Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UN BOSQUE CHEO DE FAIAS: ALEGATO CONTRA O RACISMO
Un bosque cheo de faias
Francisco Castro

A historia conta como un grupo de rapaces se enfronta a unha banda de ultras neonazis que lle dan unha malleira a un amigo inmigrante senegalés. Entre eles tamén se agocha a dúbida e agroma o conflito.

“Unha noite, os postos da feira ambulante que hai onda o concello apareceron queimados, e uns encapuchados bateran nun señor magrebí que vendía alfombras pola rúa. Todos os ataques eran iguais: catro ou cinco individuos coa cabeza tapada asaltaban no medio da noite a persoa que quixesen agredir. Case sempre en moto e sempre coas caras tapadas. Había nazis soltos pola cidade.”
Comentarios (2) - Categoría: PARA LER - Publicado o 06-11-2008 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
MURAKAMI EN GALEGO: TRAS DO SOLPOR

Tras do solpor
Haruki Murakami

O escritor xaponés traza un relato que transcorre nunha noite, atmosfera de horas sen luz en que as historias de varios personaxes se cruzan creando unha sensación de desacougo. Dúas irmás diferentes configuran o eixo narrativo sobre o que xiran as demais personaxes. O racional mestúrase co irracional e produce o mesmo efecto narcotizante que emanaban as outras novelas máis coñecidas traducidas ao castelán: Kafka en la orilla e Tokio Blues.
Comentarios (1) - Categoría: PARA LER - Publicado o 06-11-2008 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA A AVENTURA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Comeza a aventura das mochilas viaxeiras, proxecto iniciado o curso pasado que ten como obxectivo achegar os fondos da nosa biblioteca ás familias. Con elas vai un diario de lecturas para recoller opinións.

Incluímos títulos como:
Memoria para Xoana, de Xoana Torres
Veleno tinto, de Ramón Carredano
Os cárceres do esquenzo, de Inma Antonio
O río e a lagoa, de Steve Parker
Cómics da colección de Astérix na versión galega
Libros da colección Historia Universal en galego
Libros da colección de Manolito Gafotas, de Elvira Lindo
Revista No Límite nº 14
CD de música: Cantos na maré
Comentarios (0) - Categoría: MOCHILAS VIAXEIRAS - Publicado o 04-11-2008 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal