Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PARA LER E VER E PENSAR
Do Plambe chéganos esta guía interesante.


Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 27-11-2009 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZOU A TRAVESÍA LECTORA

Os clubs de lectura do IES Lagoa de Antela iniciaron a súa travesía pola comarca limiá.
No 1º ciclo len con Mª José Los escarabajos vuelan al atardecer, de María Gripe.
En 3º da ESO len con María varios relatos.
En 4º da ESO len con Uxía Chamábase Luís, de Marina Mayoral.
En 1º de BAC len con Carmen relatos de Arraianos, de Xosé Luís Méndez Ferrín.

E seguiremos con A cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre; A pomba e o degolado, de Fina Casalderrey; O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz; Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo; e moitos máis…

En breve comezaremos a andaina co club do profesorado. Algún dos títulos propostos son: El antropólogo inocente, de Nigel Barley; Sardinia blues, de Flavio Soriga; Xente ao lonxe, de Eduardo Blanco-Amor; Persépolis, de Marjana Satrapi;; O club da calceta, de María Reimóndez...
Comentarios (4) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 27-11-2009 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS FOTOS DO 25 N
Neste caso as imaxes valen máis cás palabras.

Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 26-11-2009 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
COMMEMORAMOS O 25 DE NOVEMBRO

O IES Lagoa de Antela , como é tradición, conmemorou o 25 de Novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero.
A actividade tiña como obxectivo visibilizar a violencia de xénero dende un enfoque didáctico e coeducativo e logrou implicar á case totalidade da comunidade escolar.
O alumnado dos diferentes grupos de eso confeccionou varios patchwork con anacos de tea para expoñer o día 25 de novembro. escribiron palabras en positivo como igualdade, respecto e convivencia, o título da actividade (25 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, TOLERANCIA 0. SI AO RESPECTO, NON AO MALTRATO) e os nomes das vítimas mortais do presente ano. Alumnas e alumnos coseron os anacos de tea na propia aula, actividade compartida por alumnas e alumnos.
A idea foi promovida polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, contou co apoio da dirección do centro e foi coordinada polas profesoras de Plástica e titoras e titores.
Xunto coa exposición dos mosaicos no patio leron textos alusivos ao tema alumnado de 1º de Bacharelato e profesorado.

Reproducimos dous textos:

“O alcohol pode actuar de moitas formas nas agresións físicas e sexuais, como un desinhibidor para os homes, como unha escusa para a súa conduta despois de actuar. Pero, na maioría das ocasións, os que utilizan o alcohol como escusa, non acostuman realizar outros tipos de agresións. O home que está bebido non lle pega ao seu xefe, aínda tendo problemas no traballo, nin ao porteiro da casa, nin ao veciño, só á muller”.


Para frear as condutas que indican un principio de control cómpre lembrares, muller, que…
Non debes permitir que a túa parella controle a túa vida.
Ninguén ten dereito sobre a túa aparencia física, roupa, maquillaxe…
Non debes deixar de facer cousas que che gustan por non molestar a túa parella.
As relacións sexuais deben ser consentidas polos dous. O teu corpo é teu e ti decides sobre el, a túa parella non ten dereito sobre el.
A túa parella debe comprender que non é o centro da tua vida, o centro es ti.
Saír con alguén non implica pasar todo o tempo na súa compañía.
As opinións dos dous valen igual aínda sendo diferentes.
O amor non consiste en sacrificar a túa vida por ninguén e renunciar a vivir e realizarse como persoa.
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 26-11-2009 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA A TRAVESÍA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Puxéronse a navegar 11 mochilas viaxeiras na comarca limiá. No seu interior van materiais para que goce toda a familia: para os máis cativos, para xente moza e persoas que deixaron atrás a xuventude pero que mantén intacta a curiosidade. Literatura para soñar, para pensar, para viaxar, para coñecer, para emocionarse, literatura para non naufragar…

Conteñen:
1 exemplar da revista No Límite, nº 15, do curso pasado
1 cómic en castelán e 1 en galego
1 cd de música galega
1 libro d'Os Bolechas para lectoras e lectores miúdos
1 libro de aventuras de Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto, Cartas de inverno1 libro xuvenil en castelán
1 libro de cultura clásica sobre mitoloxía e modos de vida da época dos romanbos
1 libro de Historia de Galicia
1 libro de literatura para bacharelato e adultos: Pepa, a Loba, de Carlos Reigosa; O club da calceta, de María Reimóndez...
1 diario de lecturas
1 marcador
1 pin
Comentarios (0) - Categoría: MOCHILAS VIAXEIRAS - Publicado o 25-11-2009 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
ACHÉGASE O 25 DE NOVEMBRO, DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A través de Trafegando ronseis coñecemos a existencia deste vídeo coa canció de El sueño de Morfeo contra a violencia de xénero. Aplaudimos iniciativas coma esta.
.

