Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PROMOVENDO A LECTURA NA AULA
Describimos a campaña de fomento da lectura na aula a través de traballos colaborativos e exposicións orais.











Comentarios (0) - Categoría: club de aula - Publicado o 11-02-2013 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE PROFES LE MARCAS DE NACEMENTO E 1984

No club de profes estamos a ler 1984, de George Orwell, e Marcas de nacemento, de Nancy Huston, dúas novelas interesantes que, seguro, darán moito que falar no debate.


Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 10-02-2013 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
TERTULIA LITERARIA EN OURENSE

O xoves celebramos a 1ª tertulia literaria organizada pola Concellaría de Educación de Ourense capital. Compartimos autobús co club de lectura do IES Cidade de Antioquía e ás 16:30 reunímonos no Liceo para debater co club do IES Allariz sobre a novela de Rosa Montero Lágrimas en la lluvia. Lucía e Tiziana, dúas lectoras empedernidas e veteranas do club, abriron o debate con tan bo facer que arrancaron os aplausos dun público entregado. O coloquio foi intenso e cuestións como a memoria, a ética na ciencia, as relacións, o afán de poder e a corrupción suscitaron moita controversia.
Felicitamos o alumnado pola súa participación nesta actividade. A lectura sempre dá que pensar e falar, está claro.


Comentarios (3) - Categoría: ENCONTROS LITERARIOS - Publicado o 09-02-2013 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRAMOS A 3ª REUNIÓN DO CLUB DE PROFES

Celebramos a 3ª tertulia de profes e foi moi animada.

Comezamos por Las cruzadas vistas por los árabes, de Amin Malouf, e as persoas que fomos capaces de rematar o libro (6) confesamos ter aprendido moito dese período convulso da historia. A perspectiva dos historiadores árabes contribuíu a incrementar un pouco os nosos precarios coñecementos sobre a famosa Guerra Santa e a ocupación dos territorios árabes. Manuel, o noso benquerido profe de Historia, aclarou as nosas dúbidas dunha maneira didáctica. Soubemos dos conflitos, rivalidades e divisións entre faccións musulmán (chiitas e sunitas, a seita dos asasinos, os fatimitas…); da crueldade e fanatismo dos cristiáns (canibalismo incluído); da personalidade de Saladino, unha figura que ensombrece e anula ao cinematográfico Ricardo Corazón de León; da orixe dalgunhas palabras como azar e asasino; das diferenzas entre sultán, califa, emir e visir, as. Viaxamos no tempo por Alepo, Mosul, Beiruth, Antioquía…

O que está claro é que as guerras santas son guerras polo poder.

Na sobremesa, tocou falar de O curioso incidente do can a medianoite, de Marck Haddon e o debate xirou en torno ao tema das relacións, as emocións e as dificultades de comunicación do protagonista fronte á súa extraordinaria capacidade analítica e matemática. Tamén se comentou a maneira de procesar a información dos Asperger, as reaccións ante o que non comprende, o que se sae do programa; a maneira de escribir a historia dende o punto de vista do rapaz, cunha redacción sinxela, ordenada e lóxica. Pero foi un problema de lóxica que se aborda na historia o que provocou un serio enfrontamento entre tertulianos, o tema das probabilidades deu moito de si.

Case tres horas de tertulia, todo un éxito.



Comentarios (2) - Categoría: boletíns de lectura - Publicado o 02-02-2013 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE 1º CICLO FALOU LE O TEMPO DAS PALABRAS EN VOZ BAIXA

Os integrantes do club de lectura de 1º ciclo leron e falaron sobre Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz, e agora comezan a lectura de O tempo das palabras en voz baixa, de Anne-Lise Grobéty. Esta historia está ambientada na Alemaña nazi e chega ao corazón.

Dúas películas significativas desa época son Napola e Europa Europa.


Napola


Europa Europa

Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 02-02-2013 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE AULA LE A POMBA E O DEGOLADO
O azar quixo que esta lectura, A pomba e o degolado, coincidise coa entrada na RAG da escritora, a nosa benquerida Fina Casalderrey, e coa celebración do Día da Paz e a Non Violencia. Deixamos unha guía de lectura e uns vídeos sobre dous dos temas abordados na historia: o acoso escolar e a emigración-inmigración.


Tamén colgamos un interesante e didático documento con fotos e información sobre as aves que se citan na novela. Tomás García, profesor de Bioloxía e colaborador do club, foi o seu artífice.







ACOSO - BULLYNG

VÍDEOS DE ANIMACIÓN






PELÍCULA

COBARDES

Tráiler



PELÍCULA ENTEIRA



CANCIÓN



INMIGRACIÓN- EMIGRACIÓN

CANCIÓN






PELÍCULA

Retorno a Hansala

Trailer



Escena




Comentarios (0) - Categoría: club de aula - Publicado o 29-01-2013 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA PAZ 2013
Celebramos esta semana o Día da Paz e alumnado do club de profes e do club de alumnado compartirán lecturas na Biblioteca.

As lecturas agardan por ti no blog da Biblioteca.



HAI MOITAS MANEIRAS DE MATAR

Hai moitas maneiras de matar.

Poden meterche un coitelo no ventre.

Quitarche o pan.

Non curarte dunha enfermidade.

Meterte nunha mala vivenda.

Empurrarte ao suicidio.

Torturarte ata a morte por medio do traballo.

Levarte á guerra, etc...

Só poucas destas cousas están prohibidas no noso Estado.

Bertold Brecht
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 27-01-2013 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB LE LÁGRIMAS EN LA LLUVIA, DE ROSA MONTERO

O club do 2º ciclo le Lágrimas en la lluvia, de Rosa Montero (entrevista), lectura que servirá para compartir impresións con outros clubs da provincia no Liceo ourensán a finais de xaneiro. Agradecemos á Concellería de Educación de Ourense o seu compromiso coa lectura organizando estes encontros.


Elaboramos esta guía para facilitar a reflexión e o debate.

Incluímos escenas representativas das películas Blade Runner e Intelixencia
Artificial.

Enlace para ver a película completa de Intelixencia Artificial con subtítulos.










Entrevista a Rosa Montero.



Película completa Intelixencia artificial


Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 31-12-2012 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS LECTURAS PARA O CLUB DE PROFES

A proposta de Manuel, profesor de Historia, leremos La cruzada vista por los árabes, do escritor libanés Amin Malouf, un libro de ensaio sobre o tema das cruzadas dende a perspectiva dos árabes.

En galego leremos O curioso incidente do can a medianoite, de Mark Haddon, en que un rapaz con síndrome de Asperger intenta resolver a misteriosa desaparición do can da veciña.
Atopamos esta completísima guía de lectura elaborada para o club de lectura do IES A Pastoriza:

Comentarios (3) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 28-12-2012 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRAMOS A 2ª REUNIÓN DO CLUB DE PROFES

Celebramos a 2ª reunión do club e non pedimos mexillóns! Foi interesante a pesar da menor afluencia de membros, época de exames e iso nótase.

Arrancamos co magnífico libro de Brigitte Vanderbeke, Mexillóns para cear, e houbo un debate interesante ao redor da figura dun pai que, aínda que ausente, é o protagonista-antagonista da historia. O seu papel na familia vai agromando pouco a pouco ata converterse nunha figura odiosa, que somete e anula todos os membros, que exerce unha autoridade baseada na violencia e no medo. Un ser frustrado que finxe o que non é, que se avergonza das súas orixes, que despreza as artes e sobrevalora as ciencias exactas. A súa parella e os fillos libéranse da tiranía na súa ausencia, comportándose da maneira que el detesta.
Sobre a vida dos personaxes planea a división entre os réximes da Alemaña do leste, do cal proceden, e a Alemaña do oeste, no cal se instalan.
As alusións á musica e a algúns personaxes literarios como Medea son simbólicos e acadan significado na historia.

O texto de Einstein e as súas opinións sobre a vida tamén suscitaron controversia, pois aínda que coincidimos coa súa maneira de pensar, cando soubemos das súas contradicións, algunhas persoas non puidemos evitar a decepción.
Comentarios (2) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 16-12-2012 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [43]
© by Abertal