Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O CLUB DE 1º DE BAC BOTA A ANDAR

Reunirse cos membros do grupo de 1º de BAC é toda unha experiencia, basta con botar unha pregunta ao aire para que elas e eles se lancen a falar. O tempo transcorre rápido e non chega, toca o timbre e ninguén se levanta, dá rabia ter que dar por concluída a sesión. A min enriquécenme, teñen moito que achegar e parece que todo queda por dicir.

Nesta foto faltan algunhas persoas, síntoo.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 23-10-2010 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA
O 24 de outubro é un día especial, o DÍA DA BIBLIOTECA, e nós queremos convidar a todo o mundo a colaborar no seu funcionamento, a participar nas súas actividades,a facer uso dela e, sobre todo, a ler. para iso escollemos este proverbio chinés que fala dos libros.


Un libro aberto é un cerebro que fala.
Un libro pechado é un amigo que agarda.
Un libro esquecido é unha alma que perdoa.
Un libro destruído é un corazón que chora.



Comentarios (4) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 19-10-2010 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE LECTURA BOTA OS REMOS

Máis de trinta persoas forman parte xa dos diferentes grupos do noso club.

O club de 1º ciclo lerá: Lúa de Senegal, de Agustín Fernández Paz, e El rey de los mendigos y otros cuentos hebreos, de Peninnah Schran.

O club de 2º ciclo iniciará a súa travesía con: Pel de lobo, de Xosé Miranda, e Los armarios negros, de Joan Manuel Gisbert.

En BAC comezamos con relatos de Manuel Rivas ("A lingua das bolboretas", de Que me queres, Amor?; "A barra de pan", de Ela, maldita alma; e "Que non quede nada", de Un millón de vacas) e o relato "O xogo da guerra", de Vento ferido do escritor limia Carlos Casares.


E seguiremos con Fina Casalderrey, Marina Mayoral, Rosa Aneiros...

E participaremos nas tertulias ourensás con As sete mortes, de Carlos Vila Sexto.

E navegaremos, e navegaremos...
Comentarios (1) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 15-10-2010 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
ESTA SEMANA COMEZAMOS COS CLUBS DE LECTURA

Esta semana botamos a andar un curso máis.
O profesorado xa ten á súa disposición os dous primeiros libros: Veleno tinto, de Ramón Carredano unha divertida historia de intriga na Idade Media) e La evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly (unha novela que ten como referente a Darwin e como protagonista unha rapaza inqueda, curiosa, que se rebela contra o papel imposto da sociedade tradicional en que lle tocou vivir). Máis información: El País .


Comentarios (4) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 14-10-2010 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
AGARDAMOS AS NOVELAS DE MANUEL RIVAS, IOLANDA ZÚÑIGA E DIEGO AMEIXEIRAS

Roubamos esta noticia d'O Xornal porque é de interese lector: Manuel Rivas bate unha marca histórica de Xerais con Todo é silencio (12.000 de exemplares nunha tirada). Agardamos como auga de maio esta novela coa que Manuel Rivas se interna no xénero negro.
Agardamos, tamén, as outras dúas novelas de que fala a noticia: Periferia, de Iolanda Zúñiga; e Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, un vello coñecido noso, autor de Baixo mínimos e O cidadán do mes, novelas ambas do xénero negro.

Para ler máis sobre esta noticia: O Xornal.
Comentarios (1) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 08-10-2010 08:19
# Ligazón permanente a este artigo
MARIO VARGAS LLOSA GAÑA O PREMIO NOBEL DE LITERATURA

O escritor peruano Mario Vargas Llosa gaña o premio Nobel de literatura.
A casualidade fixo que a semana pasada rematase de ler un libro seu que me impactou, La ciudad y los perros. A novela está baseada na súa adolescencia ten un ritmo tremendo. Que maneira de escribir!
Outra das novelas que lin, que me enganchou de principio a fin e que desacouga, foi La fiesta del chivo, ambientada na ditadura de Trujillo.
Para saber máis: Mario Vargas LLosa
e Xornal


Agustín Fernández Paz
(autor de novelas como O centro do labirinto, Aire negro e As flores radioactivas entre outras)escribe un artigo no mesmo diario sobre esta noticia:
LER ERA UNHA FESTA
Para os lectores da miña xeración, que fomos mozos nos sesenta do pasado século, a irrupción neses anos dos que logo se chamarían “os autores do boom lationamericano” supuxo unha marabillosa conmoción. En pouco tempo, favorecida pola efervescencia cultural de Barcelona e pola chegada de edicións mexicanas e arxentinas de determinados libros, atopámonos nos andeis das librerías coas obras duns autores novos que non tiñan nada que ver co que leramos anteriormente. Así coñecemos a Gabriel García Márquez, Julio Cortázar, Carlos Fuentes, Manuel Puig, Guillermo Cabrera Infante… E, con eles, chegáronnos tamén algúns dos seus inmediatos predecesores, como Juan Rulfo, Jorge Luis Borges, Alejo Carpentier ou Lezama Lima.

Que festa, aqueles anos! Pasar de Cien años de soledad (grazas, XGG!) a Rayuela, de El Aleph a La maldición de Rita Hayworth, de Pedro Páramo a La muerte de Artemio Cruz… Fomos privilexiados por vivirmos ese momento. Ler era unha festa, xaora que si!

Entre os autores do boom, o peruano Mario Vargas Llosa salientaba de xeito especial. Eu ficara fascinado coa lectura de La ciudad y los perros, novela de iniciación que reflectía unha realidade da que nada sabiamos, prolongada en boa medida nos relatos de Los cachorros. Mais o abraio maior chegou coa lectura das súas novelas posteriores, La casa verde e Conversación en La Catedral. La casa verde pareceume de tanto interese que a relín máis dunha vez e fixen esquemas da súa estrutura para comprender como estaba feita.
Para ler todo o artigo: LER ERA UNHA FESTA
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 08-10-2010 08:06
# Ligazón permanente a este artigo
IMOS COMEZAR A ANDAINA DOS CLUBS DE LECTURA
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 05-10-2010 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal