Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PRESENZAS DE AQUÍ NA REDE
http://www.poesiagalega.com
Déixate navegar...Ana Parada foi alumna deste centro, procurade as súas poesías...
Comentarios (2) - Categoría: VARIOS - Publicado o 30-12-2007 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Creacións e recreacións

Recreación dunha poesía de Carlos Negro

As que cosen roupa clandestina para as fábricas
As que limpan o colexio, a oficina e o despacho/
As que maquillan a cara contra os puños do home
As que envexan as caídas dos nenos ó xogar
As que cociñan para o seu asasino
As que por medo ó maltrato non van nin á feira/ Raquel Trigo
As que cociñan para “o señor”
As que sofren en silencio
As que loitan consigo mesmas para seguir igual Elsa López
As que derraman bágoas de xeo, engaioladas,
As que dormen preto do golpe, prófugo,
As que teñen o latexo esmorecido/ Clara Aparicio
As que sorrín cando teñen ganas de chorar
As que coidan os fillos, os avós e os maridos
As que cociñan, planchan, lavan, mercan, recollen/ Vanesa Colmenero
As que pelan as patacas de pé na cociña
As que merendan pan con nocilla coma os nenos
As que non poden vivir/ Paula Cristina
As que piden perdón polo que non cometeron
As que lembran o fogar lonxe da terra
As que mostran ledicia sentindo inquedanza/ Esther Losada
As que loitan polo que debería ser delas
As que choran en silencio e non berran
As que morren sen ter vivido/ Hadrián

Para todas elas/
O noso verso insomne.



Gústame:
o pan con queixo
a noite sen nubes
as películas de medo
os saúdos con bicos
o chocolate con améndoas
o ruído do silencio/
o olor a gasoil
a pasta con nata
os xerseis con capucha
as noites cos amigos
o libro de suspense
a xeometría en matemáticas
o pan con aceite
miña nai con meu pai
as tardes enteiras con Curro/ Raquel Trigo
o arrecendo da herba cortada/ Esther Losada
a liberdade de expresión
o cariño dos meus/ Elsa...

Non me gusta:
O ceo sen estrelas
A patada na porta /
A nata no leite
Os zapatos desatados
As fazulas vermellas
Os coches pitando/ Paula Cristina
O día con vento
O Nadal sen luces
O paxaro sen canto
Miña nai sen sorriso
A tristura sen bágoas/ Raquel Trigo
Non dicir adeus/ Elsa

Lémbrome:
das noites sen durmir, de miña avoa, que sempre tiña galletas para ofrecerme, das escapadas ao río nas tardes de verán, do olor do pan recén feito/ do mirar a ningures, do mergullar no sono, das pisadas silenciosas no escuro, do arrecendo do vento, pero non me lembro de min, de ter estado/ Clara Aparicio/ do arrecendo a terra húmida, do coche de meu pai, dos xogos co meu can, da boina do meu avó, da neve naqueles días.../ Paula Cristina/ das visitas (obrigadas) á igrexa, nas que me escapaba con facilidade, dos traballos no taller de meu pai, do son da pandeireta da miña bisavoa, dos paseos en moto co meu avó, dos veráns na praia, dos invernos na neve, desa luz que dá a neve.../Raquel Trigo...
Comentarios (2) - Categoría: OBRADOIROS LITERARIOS - Publicado o 26-12-2007 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
CLUB DE LECTURA 1º BACHARELATO
Comentando a novela Baixo mínimos e decidindo o nome do club
Comentarios (4) - Categoría: VARIOS - Publicado o 25-12-2007 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
CLUB DE LECTURA 4º DA ESO
Comentando Moonkid e Liberty
Comentarios (50) - Categoría: VARIOS - Publicado o 20-12-2007 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
GUSTOUCHE A PELÍCULA "A LINGUA DAS BOLBORETAS?
Deixa aquí o teu comentario
Comentarios (15) - Categoría: VARIOS - Publicado o 19-12-2007 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
O RECUNCHO DAS PALABRAS
Procura a-s palabra-s máis bonitas do galego e apúntaas aquí.
Comentarios (80) - Categoría: VARIOS - Publicado o 17-12-2007 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
MICRORRELATOS GAÑADORES

1º PREMIO CATEGORÍA 1º-2º ESO

Juan Luís Abuín Vences, de 2º D – ESO

Ansias de voar
Nun lugar preto de Galicia vivía Gracia, unha bolboreta que naceu orfa. A súa nai e o seu pai foran capturados por un rapaz que os cazara co seu cazabolboretas novo. Con todo estaba sempre leda; aínda que tiña un grave problema, non sabía voar e non tiña cartos para a escola de voo nin para pagar titor persoal, e seu tío Blas, con quen vivía, tampouco tiña cartos, e non lle podía ensinar porque era un caracol. Cada vez tiña máis ansias de voar e pecou de impetuosa, botouse dende unha árbore, e ó pasar un coche esmagouna contra a matrícula.
(Ás veces é mellor tomar as cousas con calma)

Anónimo #46#.




1º PREMIO CATEGORÍA 3º-4º ESO

Victoria Feijóo González, de 4º C – ESO

Collo as miñas bonecas e saio correndo a xogar á praza, miña nai na cociña espérame alegre cun bico, mentres me di que non tarde. Na rúa atópome cunha rapaza que orgullosa vai cun rapaz, ben amarrados. Ao voltear a esquina, unha muller mírame dende o seu coche, na beirarrúa cruzo e vexo unha señora maior que pasea un can. Xa na praza sento nun banco mentres observo a rapaza que xoga fronte a min coas bonecas...fai tan pouco eu era ela...

Xoana a Tola

Comentarios (24) - Categoría: VARIOS - Publicado o 15-12-2007 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS MICRORRELATOS NADAL



CATEGORÍA 1º E 2º DA ESO:

1º PREMIO

“Ansias de voar” de Juan Luís Abuín Vences, de 2º D – ESO, presentado baixo o seudónimo Anónimo #46#.

ACCÉSIT:

“Sen título” de Ledicia Prieto Vázquez, de 2º A – ESO, presentado baixo o
seudónimo Xoaniña.

CATEGORÍA 3º E 4º DA ESO:

1º PREMIO

“Sen título” de Victoria Feijóo González, de 4º C – ESO, presentada baixo o seudónimo Xoana a Tola.

ACCÉSIT:

“Peneirando…” de Úrsula Casado Vázquez, de 3º C – ESO, presentada baixo o seudónimo Keti.

NORABOA!!
Comentarios (5) - Categoría: VARIOS - Publicado o 14-12-2007 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
ANÍMATE A RESPONDER!!
Gústache a poesía?

Que tipo de temas che gustan?

Gústache a
narrativa?

Que tipo de temas che gustan?, de medo, de relacións, de ciencia-ficción, sociais...?

Escribe as túas suxestións.



Comentarios (29) - Categoría: VARIOS - Publicado o 13-12-2007 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Poesía escollida
Herdaremos a terra e, aínda que non a sabemos fecundar, teremos caseiros.
Xoán C. Rodríguez (Occidencia)

Non sei moi ben que dicir. Talvez, que non che quero dicir nada. Se cadra a propia opacidade das palabras abonda. Estou aquí desde sempre, desde nunca. Á espera. De ninguén.


De tomar posesión de min mesmo.

Xoán C. Rodríguez


ELA SÉNTESE A VECES…

Ela séntese a veces
como cousa olvidada
no rincón escuro da
casa
como froito devorado
dentro
polos paxaros rapaces,
como sombra sen rostro
e sen peso.
A súa presenza é apenas
vibración leve
no aire inmóbil.
Sente que a traspasan
as miradas
e que se volve néboa
entre os torpes brazos
que tentan circundala.

Quixera ser sequera
unha laranja xugosa
na man dun neno
-non cortiza baleira-
unha imaxe que brilla
no espello
-non sombra que se esfuma-
e unha voz clara
-non pesado silencio-
algunha vez escoitada.

Alaide Foppa, poeta guatemalteca. Foi asasinada nos primeiros anos da década dos 80. É autora de varios libros.



Se o mar morrer o son da caracola
Perderase no eco que non volve
Se o mar morrer non quedarán metáforas
Para o amor para a morte para a vida
Se o mar morrer os ríos suicidas
Coma min nos teus ollos cara ao mar...

Marica Campo

Comentarios (1) - Categoría: VARIOS - Publicado o 13-12-2007 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal