O venres, 25 de novembro, celébrase o Día Mundial contra a Violencia de Xénero.
Vía Trafegando ronseis chégannos estes vídeos, unha campaña contra a homofobia e unha curtametraxe, Propiedad privada, contra o micromachismo.
Na páxina web do STEG existen propostas didácticas para traballar nas aulas sobre este tema.
Aquí vemos algunhas integrantes do club de 2º ciclo e BAC comentando a novela A miña planta de laranxa lima, de José Mauro de Vasconcelos.
Quen non se emociona coa historia dun menino da rúa traste e sensible como é o Zezé?
Novas lecturas para o club: El manuscrito de piedra, de José María Jambrina, historia que nos leva á Salamanca medieval, con intrigas e asasinatos que debe resolver Fernando de Rojas, autor d'A Celestina. Entrevista ao escritor.
Sunset Park, tradución galega da novela de Paul Auster, unha novela con conflitos derivados das relacións familiares. Para saber máis aquí.
Celebramos a 1ª sesión do club de lectura e, aínda que eramos poucas, o debate foi interesante e controvertido. Para algunhas As miñas tardes con Margueritte resultou unha novela de aprendizaxe con personaxes entrañables e para outras unha novela previsible carente de atractivo. Con respecto a El héroe destacar a lección sobre mitoloxía e simboloxía que nos regalou Rosa, que nos enganchou coa versión clásica da orixe de Hércules-Heracles e os traballos que lle obrigou a abordar Euristeo, presionado pola pérfida Hera-Xuño. Resaltamos do cómic de David Rubín a inclusión de elementos actuais na novela gráfica e a factura impecable das secuencias.