Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TERTULIA EN OURENSE CON MARILAR ALEIXANDRE

MARTES LITERARIO EN OURENSE
O club de lectura de 4º da ESO e 1º de BAC compartiu co club de lectura do IES Allariz unha xornada literaria en Ourense que os levou pola mañá a percorrer o itinerario d’A esmorga e pola tarde a cambiar impresións sobre a novela de Marilar Aleixandre A cabeza de Medusa nunha sesión na que tamén estivo presente alumnado do IES Blanco-Amor. A xornada rematou cunha charla coa autora do libro, que resolveu algunhas dúbidas que xurdiran na tertulia. A tertulia, que foi organizada pola Concellería de Educación do municipio ourensán, leva funcionando dende hai algúns anos e constitúe un exemplo de iniciativa a prol da lectura compartida.
Cun guía simpático chamado Andrés andamos polas rúas que pisaron O Cibrán, O Bocas e o Milhomes e detivémonos en rúas e prazas para ler os fragmentos literarios da novela onde aparecen eses espazos. Tamén coñecemos onde viviu o escritor e fotografámonos con el na Alameda.
Tamén aproveitamos para realizar unha visita guiada á interesante exposición de Caixanova “A arte da semellanza”, que nos fixo reflexionar sobre algunhas tendencias artísticas actuais. Cadros de óleo que parecían fotos, cordas de pedra, bolígrafos Bic, teas vestindo nenas pintadas, cadros devorados por insectos: todo un mundo sorprendente cheo de significados: a identidade, a infancia imposible de recuperar, a reivindicación artística de materiais pobres, a ollada que engana, o mito de Ofelia transformado, o impacto medioambiental. Encantounos!
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 28-01-2010 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
TEXTOS POLA PAZ
O día 30 de xaneiro celébrase o día da paz, a semana vindeira realizaremos unhas lecturas públicas para conmemorar o día, velaquí un anticipo.

Comentarios (1) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 28-01-2010 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal