Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O CLUB DE LECTURA SEGUE A NAVEGAR
O club de lectura Nós tamén navegar continúa a súa travesía: cando unha persoa embarca na aventura de explorar libros e compartilos queda enganchada para sempre.

Ollos de auga, de Domingo Villar, Meu Pé de Laranja Lima, de José Mauro de Vasconcelos, Historia del rey transparente, de Rosa Montero... son algúns dos títulos que acompañan as nosas e nosos navegantes neste Nadal.

E 13 mochilas viaxeiras cheas de libros, cómics, música, diarios e revistas tamén seguen o seu periplo na bisbarra limiá.

CISCADE ESTE VIRUS POLO MUNDO!!


Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 23-12-2008 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
XABIER XIL XARDÓN GAÑA O EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN

XABIER XIL XARDÓN, poeta das Redes Escarlata e vello alumno deste centro acaba de gañar a 1ª edición do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón coa creación Cando menos, a derrota, poemario épico sobre a perda na Limia.O curso pasado gozamos cos seus poemas no IES Lagoa de Antela.

Entrade no seu blog e gozade:

PARABÉNS!!!
O CADÁVER NO ESPELLO
Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 18-12-2008 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
VIVINDO A METÁFORA

Sobre uns versos de Manuel Rivas de O pobo da noite estoutros versos da xente miúda e poeta de 4º B

Coa terra, con esa negra terra
que cuspe, como sangue do peito, primaveras.


Uxía Alonso
Coa chuvia, con esa escura chuvia,
que esvara, coma luz no rostro, xuventude.

Mª Luisa Pérez
Co mar, con ese bravo mar,
que se enfurece, coma unha fera, batendo contra os cantís.

José Fernández
Coa espada, con esa afiada espada
que derrocha, como auga do río, sangue.

Isabel Fernández
Co mar, con ese azul mar
que arrastra, como unllas afiadas, tantos recordos…

María Barreiro
Coa vida, con esa nova vida
que nace, como mazá da súa mazaira, vidas.

Antía Valbuena
Aquel amor, aquel doce amor
que remata, como bágoas nos teus beizos, no olvido.

Úrsula Casado
Co caderno, co meu pequeno caderno
que oculta, como camiño de neve, medos.

Comentarios (1) - Categoría: OBRADOIROS LITERARIOS - Publicado o 14-12-2008 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

No 60º aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos queremos lembrar as persoas que loitaron e morreron por defender un mundo máis xusto:

Valentes e fráxiles, todas escribimos as historias
como espadas de carne e óso
como flores abertas mirando cara ao sol
coma ti, María Elena.

Doris Moromisato (escritora peruana)

Homenaxe a Mª Elena Moyano (peruana asasinada polo seu activo compromiso na loita polos dereitos d muller e contra a pobreza e a marxinación). Súas son estas palabras:

Ás veces penso
Que xa me mataron sen facelo

"A revolución é a afirmación da vida, da dignidade individual e colectiva; é unha nova ética. A revolución non é morte nin imposición nin tanto menos submisión nin fanatísmo. A revolución é unha vida nova, é convencer e loitar por unha sociedade xusta, digna, solidaria á beira das organizacións creadas polo noso pobo, respectando a súa democracia interna e levando no seu colo as novas sementes do poder dun Perú novo. Continuarei á beira do meu pobo, das mulleres, dos jovenes e dos nenos; continuarei a loitar pola paz en nome da xustiza social".

María Elena Moyano
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 10-12-2008 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
POEMAS PARA O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Memorial dos Foxos de Lugo

Teñen que se encher aínda
As cunetas
Con sangue de mestres e de obreiros.


O poeta ergueuse unha mañán
e non a viu.
saíu á rúa
e non a viu.
Fuxiu ao monte
e non a viu.
Volveu á casa
e non a viu.
E non tivo por onde camiñar
que non fosen cunetas e cunetas.

Mirou o caderno dos poemas
e non había ringleira
senón soamente cunetas.

Abriu os libros de poesía
e non había verso ningún
que non fose escrito entre cunetas.

“Por iso fun tantos homes
como mulleres tiven”:
Cunetas.
“Tantos monstros sós por sempre nosos”:
Cunetas.
“Cal brazos que te abracen
como tigres de tenrura”:
Cunetas. Cunetas. Cunetas
Cada verso era a beira dun suco
ao que tan só lle compría outro verso
para converterse en cuneta.
“Morderás esta lingua como o crótalo
e son o amor o amado e máis o amado”:
Cunetas.
“A túa boca violeta boreal e venérea”:
Cunetas.
“O destino quizais tracexará no tempo
unha historia de amor ocorrida en lituania...”
Cunetas. Cunetas. Cunetas.

Antes dos poemas de amor sen morte:
Cunetas.
Antes dos tigres de tenrura:
Cunetas.
Antes do celuloide en cinepoemas:
Cunetas.
Antes de todas as historias da lúa:
Cunetas.
Antes da túa boca violeta:
Cunetas.
Antes do son de Lugo Blues:
Cunetas. Cunetas. Cunetas.

Porque onde estivo un corpo
estivo a vida
e onde estivo a vida
están os versos
para sempre
convertidos en cunetas.

Acaso non se fixo a cuneta para a auga
senón a auga para a cuneta.
Acaso non se fixo a cuneta para o home
senón o home para a cuneta.
Acaso non se fixo a cuneta para a muller
senón a muller para a cuneta.
Acaso non se fixo a cuneta para o silencio
Senón o silencio para a cuneta.
Acaso non se fixo a cuneta para a morte
senón a morte para cuneta.

No lugar onde medran as silveiras
e discorre a auga pola estrada
houbo antes un suco de sangue
inzando de nomes as cunetas:
A cuneta Camilo Díaz Baliño
segundo se vén de Santiago.
A cuneta Juana Capdevielle
segundo se vén dende A Coruña.
A cuneta do paseado anónimo
saíndo de Lugo a todas partes.

Así se fixo o Plan Nacional de Estradas
de mil novecentos trinta e seis:
Onde a silva medraba con máis arte,
metralla.
Onde o amor era libre polas curvas,
metralla.
Onde a verba se elevaba na rasante,
metralla, metralla, metralla.

Deixando a vida polos sucos
sementáchedes tramo a tramo toda gavia
ata encher de esperanza cada foxo.
Que queimen o meu corpo cando morra:
que espareixen as cinzas por todas as cunetas:
que volvamos á vida todos xuntos:
aínda que sexa en verso compañeiros:
que volva pacer a dignidade en Lugo.
Que volva pacer a dignidade ao mundo.


Claudio Rguez Fer

DESAPARECIDOS

Qué extraño ser es ese
que no entiende
por qué escribo desapareció cuando alguien muere.
Que me enseñe la lista de sus muertos.
Todos en la cama, por supuesto
y a respetable edad.
Mire esta mía: cortados prematuros
pisoteados, maltrechos.
A mí no me tocó la suerte
de cerrarles los ojos ni rezar nueve días.
Fueron uno tras otro. Y por el miedo
y el dolor
y la angustia
no tuve tiempo de investigar
cómo
quién
ni por qué.
Pero me consta que desaparecieron.

Ana Mª Rodas (poeta guatemalteca)

Comentarios (1) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 07-12-2008 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS LIBROS!!
Sergio mándanos outra referencia lectora interesante, un novo enlace ateigado de libros cos seus respectivos comentarios: as alumnas e os alumnos opinan. Grazas pola información, Sergio. Por certo, con Gracia Santórum de Trafegando ronseis compartín estudos hai "algún" tempo.
Máis lecturas comentadas
Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 06-12-2008 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS A ESGALLA PARA ESCOLLER
Dende o IES Sánchez Cantón mándannos este enlace para acceder a un monte de libros con resumos e opinións!! Un achado impresionante. Dende aquí dámoslles as grazas e felicitámolos polo seu excelente traballo.
Libros no IES Sánchez Cantón
Comentarios (1) - Categoría: VARIOS - Publicado o 06-12-2008 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
ACRÓSTICOS

Aquí van os acrósticos máis valorados, o de Úrsula Casado e Anxo Quintairos, dous poetas que prometen.
Na imaxe colgamos o acróstico de Susana Do Nascimento Ralha, unha excelente alumna que se nos foi para Guadalajara unha tempada e que desexamos que lle vaia ben na súa estancia alí. Lembrámonos de ti, Susana, e esperamos que fagas amizades e, á volta, nos contes as túas aventuras. Unha aperta.

Úps (o que digo cando me equivoco)
Remendo (acción común en min)
Soños (moitos e variados)
Ulir (non ao fedento!)
Ledicia (valor indispensable)
Amor (sen palabras)

Cedo (o que non chego aos sitios)
Alerxia (enfermidade fastidiosa)
Sinxeleza (así son eu!)
Algarabía (habitual nos sitios que vou)
Durmir (ben prezado…)
Omm (Úrsula, reláxate!)

Verbas (necesítoas para vivir)
Achantaches! (sempre caio!)
Zarabeta (nos meus primeiros anos de vida)
Queixo (rico rico)
Uhh... (máis cara pensativa)
Esperar (non me gusta nada de nada)
Zoar (o vento nos días de inverno)

Adoro comer
Nunca me encho, o
Xamón faime soñar,
Ódio ter que parar.

Quixera poder viaxar
Utilizando o meu compás máxico
Indo dun lugar a outro
Navegando polos mares sen
Temón nin rumbo
A descubrir novo mundo
Investigando novas especies en cada
Recuncho do planeta
Onde poida vivir sen preocupacións e podendo
Ser libre!!!
Comentarios (4) - Categoría: VARIOS - Publicado o 03-12-2008 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal