Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O CLUB DE 1º CICLO DE ESO

O club de 1º ciclo de ESO (na foto faltan algúns integrantes) len El rey de los mendigos y otros cuentos hebreos, de Peninnah Schran. Mª Xosé Lorenzo coordina este grupo de xoves lector@s.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 19-11-2010 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE 2º CICLO DE ESO LE UNHA BOLSA DE CANICAS, DE JOFFO

O club de lectura de 2º ciclo de ESO, coordinado por Uxía NOgueira, le Unha bolsa de canicas de Joseph Joffo.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 19-11-2010 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
PROMOCIÓN VISUAL DE TODO É SILENCIO DE MANUEL RIVAS
Que maneira máis orixinal e plástica de promocionar a nova novela de Manuel Rivas, Todo é silencio.


Tomamos a referencia prestada de Brétemas.

Comentarios (0) - Categoría: PARA VER - Publicado o 09-11-2010 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
NATALIE LEU UN CONTO DE POE NA BIBLIOTECA
Esta semana celebramos o Samaín por todo o alto: escenificáronse contos de medo realizados polo alumnado de teatro, celebrouse un concurso de cabazas, déronse os premios do concurso de contos de medo... Para iso decorou o alumnado de Plástica o corredor e a biblioteca con motivos de medo e creamos ambiente para as lecturas.

Máis informacióN, fotos, vídeos e contos no blog do EDl O FALAR NON TEN CANCELAS e da revista NO LÍMITE.


Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 07-11-2010 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
UXÍA NOGUEIRA PARTICIPU NOS III ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES EN SANTIAGO

A nosa compañeira e membro do equipo da biblioteca, Uxía Nogueira, participou nos III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia. A súa exposición describiu as accións lectoras que se organizan dende a biblioteca para toda a comunidade educativa. Foi unha intervención lúcida e moi gráfica. Os contratempos xurdidos por algún "incidente técnico" non lle fixeron perder os nervios e resistiu estoicamente. Parabéns, compañeira!
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 01-11-2010 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
A BIBLIOTECA CON SABOR A DOCE

Para que ninguén quedase sen probar os petiscos, organizamos quendas de 10 persoas no anexo da biblioteca. O éxito márcase nas caras dalgunhas persoas, como se pode comprobar.
Comentarios (1) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 01-11-2010 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
NOELIA VALENCIA MARTÍNEZ GAÑOU O CONCURSO DE PEGATINAS PARA PROMOCIONAR A SEMANA DA BIBLIOTECA

Tamén se repartiu un adhesivo, produto dun concurso para promocionar a biblioteca, a toda a comunidade educativa. A gañadora do concurso foi Noelia Valencia Martínez, de 3º B de ESO, que recibiu un pen e un libro de mans da vicedirectora Rosa de Ávila entre calorosos aplausos. Parabéns, Noelia.
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 01-11-2010 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
DOCES NA BIBLIOTECA

A semana pasada celebramos o día da biblioteca. O PCPI de Cociña, comandado polo profesor Álex Pires, elaborou uns petiscos doces para @s visitantes da biblioteca. Grazas pola vosa colaboración, futur@s cociñeir@s.
i
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 01-11-2010 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0