|
|
|
INTERESANTE BLOG!! ANA PARADA NA REDE |
|
Entra e goza! http://www.blogoteca.com/thepainter |
|
|
|
Poemas para a paz |
|
ﺳﻼﻢ
Un día contarás que viches cos teus ollos
sucumbir con estrépito os símbolos e os muros
e o cadro apocalíptico que debuxou o naipe
do arcano dezaseis no tapete do mundo.
Dirás do teu asombro, do pánico das bolsas,
do arrepío que ascende polo espiñazo arriba,
do temor de que acaso serán moitas as cousas
que xamais han de ser do xeito que eran antes.
Mais se gardas os fíos que han tecer o relato
que no incerto futuro se lembrará das horas
destes tempos inquietos, garda tamén esoutros
que falan das nacións condenadas a morte,
das riolas da fame a atravesar fronteiras,
das farturas que move o comercio da guerra
e as macabras colleitas dos campos de minas,
das mulleres sen rostro que sofren en silencio,
das balsas da miseria buscando a banda oposta
e o brazo multiforme das necias ambicións.
Algún día serán só cousas do pasado.
Pero o presente é tempo de non calar a boca
e mais de preguntar en mans de quén estamos
e lembrar as palabras daquel romano antigo:
que a paz xusta é mellor ca todas as victorias.
¡Que Alá misericordioso nos dea sentidiño!
Gonzalo Navaza
BAIXO A TORTURA
ARRINCAREDES
MESMO FALSAS
CONFESIÓNS,
QUE ESCOITAR
VÓS QUEREDES,
MAIS NON PODEREDES
ESCUDRIÑAR
NOS INTRINCADOS
RECUNCHOS
DO SUBCONSCIENTE
CANDENTE LAVA
DE VOLCÁN,
CRISOL, ONDE SE TEMPLAN
AS IDEAS
DAS MÁIS
E DOS MÁIS INSUBMISOS
E VALENTES, IDEAS,
ÁS QUE TEMEDES.
ESAS IDEAS
FARÁN MEDRAR IDEAIS,
ARMAS QUE COMBATERÁN
A VOSA FEROZ BARBARIE.
Luz Fandiño
|
|
|
|
LECTURAS ABERTAS NA BIBLIOTECA 30 DE XANEIRO |
|
30 de xaneiro, día da paz
Hai que espir a memoria para reconstruír a verdadeira historia e espertar eses vagalumes durmidos nos ollos dos nosos fillos e fillas.
Nora Murillo
Guatemala.
|
|
|
|
Gústache a literatura de intriga, suspense, medo, terror, ...? Ahí van algunhas suxerencias. |
|
Agardamos comentarios sobre as vosas lecturas preferidas dentro deste xénero. E por suposto, as vosas recomendacións.
Los armarios negros, de Joan M.Gisbert.
Los caminos del miedo, de Joan M.Gisbert.
Relatos, de Edgar A.Poe.
El cuarto amarillo, de Gaston Leroux.
El sabueso de los Baskerville, de Arthur Conan Doyle.
Jardín Umbrío, de Valle-Inclán.
A sombra cazadora, de Suso de Toro.
Trece badaladas, de Suso de Toro.
Relatos:
"O xogo da guerra", de Carlos Casares
"Sobre da morte do Bieito", de Rafael Dieste
"Seis dedos", de Xosé Miranda
"A proba do alfinete", de Gonzalo Navaza
|
|
|
|
COMENTARIOS RELATOS MÍNIMOS |
|
Deixade as vosas aportacións |
|
|
|
MUNDOS PARALELOS NAVEGABLES |
|
Se liches algún libro no Nadal verte aquí o teu comentario. Comparte. |
|
|
|