Celebramos a 1ª tertulia literaria en Ourense organizada pola Concellaría de Educación. Os membros dos clubs de lectura de 1º de BAC do noso instituto compartiron impresións cos membros dos clubs do Cidade de Antioquía e Allariz no Liceo Ourensán. Durante case hora e media discutíronse temas da novela As sete mortes de Carlos Vila Sexto: a inmortalidade, as relacións entre os protagonistas, Xacobe e Natalia; o destino imposto, a mitoloxía, a dor e a perda, o tratamento das personaxes femininas, etc. O escritor apareceu por sorpresa e despois de saudar e ser aplaudido asinou os libros dos nosos lectores.
Antes do xantar tivemos a oportunidade de realizar unha visita guiada ao Museo Municipal, onde se expón a obra de Xosé e Rosendo Cid (pai e fillo) e de Julio Prieto Nespereira.
Pola tarde, Carlos Vila Sexto contou a todos os alumnos participantes das tertulias como se xestara a novela e de que fontes bebera (videoxogos, películas fantásticas, cómics de heroes...) e como a profesión de guionista influíra no enfoque cinematográfico da historia. Tamén contestou as preguntas dos asistentes, algunhas moi agudas, por certo.
Foi unha xornada literaria interesante, espero que o mesmo opinen os membros do club.
O luns recibimos a visita da escritora e xorrnalista Rosa Aneiros, autora da novela Resistencia.
Como aperitivo, esta entrevista realizada pola Asociación Cultural Barbantia.
Achégase o Día da Paz e aquí vai un vídeo cun poema galeguizado de Miguel Hernández e cadros de Lluís Gómez.
CANCIÓN DEL ANTIAVIONISTA
Que vienen, vienen, vienen
los lentos, lentos, lentos,
los ávidos, los fúnebres,
los aéreos carniceros.
Que nunca, nunca, nunca
su tenebroso vuelo
podrá ser confundido
con el de los jilgueros.
Que asaltan las palomas
sin hiel. Que van sedientos
de sangre, sangre, sangre,
de cuerpos, cuerpos, cuerpos.
Que el mundo no es el mundo.
Que el cielo no es el cielo,
sino el rincón del crimen
más negro, negro, negro.
Que han deshonrado al pájaro.
Que van de pueblo en pueblo,
desolación y ruina
sembrando, removiendo.
Que vienen, vienen, vienen
con sed de cementerio
dejando atrás un rastro
de muertos, muertos, muertos.
Que ven los hospitales
lo mismo que los cuervos.
Que nadie duerme, nadie.
Que nadie está despierto.
Que toda madre vive
pendiente del silencio,
del ay de la sirena,
con la ansiedad al cuello,
sin voz, sin paz, sin casa,
sin sueño.
Que nadie, nadie, nadie
lo olvide ni un momento.
Que no es posible el crimen.
Que no es posible esto.
Que tierra nuestra quieren.
Que tierra les daremos
en un hoyo, a puñados:
que queden satisfechos.
Que caigan, caigan: caigan.
Que fuego, fuego: fuego.
Booktrailer de O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro, unha novela sobre a sensibilidade; arte,vida, amor e morte mestúranse nesta historia grazas á relación de amizade que establece un adolescente co pintor Van Gogh. Premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009 e premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil de 2010.
Este vídeo de Amnistía Internacional sobre a noso poder de cambiar as cousas merece a pena. Unha boa campaña de sensibilización dirixida a todas as persoas.
Chéganos vía Trafegando ronseis, como non!
Para facilitar a comprensión dalgúns aspectos temáticos da novela que están lendo os membros do club de 1º de BAC, As sete mortes, de Carlos Vila Sexto, elaboramos este documento con algunha información sobre mitoloxía e simboloxía celtas. Algúns integrantes do club xa se esforzaron en documentarse ao respecto e dominan o asunto.