Yolanda Doliveira, Leticia Dacunha)á escritora Lola Gándara. Carlos Said, outro membro do club de lectura, realizou a presentación no Salón de Actos.
escritora Lola Gándara visitou o instituto para charlar sobre o oficio de escribir e sobre a súa novela Alexandra co alumnado de 3º da ESO. Concedeu unha entrevista a varios alumnos e asinou libros.
O xoves celebramos a nosa primeira xuntanza literaria. Ao pracer da palabra compartida sumouse o pracer do padal, que a lingua sempre se solta máis se se beneficia o estómago. Case tres horas de palabras fluíndo en círculo, grazas a unha mesa redonda ( sen novas de Merlín, o ausente).
Intercambiamos impresións sobre as diversas lecturas ofertadas e velaquí algunhas impresións recollidas:
Sobre O antropólogo inocente coincidimos sobre as consecuencias do choque de culturas, rimos coas anécdotas derivadas dos malentendidos lingüísticos, do valor de sacrificar o corpo á ansia de coñecer, do concepto do tempo, as diferentes maneiras de entender as relacións?
Os relatos "O home de xeo" e "O séptimo home" Murakami deron para falar da natureza humana, o valor do pasado, as expectativas, o amor, a necesidade de enfrontarse aos medos, os remordementos?
E con O home que plantaba árbores, a historia máis valorada, falamos do amor desinteresado á natureza, da felicidade como destino do ser humano, do valor da paciencia e a perseverancia?
E a novela máis controvertida foi Sardinia blues, de Flavio Soriga, que suscitou paixóns e rexeitamento, non houbo lugar para o termo medio. Ese ambiente claustrofóbico, de aillamento desacougou algunhas persoas lectoras, outras gozamos coa maneira de describir ese ambiente sen saída.
A semana pasada morreu J. D. Salinger, autor de O vixía no centeo, unha novela que marcou xeracións de lectores.
Un adolescente, Holden Caufield, é expulsado do colexio e inicia unha viaxe polas rúas de New York enfrontándose a todos os temas que preocupaná mocidade (a amizade, o sexo, as relacións familiares?). unha novela que analiza e destripara sociedade estadounidense: a hipocrisía, os valores corrompidos, o sistema?
Velaquí un fragmento:
?-Xa teremos tempo de facer esas cousas, todas esas cousas, cando saias da facultade, e casemos, e todo. Teremos unha chea de sitios marabillosos onde ir.
-Non. Non habería unha chea de sitios onde ir. Daquela todo será moi distinto. ?Estábame deprimindo outra vez.
-O que? Non te oio. Primeiro berras e logo?
-Dicía que non, que non haberá sitios marabillosos para ir despois de que eu saia da facultade. Abre as orellas. Todo será distinto. Teremos que andar a baixar en ascensores con maletas e cousas. E tremos que chamar por teléfono a todo o mundo e dicirlles adeus, e mandarlles postais dende os hoteis. E eu traballarei nunha oficina, facendo moitos cartos, e irei ao traballo en taxi ou nos buses da Avenida Madison, e lerei xornais e xogarei ao bridge, e irei ao cine e verei estúpidas curtametraxes e atraccións e noticiarios. Noticiarios. Xesús Cristo querido! Sempre hai algunha estúpida carreira de cabalos, ou unha señora estoupando unha botella contra un barco, ou un maldito chimpancé montando nunha bicicleta. Non será o mesmo de ningún xeito. Non entendes o que quero dicir.
-Se cadra non. Se cadra ti tampouco. ?Para daquela xa os dous nos odiabamos. Ben se vía que non tiña ningún sentido seguir unha conversa tan pouco intelixente. Mellor fose non tela empezado.?
Grazas ás persoas que colaboraron para que esta actividade fose posible: ao alumnado de Carrocería, ao alumnado do club de lectura de 1º de BAC, ao alumnado de teatro, a Fatima, a Mayte, a Raquel, ás profesoras Miriam, Pilar, Mª Xosé, Sara, Ana, ao público marabilloso que asistiu nos dous recreos...