TOLERANCIA 0

Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 20-11-2009 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
PEAXES, DE SANTIAGO LOPO

Dende a cabina de peaxe onde traballa, un caixeiro vai imaxinando as vidas das persoas que se cruzan con el. A música que escoitan, os coches que conducen, as conversas por teléfono, as expresións … sérvenlle para construír e mesmo inventar as súas vidas. Un libro interesante.

“Apareceu Ibiza, coas sempiternas caixas de cartón. Que olleiras trae, debeu andar de troula toda a fin de semana.
- ...It’s beeb a hard day’s night ...
- Fáltanche cincuenta céntimos.
- Ah, si, perdoa –dime rebuscando no peto.
- Foi unha fin de semana dura, eh?
- Aí falaches, tanto se me nota?
- Mellor que volvas poñer os lentes de sol –aconséllolle cun sorriso cómplice.
- Boa idea. Non durmín nada. Mulleres, xa me entendes. Dásme o recibo? Ata logo.”
Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 16-11-2009 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA A ANDAINA DO CLUB DE LECTURA

Comeza a andaina do club de lectura!!

HORARIO DO CLUB DE LECTURA “NÓS TAMÉN NAVEGAR”

1º e 2º ESO os MARTES no 1º recreo (10,10 - 10,30)
• 3º da ESO os XOVES no 1º recreo (10,10 – 10,30)
• 4º da ESO os XOVES no 2º recreo (12, 10 – 12,30)
• 1º de Bac os MARTES no 2º recreo (12, 10 – 12,30)


COORDINAN

Mª José Lorenzo: 1º ciclo da ESO.
María Fernández: 3º da ESO.
Uxía Nogueira: 4º da ESO.
Carmen Gómez: 1º de BAC.

LUGAR DE REUNIÓN: ANEXO DA BIBLIOTECA

Máis de 30 persoas inician a súa travesía lectora este curso, navegaremos por todas as augas e atracaremos en todos os peiraos
Comentarios (1) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 16-11-2009 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRAMOS O SAMAÍN NA BIBLIOTECA
Celebramos o Samaín na biblioteca con:
- Contos de medo creados e escenificados polo alumnado de teatro, a lectura dun conto da alumna Alicia de 1º da ESO e a lectura por parte de Mayte de 2º de BAC do relato "Sobre da morte do Bieito", de Rafael Dieste.
- Unha exposición de cabazas simpáticas e terroríficas confeccionadas polo alumnado en Plástica.
- Unha exposición de libros de medo.

Tamén:

- Adornamos a biblioteca e o corredor con motivos de terror.

- E degustamos os doces elaborados polo alumnado do PCPI de Cociña (que ricos!).


Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 08-11-2009 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS DE MEDO PARA ESTAS DATAS DO SAMAÍN

Cando petan na porta pola noite, catro historias que arrepían coma aquelas que se contaban ao pé da lareira nas noites de inverno. Relatos de medo e suspense para non durmir. Xabier P. Docampo.

“Botei uns días cismando dentro de min se sería certo o que sucedera ou tería sido un mal soño, cando unha noite que viña de Mos, ao pasar pola Ponte Vilar volvín ver a vella. De primeiras non vin máis que a luz do lume que vai canda ela, porque se botou de riba de min e arrincoume o fígado en menos do que che conto, e mentres eu agarraba e apertaba a barriga entre as máis terribles dores que ten sufrido humano ningún, el acomía a miña víscera coma se fose un manxar. Berrei coma un condenado polas dores e polo medo. Vomitei e cuspín sangue toda a noite.” Fragmento de “O Fornadas”.

A pantasma de Canterville
, unha familia norteamericana merca o pazo enmeigado de Canterville. Polas noites aparece o espectro de Sir Simon de Canterville e as reaccións da familia alporiza a pantasma. Oscar Wilde.

A noite das cabras do aire, Chisco é ese heroe que debe enfrontarse aos seres que buscan saciar os seus apetitos máis horrendos. Lázaro Enríquez.

Dr. Jekyll e Mr. Hyde, un home experimenta no seu laboratorio e acaba transformándose no ser máis vil para cometer actos terribles. R. L. Stevenson.

A pantasma telefónica, un grupo de rapaces notan a presenza dunha pantasma nun albergue, a pantasma entra nos seus móbiles, no ordenador... Xabier A. Barreiro.

O escarabello de ouro, sete contos de misterio e terror que provocan arrepío n@s lector@s. Edgar Allan Poe.

Pel de lobo, a lenda das mulleres loba cobra vida nun relato apaixonante de misterio que pon os pelos de punta. Niinguén fica indiferente. Xosé Miranda.
Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 02-11-2009 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal