|
|
|
|
ANÍMATE A RESPONDER!! |
|
Gústache a poesía?
Que tipo de temas che gustan?
Gústache a
narrativa?
Que tipo de temas che gustan?, de medo, de relacións, de ciencia-ficción, sociais...?
Escribe as túas suxestións.
|
|
|
|
Poesía escollida |
|
Herdaremos a terra e, aínda que non a sabemos fecundar, teremos caseiros.
Xoán C. Rodríguez (Occidencia)
Non sei moi ben que dicir. Talvez, que non che quero dicir nada. Se cadra a propia opacidade das palabras abonda. Estou aquí desde sempre, desde nunca. Á espera. De ninguén.
De tomar posesión de min mesmo.
Xoán C. Rodríguez
ELA SÉNTESE A VECES?
Ela séntese a veces
como cousa olvidada
no rincón escuro da
casa
como froito devorado
dentro
polos paxaros rapaces,
como sombra sen rostro
e sen peso.
A súa presenza é apenas
vibración leve
no aire inmóbil.
Sente que a traspasan
as miradas
e que se volve néboa
entre os torpes brazos
que tentan circundala.
Quixera ser sequera
unha laranja xugosa
na man dun neno
-non cortiza baleira-
unha imaxe que brilla
no espello
-non sombra que se esfuma-
e unha voz clara
-non pesado silencio-
algunha vez escoitada.
Alaide Foppa, poeta guatemalteca. Foi asasinada nos primeiros anos da década dos 80. É autora de varios libros.
Se o mar morrer o son da caracola
Perderase no eco que non volve
Se o mar morrer non quedarán metáforas
Para o amor para a morte para a vida
Se o mar morrer os ríos suicidas
Coma min nos teus ollos cara ao mar...
Marica Campo
|
|
|
|
Comentando lecturas |
|
 |
|
|
|
Novelas que estamos lendo e relatos que xa lemos, Subide o voso comentario |
|
Novelas que estamos lendo:
4º ESO: Moonkid e Liberty, de Paul Kropp
1º BAC: Baixo mínimos, de Diego Ameixeiras
1º BAC: Relatos lidos:
?Todo se volve agardar?, ?A porta pechada?: Os ollos da noite, de Ramón Caride Ogando.
?Decoración e interiorismo?, ?Viva a revolución?: Erros e tánatos, de Gonzalo Navaza.
4º ESO:
?Seis dedos?, de Xosé Miranda.
?A noz?, de Manuel Rivas.
?Que me queres, Amor??, ?A lingua das bolboretas?: Que me queres, Amor?, de Manuel Rivas.
|
|
|
|
Déixate soñar |
|
 |
|
|
|
Poeta do mes: Raúl gómez Pato |
|
A Benito e Lucila,
Porque cadaquén ama a casa onde nace.
Un perito agrícola dicíame:
Que belida sería hoxe a Lagoa de Antela:
O parque natural máis productivo de Europa,
Cheo de hoteis ecoloxistas,
Ecoloxistas automóbiles deportivos
E mulleres bañándose núas no infernal verán de
Ourense?.
Era entroido,
E falaba mentres comiamos nun bar de Laza
Cachucha con cachelos.
In aeternum tereiche en conta
Aquela festa,
Entre o millo
Cando, fillo de puta,
Me prometiches amor eterno
E non este mexón.
O pai de Jonhnathan Ferreiro
Súa pedras de sal no Gran Sol.
A súa pel está chamuscada
E as mans, rexas de turrar polas redes,
Nas noites de inverno austral
Entumécense,
E non dá feito os pés de gato.
Seis meses traballa arreo
E outros seis bebe licor no bar da Marta.
Pero a profesora nova de Johnathan é loira,
E hai que impresionala.
Ao día seguinte escribiu na ficha:
?Profesión do pai: narcotraficante?.
Quérote como a miña avoa
Facía as filloas,
Fariñosamente
E co sangue da derrota.
Quérote como o gato que durmía
A carón da lareira,
Despistadamente
Pero cun ollo no rato.
Paula Quintana Boedo
Se hei de morrer
Baixo as túas mans
Que me atopes
Abarrotada doutros brazos
Para que a túa ferida
Sexa máis profunda
Cás cicatrices que medran
Na miña cara.
Raúl Gómez Pato
-¿E que che dixo?
-Díxome que bailaba moi ben e adiós.
Castelao
Foi na excursión de terceiro
Por fin na que,
Estreando uns Lee
Mirou para ela
A través das cervexas
Que lle alumeaban nas pálpebras.
Despoxouse entón da chepa
Da pesada timidez,
E xusto cando o bus
Fumegaba para partir
Espetoulle nos beizos
Unha pregunta sen resposta
Nun inglés incomprensible
Que nin el mesmo entendía
Pero que quedaba que nin dios:
Do you think I?m sexy, baby?
4. IRA
Viámolo agarimando lascivo
Un corno branco de rinoceronte,
Mentres fitaba de esguello á súa lacerada compañeira,
Afirmando taxativamente,
Aínda coas luvas postas,
Que ela probablemente algo fixera para merecelo.
5. GULA
Alguén algún día
Terá que pagar condena.
E o seu sufrimento será inversamente
Proporcional
Á diferencia obscena
Entre o volume do seu estómago
E o do perímetro do baleiro
Dos que algunha vez,
Pola súa culpa,
Pasaron fame.
Raúl Gómez Pato
|
|
|
|
Horario |
|
2º ESO Luns 2º recreo
12.10-12.30
3º ESO Martes 2º recreo
12.10-12.30
4º ESO Mércores 1º recreo
10.10-10.30
1º BAC Xoves 2º recreo
12.10-12.30
CLUB DE LECTORAS E LECTORES
|
|
|
|
Poética navegable |
|

Penélope
Declara o oráculo:
?Que á banda do solpor é mar de mortos,
Incerta, última luz, non terás medo.
Que ramos de loureiro erguen rapazas.
Que cor malva se decide o acio.
Que acades desas patrias a vindima.
Que amaine o vento, beberás o viño.
Que sereas sen voz a vela embaten.
Que un sumario de xerfa polos cons?.
Así falou Penélope:
?Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto nobelo e tanta historia?
Eu tamén navegar?.
Xohana Torres, Tempo de ría
Hai persoas que loitan un día, e son boas;
hai outras que loitan un ano, e son mellores;
hai aquelas que loitan moitos anos, e son moi boas;
pero hai as que loitan toda a vida,
estas son as imprescindibles.
Bertolt Brecht
|
|
|
|
|
|
|
|
|