Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O CLUB LE FEBRE, DE HÉCTOR CARRÉ

En Febre cóntase unha historia ambientada na década dos 40 do século pasado, en plena febre do volframio. Na vila de Noia, Carmucha, unha moza con inquedanzas, libra unha batalla contra as normas e lánzase a unha aventura chea de obstáculos. A ideoloxía franquista rebaixaba a categoría das mulleres á condición de servas trazando unha liña ríxida entre as decencia e a indecencia. Carmucha traspasará esa liña e loitará contra o destino castrador que intentaba impor a dobre moral dos vencedores.


Durante a década dos 40, en plena 2ª Guerra Mundial e pouco despois da Guerra Civil, a febre do volframio estendeuse por Galicia. Este mineral, usado para a fabricación de armamento, foi obxecto de disputa por parte de alemáns e ingleses que, baixo un aparente clima de rivalidade mercantil, libraban unha guerra de espías. A decantación das forzas franquistas polos nazis nesta contenda poñía en evidencia a falsa neutralidade exhibida por Franco. Mentres isto ocorría, os que se dedicaban á extracción e venda do prezado mineral trataban de sacar proveito, uns a través da explotación legal das minas e outros co contrabando. As autoridades políticas e militares eran untadas con cartos procedentes das transaccións, convertendo as comisións nun salvoconduto para as operacións de venda. Nesta consentida clandestinidade, mentres uns trataban de sobrevivir, outros enriquecéronse a custa do mineral, arruinándose logo por culpa do xogo e a torpeza á hora de administrar o diñeiro. Un pobo que acababa de padecer unha guerra, sumido na miseria, a dor e a ignorancia, con enfrontamentos entre irmáns tan recentes, converteuse en vítima da súa propia cobiza.
As minas de volframio con máis produción estaban situadas en San Finx (Lousame), Casaio (Valdeorras), no Xurés e Noia, onde se desenvolve a acción da novela de Héctor Carré.


Outra novela en que se trata o tema do volframio é Cabalo de ouros, de Víctor Freixanes, construída arredor dunha partida de cartas onde se xogaba diñeiro procedente da venda do mineral.


Información:
As 4 esquinas do quinto.

IES Porto de Son.

Revolta da Freixa.


TEST.

A muller no franquismo.

A muller no franquismo 2.

O volframio en Galicia.

Artigo Faro de Vigo
.

Comentarios (1) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 01-04-2013 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE AULA LE MORNING STAR

Morning Star é unha novela de aventuras de Xosé Miranda publicada en 1998. Obtivo o Premio Xerais de Novela ese mesmo ano.

O rapaz Lourenzo Tasende vive con seus pais na taberna da Disputa. Un día aparece polo negocio familiar un antigo amigo de seu pai chamado Lázaro Rivadulla e a rutina familiar comeza a sufrir unha serie de cambios ata transformar por completo a vida dos seus membros. Lourenzo acaba formando parte dunha gavela e participando nos asaltos que esta perpetra.

A historia está ateigada de intrigas, segredos e personaxes turbios que perseguen un tesouro.


O 15 deste mes recibiremos a visita de Xosé Miranda.
Comentarios (0) - Categoría: club de aula - Publicado o 01-04-2013 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE PROFES LE EXOGAMIA O.3 E 1984
O club de profes le Exogamia 0.3, de Ramón Caride Ogando e 1984, de George Orwell, cuxa lectura estaba prevista para a tertulia anterior e que houbo que aprazar.
Tamén visionaremos as películas La faute à Fidel (A culpa tena Fidel), de Julie Gavras, e Brazil, de Terry Gilliam.

Información e cuestións para a lectura de Exogamia 0.3.


Sobre 1984.






Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 25-03-2013 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE AULA DE 1º CICLO DE ESO LE O NENO CAN E CHAMÁDEME SIMBAD

O neno can, de Francisco Castro e Fina Casalderrey, ilustrado por Patricia Castelao.

Un libro de historias de nenas e nenos que carecen de dereitos : cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo, nenas obrigadas a casar con homes adultos cando aínda nin deixaron as bonecas... Velaquí unha pequena mostra dunha realidade infame que existe no mundo que habitamos.

Interesante traballo realizado polo CEIP Saco e Arce de Toén.

Chamádeme Simbad, de Francisco Castro.

Unha historia conmovedora. Paulo é un neno que comprende o seu avó: un ser adulto que tornou á infancia. Os outros adultos non poden entender nada, orfos da mirada dos cativos.

Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.

Guía de lectura.

Interesante cuestionario realizado polo IES Elviña.

Francisco Castro visitará o IES Lagoa de Antela o próximo mes.

Comentarios (0) - Categoría: club de aula - Publicado o 16-03-2013 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
4ª TERTULIA DE PROFES

O club de profes celebrou a 4ª tertulia literario-gastronómica. A novela Marcas de nacemento de Nancy Huston suscitou moita controversia, sobre todo o personaxe de Sol, incrible para moitas persoas. Moitos temas agromaron á mesa: a influencia do entorno e a función e actitude dos pais na educación dos fillos, a violencia normalizada e o fácil acceso a ela, a frivolización da morte por unha banda e a súa negación por outra, a dobre moral de individuos e pobos, os conflitos que se reproducen, a modernización das guerras actuais, a aniquilación da identidade, a música como salvación.
Sobre eles, planeaba o signo de identidade, a orixe: a marca.
Aprazamos para a próxima reunión o debate sobre 1984.


Por certo, a comida deliciosa, o trato exquisito e o contorno moi acolledor. Facemos publicidade do lugar, Taberna Acevedo, en Xunqueira de Ambía, pois, ademais do dito, organizan sesións de contacontos, recitais, exposicións... Un lugar ideal para a cultura. Estivemos moi a gusto.


Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 15-03-2013 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE AULA LE DRAGAL, A HERDANZA DO DRAGÓN, DE ELENA GALLEGO

Unha historia de profecías, intrigas e segredos que se remontan á época medieval.
Hadrián é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá ao rapaz as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Mónica, compañeira de clase, axudarao nesta aventura.


Máis información na páxina da triloxía.

Información sobre a autora, Elena Gallego.

A escritora visitará o noso instituto o 22 deste mes.
Comentarios (1) - Categoría: club de aula - Publicado o 14-03-2013 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO POÉTICO CON CARLOS NEGRO

O luns 8 de marzo o club de lectura do 2º ciclo e BAC participou nun obradoiro de poesía con Carlos Negro. O poeta chegou á biblioteca cargado de libros, despregou a maxia da poesía sobre a mesa, encheu o aire de palabras e repartiu metáforas de chocolate que se nos derreteron na boca.

Coñecemos a Frederick, o rato que recollía as palabras, as cores e os raios de sol para compartir no inverno, e a Ajo, unha poeta madrileña que crea versos sorprendentes, micropoemas desconcertantes.

Escoitamos a voz do poeta, lenta, acelerada, eufórica, rota, mascando Makinaria.

Aprendemos, reflexionamos, xogamos, creamos, cantamos, mergullámonos na poesía como unha aventura.

E rapeamos.


Fotos e micropoemas do alumnado.






Carlos Negro tamén recitou para e co alumnado de 1º de BAC. Foi presentado por Lucía e Tiziana, dúas das máis veteranas do club e voraces lectoras.



Comentarios (1) - Categoría: OBRADOIROS LITERARIOS - Publicado o 11-03-2013 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO
No blog da biblioteca colgamos as actividades para traballar a igualdade.



Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 07-03-2013 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
O ALUMNADO DE 1º BAC LE MEXILLÓNS PARA CEAR
O alumnado está a ler este sorprendente relato de Birgit Vanderbeke que xa debatemos co club de profes. Máis información da historia no blog.




Aquí deixamos algunhas pezas musicais dos compositores mencionados na historia e que teñen valor simbólico na caracterización dos personaxes. Grazas á profesora de Música descubrimos o seu significado.


Tristán e Isolda:

Preludio Parsifal

A morte e a doncela

Lieder

Sinfonías Mahler

Va pensiero (Nabucco)

Comentarios (0) - Categoría: club de aula - Publicado o 03-03-2013 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE 1º CICLO LE EL TIGRE QUE TENÍA MIEDO A LAS GALLINAS

O club de 1º ciclo le El tigre que tenía miedo a las gallinas, de Alfredo Gómez Cerdá. A historia trata dun neno que vive nun Centro de Menores dende que recorda e ve a oportunidade de saír fóra, grazas á intervención dun novo compañeiro, e experimentar a liberdade. A experiencia comeza sendo fascinante, a sensación de liberdade embriaga.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 03-03-2013 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [43]
© by Abertal