Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mª EUGENIA MUÑOZ FALOU SOBRE UN RELATO DE RISCO E A CULTURA EXIPCIA

Mª Eugenia Muñoz Fernández é unha muller polifacética a nivel cultural: licenciada en Exiptoloxía (Universitat Oberta de Catalunya, Ecole pratique des Hautes Etudes, Université catholique de Louvain, Universidad Complutense de Madrid, Universidad Complutense de Madrid, Universidade de Vigo), coordinadora de proxectos da Fundación Vicente Risco, cordinadora de varios clubs de lectura no concello de Xunqueira de Ambía e propietaria da librería Zampacontos que organiza xornadas de animación á lectura onde ela se converte en contacontos.

O outro día tivemos a oportunidade de coñecela na faceta de comunicadora, e que ben o fai!, escoitala falar foi un pracer, tanto para o profesorado como para o alumnado de 1º de ESO.
A actividade, que se xestionou coa Fundación Vicente Risco, xirou en torno á lectura do relato de Vicente Risco, adaptado por ela, "Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros", lido previamente na aula polo alumnado. Nas dúas charlas explicou aspectos importantes e interesantes da cultura exipcia, como a momias de Tuntakamon e os requisitos para entrar no inframundo.

Grazas, Mª Eugenia.
Comentarios (0) - Categoría: club de aula - Publicado o 02-12-2011 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
O PCPI DE COCIÑA LE NA AULA

As rapazas do PCPI de Cociña, coordinadas por Belén Castro, tamén dedican á lectura na aula moito tempo. Leron Aún quedan piratas en la Costa de la Muerte, de Consuelo Jiménez, e van ler Asústate, Merche!, de Fina Casalderrey.
Tamén confesan que a lectura é unha das actividades favoritas da aula e que lles atraen as novelas realistas e que conten historias que lles poderían acontecer a elas.


Ánimo, rapazas!
Comentarios (0) - Categoría: club de aula - Publicado o 02-12-2011 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
O PCPI DE CARROCERÍA LE SOBREVIVES? DE FINA CASALDERREY

O alumnado de PCPI de Carrocería está lendo coa súa profesora Mª José Lorenzo Sobrevives?, de Fina CasAlderrey, que conta a historia de Moni, un rapaz de comportamento agresivo que vai mudar a súa conduta a partir dun acontecemento.
A novela está tendo éxito entre os lectores porque, como confesan estes, se senten identificados co protagonista e resúltalles familiar a súa maneira de falar.
A lectura é un medio que serve para reflexionar sobre as condutas, as relacións e os prexuízos. Axúdalles a comprender os outros, os diferentes e a coñecerse a si mesmos.
O próximo obxectivo é pórse en contacto coa escritora que xa pasou polo instituto non hai moito.


Ánimo, rapaces!
Comentarios (2) - Categoría: club de aula - Publicado o 02-12-2011 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0