Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TALLER DE CREACIÓN CO GUIONISTA JACOBO PAZ LIMIA
Jacobo Paz Limia

A Coruña, 1979.

Guionista e dramaturgo.
Experto en Cine e Teatro pola Universidade da Coruña.
Foi guionista de series de televisión como Pratos combinados ou As leis de Celavella, traballo polo que recibiu o Premio Mestre Mateo da Academia do Audiovisual Galego.
Ten publicados dous libros individuais e máis dunha ducia de pezas teatrais en revistas especializadas.
O Centro Dramático Galego estrea Estigma en 2008, obra desenvolvida durante a súa estadía como autor residente no Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM).
Escribiu varias curtametraxes e foi redactor dun reality show.
Na actualidade realiza documentais e desenvolve formatos para televisión.


Comentarios (3) - Categoría: VARIOS - Publicado o 19-02-2008 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
SUBIDE COMENTARIOS SOBRE AS LECTURAS DO CLUB
Horario, de Begoña Muñoz

Cartas de amor, de Fran Alonso

As confesións de Carlota Doyle, de Avi

"A ti, Laura", de X. M. Martínez Oca

"Que non quede nada", de Manuel Rivas

Comentarios (2) - Categoría: VARIOS - Publicado o 16-02-2008 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS CONCURSO CARTAS DE AMOR - NORABOA!!
1º premio:
Raquel Seoane Cuquejo 2º C-ESO


Onte soñei con bolboretas de cores imposibles,
co son do mar na frauta doce.
Con estrelas brillantes no río transparente
que aloumiñaban a lúa.
E que escribía o mellor poema de amor.
Soñei que voaba sobre un campo de flores,
e en todos estes soños estabas ti.

Keky

2º Premio:
Jonatan Santana 1º E-ESO


Xinzo de Limia, 31 de xaneiro de 2008


Meu churro, churrón, eu saúdote coma un ladrón.
Meu churro, churrón, eu quérote como a un lacón.
Meu lacón con xamón, eu ámote coma un requeixón.
Miña peladiña, peladiña, eu dareiche unha filliña coma unha mariquiña.
Miña churri de rechupete eu douche un chupete.
Meu chupete de rechupete, eu dareiche o mellor leito.
Meu leito quente eu dareiche o mellor amor.
Meu amor, meu amor, douche este mareón.
Miña querida, eu douche esta partida para que non esteas espida.
Asina o teu amor con valor:
Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 13-02-2008 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
CONTRA O AMOR QUE OPRIME
Non
non quero ese amor
de perversos contos de princesas bonitas pero parvas
e resignadas
e de príncipes azuis rancios que non saben fregar
non
non quero frases de novela rosa barata sen ti non son nada
con barbies de mentira á procura dun madelman
Non
non quero ese amor de medias laranxas
deshidratándose en inútiles salas de espera
Reivindico
un amor que non oprima
insubmiso independente libre
tenro
un amor que nos abrace
sen asfixiarnos
que propoña
sen esixencias
un amor que non nos anule
celebrando sacrificios
un amor
que non interprete os silencios con desconfianza
un amor sen propietarios nin propietarias
sen trampas nin mártires
sen interrogatorios con quen estiveches onde vas de onde vés
nin promesas de futuros incertos e presentes suplicando perdón
Quero
un amor de dar e recibir de ir e vir
de abrir espazos
e cicatrizar pasados
un amor libre
que salte que goce que vibre
que nos abrase
con picante nos beizos
e calor nas mans
que arda que arda que arda
rendido á beleza das congostras
e á transparencia da auga.

X. L.


Que não seja imortal posto que é chama
Mas que seja infinito enquanto dure.
Vinicius de Morais
Comentarios (2) - Categoría: VARIOS - Publicado o 07-02-2008 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
POETIZÁMONOS

AMENCERES

Entre amencer e amencer
hai tanta noite,
tanta ausencia, tanto pranto,
que ás veces xa dubido se son eu
quen vive a noite,
ou se o pasado sempre é a mesma noite
que me está bebendo a min.

Carmen Carballo.




Por amor

Por amor nacín da terra.
Por amor son o que son.
Por amor canto o meu canto,
Por amor.

Por amor sángranme os pulsos
E ábreseme o corazón.
Por amor dóenme os ollos.
Por amor, só por amor.

Darío Xohán Cabana




CUSPE

Il di que malgastei o meu talento;
ela, que son un talento malgastado.
o meu pai soña todas as noites que me apalean
e a miña nai agarda coa biblia nas mans a noticia
de que me botaron do traballo.

Caetano está convencido de que nunca serei un bo profesional,
“ti es poeta”,
di,
e niso coincide con Alcalá que, nos momentos máis
inoportunos,
arquea as cellas e crava os seus ollos nos meus,

“rapaz, non se pode ser tan poeta”.



¿Pero que son os poetas?
coñezo xente que escribe versos e recita versos
e se chaman poetas,
pero eu na vida escribín senón sangue,
nin recitei nada
que antes non se untase en cuspe.

Antón Lopo

Comentarios (1) - Categoría: VARIOS - Publicado o 03-02-2008 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (2) - Categoría: VARIOS - Publicado o 03-02-2008 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal