Mañá celébrase o Día Mundial contra a SIDA, unha enfermidade que sangra o continente africano e que condena aos que a padecen á discriminación, o rexeitamento e o silencio.
O xoves 25 de novembro 13 membros do club de profes celebramos a primeira tertulia literario-gastronómica. Nesta primeira sesión, ademais de intercambiar impresións sobre Veleno tinto, de Ramón Carredano, e La evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly, degustamos as delicias (fixádevos no menú) que nos preparou o alumnado do PCPI de Cociña, comandados polo seu profesor Álex. Foi unha xornada moi moi pracenteira.
Destacamos a discusión que provocou a novela da escritora estadounidense: a súa suposta calidade, a intención feminista, a influencia mediática na promoción, a evolución do ser humano fronte ao resto dos seres do reino animal... Tamén o personaxe do avó suscitou controversia, pois para uns era un home asocial e egoísta, que só se preocupaba pola súa fección; e, para outros, era un ser entrañable e encantador.
Canto a Veleno tinto, case todo o mundo coincidiu en que se trataba dunha novela xuvenil de intriga, de estrutura impecable e con moito humor, aínda que a alguén lle parecía algo previsible. Falando da trama desta novela retrocedemos á Idade Media e revivimos as intrigas polo poder.
Grazas a Álex e todo o seu equipo por ese menú tan rico. Grazas ás persoas que asistiron e, en especial, a María Cerradelo por atreverse a internarse nun medio hostil e saír ilesa.
O xoves 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, alumnado e profesorado concentrámonos no patio do instituto para realizar un acto en homenaxe ás vítimas.
O Departamento de Plástica confeccionou uns paneis onde figuraban os nomes das 64 mulleres mortas no que vai de ano e alumnado de 3º de ESO formou as frases VIOLENCIA 0 e RESPECTO 10.
O Departamento de Dinamización Lingüística e o equipo da Biblioteca escolleron e crearon textos alusivos ao tema que foron lidos por profesorado e alumnado.
Desafiando o intenso frío, mulleres e homes uníronse para manifestar o rexeitamento a esta lacra social e reivindicar o respecto e a igualdade nas relacións entre sexos.
Tamén se realizou unha proposta didáctica con actividades por nivel educativo para abordar nas aulas o tema da detección e prevención da violencia de xénero.
É necesaria unha educación en valores que forme persoas integrais, unha educación que deseñe estratexias didácticas que rompan tópicos, desenmascaren estereotipos, combatan prexuízos e eliminen as desigualdades.
No blog O falar non ten cancelas encóntrase o último vídeo. Agradecemos a Miguel e Cristian a colaboración na gravación dos vídeos.
Interesantísimo vídeo dunha campaña internacional contra a violencia sobre as mulleres promovida pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID)e outras organizacións. Chéganos vía Trafegando ronseis.
Achégase o 25 de novembro, unha data que non debería existir pois iso significaría que a violencia contra as mulleres e contra todo o que se asocia con ser muller cesou. Lamentablemente iso non é así, a violencia persiste e debemos seguir denunciándoa, combaténdoa e desenmascarándoa. E nas clases o noso deber como educador@s é abordala dende todas as súas formas, facela visible e, por suposto, educar para evitala, educar para construír unhas relacións baseadas na igualdade e na confianza. Recoñecer as emocións, afrontar os conflitos, escoitar, expresar as opinións, pactar, son algunhas das accións que contribúen a formarnos como persoas.
Este poema da poeta nicaraguana Gioconda Belli é extraordinario, lede e escoitade.
Amanece con pelo largo el día curvo de las mujeres
que poco es un sólo día hermanas!
que poco para que el mundo acumule flores frente a nuestras casas?
De la cuna donde nacimos hasta la tumba donde dormiremos
toda la atropellada ruta de nuestras vidas
deberían pavimentar de flores para celebrarnos
Que no nos hagan como la princesa Diana que no vió ni oyó
las floridas avenidas postradas de pena de Londres
nosotras queremos ver y oler las flores?
Queremos flores de los que no se alegraron
cuando nacimos hembras en vez de machos
Queremos flores de los que nos cortaron el clitoris
y de los que nos vendaron los pies?
Queremos flores de quienes no nos mandaron al colegio
para que cuidaramos a los hermanos y ayudaramos en la cocina?
Flores, del que se metió en la cama en la noche para violarnos
mientras nuestra madre dormía?
Queremos flores del que nos pagó menos por el trabajo más pesado
y del que nos corrió cuando se dió cuenta que estabamos embarazadas?
Queremos flores del que nos condenó a muerte
forzándonos a parir a riesgo de nuestras vidas?
Queremos flores del que se protege del mal pensamiento
obligándonos al velo y a cubrirnos el cuerpo
del que nos prohíbe salir a la calle sin un hombre que nos escolte?
Queremos flores de los que nos quemaron por brujas y nos encerraron por locas
flores del que nos pega, del que se emborracha,
del que se bebe irredento el pago de la comida del mes?
Queremos flores de las que intrigan y levantan falsos
flores de las que se ensañan contra sus hijas, sus madres y sus nueras
que albergan ponsoñas en su corazón para las de su mismo género?
Amanece con pelo largo el día curvo de las mujeres
queremos flores hoy cuanto nos corresponde
el jardín del que nos expulsaron?
Cun pouco de retraso pero ao fin chegaron as fotos das cabazas premiadas no Samaín.O concurso foi convocado polo Departamento de Plástica en colaboración coa biblioteca e o EDLG. Tania Montero, de 1º de ESO, e Vanesa Alonso, de 3º de ESO, recolleron os premios na biblioteca.