Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LEMOS MADE IN GALIZA CON 1º DE BAC

Para a semana celebraremos a 1ª tertulia-debate en BAC a partir da lectura de Made in Galiza de Séchu Sende.

Neste blog da profa encontraredes unha moi completa guía de lectura sobre o libro.


Tamén hai unha guía de lectura moi completa na páxina da Coordinadora dos ENDL.

Este é o blog de Séchu Sende, Made in Galiza, por se queredes entrar a curiosear, ademais da faceta de escritor ten habilidade para o debuxo.

Tamén vos recomendamos a visión do documental Linguas cruzadas, de Mónica Ares e María Yáñez para ampliar información sobre o tema.



Comentarios (0) - Categoría: club de aula - Publicado o 25-10-2012 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA
Celebraremos o Día da Biblioteca cun xogo de busca (entrar no blog da Biblioteca),
este cartel e unha exposición de fotos das actividades do club o curso pasado.


Comentarios (1) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 23-10-2012 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
O C.F. BARCELONA CREA UN CLUB DE LECTURA PARA OS SEUS XOGADORES DE BASE

Esta noticia ben merece un oco no noso blog, por fin o deporte abraza a lectura abertamente.

Na páxina web da Cadena Ser encontraredes máis desenvolvida a noticia.

Oxalá este "vicio" se estenda como unha epidemia por todos os recunchos do planeta e se incruste nas veas das persoas até facerse adicción.
Comentarios (1) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 21-10-2012 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
GALIX HOMENAXEA A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

O noso querido Agustín, que tanto ten feito pola normalización e a literatura no noso país, segue a recibir homenaxes. GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) nomeou a Agustín Fernández Paz Socio de Honra e o escritor agasallou os presentes cun conto que está neste blog: Abrir as portas.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 21-10-2012 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA A ANDAINA DO CLUB DE PROFES

Comezamos o club de profes con estas dúas novelas:

El ladrón de arte de Noah Charney: historia chea de suspense co mundo da arte como escenario. O roubo dun retábulo de Caravaggio e un cadro de Malevich marcan o inicio da investigación de dous inspectores de policía.

Entrevista ao autor:

A miña planta de laranxa lima de José Mauro de Vasconcelos: unha historia conmovedora, que inxecta emoción nas veas, que toca o corazón.
Comentarios (2) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 10-10-2012 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA A ANDAINA DO CLUB DE LECTURA

Comezamos esta semana a andaina do club de lectura.

Como se aproxima o Samaín, navegaremos rumbo á Terra do Medo, onde residen seres que arrepían ( a Santa Compaña, o lobishome, o demo, a xacia, a lamia, o Alén… ,) e meterémonos na boca do inferno…

Relatos de As fronteiras do medo de Agustín Fernández Paz serán a nosa primeira parada e, se sobrevivimos, iremos ao encontro de Xabier P. Docampo e os seus terroríficos relatos de Cando petan na porta pola noite.

Tamén na aula inventaremos e leremos contos de medo habitados polo terror e o espanto.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 10-10-2012 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal