Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O CÓMIC NA AULA DE 4º DE ESO
Aquí deixamos todo o material sobre proxecto "O CÓMIC NA AULA" que realizamos o profesorado de Lingua Galega e Plástica co alumnado de 4º de ESO. Foi unha experiencia incrible, parabéns ao alumnado e profesorado participante.


Os cómics do alumnado:



Unha pequena homenaxe en vídeo con algunhas viñetas:



O Proxecto:





Algúns relatos que se traballaron:





Por último, deixamos o enlace do propio blog á crónica da visita de Tokio, autor de Cabana de Balieiros, ao instituto; o enlace ao vídeo "A barra de pan", con viñetas dos cómics do alumnado; e, por último, o enlace á sección do blog do EDL dedicada á homenaxe a Carlos Casares en que se inclúen cómics elaborados por alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO sobre relatos do autor limiao.



Comentarios (1) - Categoría: PROXECTOS INTEGRADOS - Publicado o 05-05-2012 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
OS CLUBS DE AULA LEN...

Outras lecturas que están a abordar os clubs de aula son: As confesións de Carlota Doyle, de Avi, novela de aventuras que ten como protagonista unha rapaza valente e como escenario un barco con todo tipo de personaxes?; Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, unha novela de intriga e suspense que envolve os lectores; Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado, de Roberto Salgueiro, unha peza de teatro que enfoca o amor ideal dunha maneira ?distinta? cuns personaxes e unha época que nos lembra a Romeo e Xulieta?; Los escarabajos vuelan al atardecer, de María Gripe, unha novela de misterio con adolescentes investigadores; El asesinato de la profesora de lengua, de Jordi Sierra i Fabra, unha curiosa novela de investigación, con enigmas que descubrir e probas para superar; e El señor de las moscas, de William Golding, unha historia que trata dun grupo de rapaces que deben loitar por sobrevivir nunha illa. Os instintos máis primarios loitan contra a razón e a natureza humana esperta no lado máis desapiadado, onde residen o medo, a ansia de poder, a crueldade... Unha reflexión sobre a natureza humana e o fráxil que é o fío que nos separa da barbarie.


Aquí deixo un fragmento da película homónima:


Comentarios (0) - Categoría: club de aula - Publicado o 05-05-2012 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
O club de aula le O diario vermello de Carlota e O diario vermello de Carlota

O diario vermello de Carlota e O diario vermello de Flanagan son dous libros que tratan o tema da sexualidade dende o punto de vista de dous adolescentes que deciden escribir cadanseu libro para contar as súas experiencias sexuais. Nesta páxina web, Educando en igualdade, dáse máis información, incluída unha guía de lectura sobre O diario vermello de Carlota.

Deixamos aquí as cuestións para o debate<.



Información sobre adolescencia e sexualidade: Quérote e Tutoría GLBT.


Interesante documental sobre as relacións afectivas.

Comentarios (0) - Categoría: club de aula - Publicado o 01-05-2012 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO
Celebramos O Día do Libro na biblioteca con varias actividades: unha exposición de marcapáxinas organizada polo departamento de Plástica en que participou alumnado de 3º de ESO, entrega dos premios do concurso literario e gráfico de Carlos Casares e unha lectura dos textos gañadores por parte dos autores dos mesmos. Como ese día había excursión de 2º ciclo e BAC non houbo tanta afluencia de público como outras veces pero as persoas que acudiron, amantes dos libros, encheron a biblioteca de calor e aplausos. N?A Limia hai madeira artística!


No blog do EDNL O falar non ten cancelas están subidos os nomes das persoas gañadoras, os textos e os cómics sobre Carlos Casares. Non deixedes de lelos e velos, paga a pena!


Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 01-05-2012 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE 2º CICLO E BAC LE A EDUARDO GALEANO
=justify>Eduardo Galeano é un escritor e xornalista uruguaio, comprometido cos problemas dos máis desfavorecidos e crítico cos efectos negativos da globalización. Nos tempos das ditaduras uruguaia e arxentina foi perseguido e tivo que fuxir e refuxiarse en España. Destacamos publicacións como Las venas abiertas de América Latina, un libro crítico coa explotación desta terra por poderes estranxeiros; e El libro de los abrazos, composto por narracións breves ateigadas de simboloxía e alusións á liberdade, o medo, a inxustiza?

O escritor seica vai vir a Ourense en xuño, visita promovida pola Concellaría de Educación da capital da nosa provincia e convidáronnos a asistir co alumnado lector. A ver se é posible...ao igual que é posible ese outro mundo que desexamos.

CELEBRACIÓN DA FANTASÍA

Foi á entrada da aldea de Ollantaytambo, preto do Cuzco. Eu desprendeume dun grupo de turistas e estaba só, mirando de lonxe as ruínas de pedras, cando un neno de lugar, miudiño, farrapento, achegouse a pedirme que lle regale un lapiseiro. Non podía darlle o lapiseiro que tiña, porque a estaba usando en non se que aburridas anotacións, pero lle ofrecín debuxarlle un porquiño na man.
De súpeto, correuse a voz. Da noite para o día atopeime rodeado dun enxame de nenos que esixían, a berros, que eu lles debuxase bichos nas súas manciñas cuarteadas de roña e frío, peles de coiro queimado: había quen quería un cóndor e quen unha serpe, outros preferían cacatúas ou curuxas, e non faltaban os que pedían unha pantasma ou un dragón.

E entón no medio daquel alboroto, un rapaciño desamparado que non alzaba mais dun metro do chan, mostroume un reloxo debuxado con tinta negra na súa boneca:
-Mandoumo un tío meu, que vive en Lima -dixo.
-E anda ben? -Pregunteille.
-Atrasa un pouco ?Recoñeceu.



Aquí deixo un par de intervencións del, é un pracer para os sentidos escoitalo, tanto pola forma como polo contido.





Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 01-05-2012 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE AULA LE CHAMÁDEME SIMBAD E O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS

Os clubs de aula len:

Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, unha historia que recrea o mito árabe do aventureiro mariño a través da relación cómplice que se establece entre un rapaz e o seu avó, que padece alzhéimer.
O escritor visitaranos a finais do mes de maio e departirá co alumnado.
A Revolta da Freixa ofrece un interesante cuestionario sobre a novela.


O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro, unha historia sobre a última etapa da vida do pintor Van Gogh.
O escritor visitounos o curso pasado e foi un pracer escoitalo.

Comentarios (0) - Categoría: club de aula - Publicado o 01-05-2012 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

A lectura é unha aventura, embárcate!
A lectura crea adicción, engánchate!

Do blog Trafegando Ronseis destacamos esta entrevista sobre a función d@ bibliotecari@ escolar.

Gustounos moito este cartel do blog do IES Monte Carrasco A Ghaivota.



Comentarios (2) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 22-04-2012 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE 1º CICLO LE MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Xosé Neira Vilas é un escritor nado en Vila de Cruces que coñeceu a emigración dende novo, que colaborou activamente na vida cultural dos intelectuais galegos no exilio que promoveu a publicación de obras galegas en América e que plasmou na súa produción a súa experiencia vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas. Na Biblioteca Virtual Galega hai máis información sobre este escritor e a súa obra, da cal destacamos Cartas a Lelo, Querido Tomás, Xente no rodicio, Aqueles anos do Moncho e Memorias dun neno labrego, novela que trata sobre a infancia do neno Balbino nunha aldea galega, que aborda temas coma a amizade, as relacións familiares, as tradicións, a pobreza, a discriminación do idioma e a emigración.

O mes vindeiro o club de 1º ciclo xunto cos membros do EDLN participarán nunha tertulia con alumnado de Maceda, Allariz e Celanova e asistirán a un encontro co escritor no concello allaricense.


Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 22-04-2012 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRAMOS A 2ª TERTULIA NO LICEO OURENSÁN

Celebramos a 2ª tertulia no Liceo ourensán. A esta cita acudimos os clubs do IES Lagoa de Antela, IES Cidade de Antioquía, IES Allariz e o IES O Couto.

Unha vez máis a experiencia foi moi interesante, con debate intenso e intercambio vehemente de opinións diferentes. As palabras ían e viñan dunha mesa a outra sen tregua, esmiuzando os temas máis polémicos da novela de Lorenzo Silva, La estrategia del agua. Que se a custodia compartida viña a ser ou non a mellor opción para os fillos, que se as personaxes femininas respondían a estereotipos ou non, que se os prexuízos influían na percepción das persoas, que se a política e a xustiza favorecía os poderosos, que se a crise, que se isto que se aquilo, múltiples intervencións e perspectivas que removían os afectos e abrían as mentes, e todo nun clima de respecto exemplar, con aplausos desatados e algunhas risas incontidas polo medio.

A lectura e o diálogo compartido son un pracer e unha vacina contra o medo, a ignorancia, a amargura e, como non, a crise.


Try our slideshow maker at Animoto.


Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 19-04-2012 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMAS LECTURAS CLUB DE PROFES

As próximas lecturas do club de profes son:

O reencontro, de Fred Ulhman, una novela curta que describe a relación de amizade entre Hans, un mozo xudeu, e Konradin, un xove aristócrata alemán, na época previa á persecución xudía. Cando esta se produce, os cambios sucédense e a vida de Hans dá un xiro.


Maus, de Art Spiegelman, unha obra gráfica sobre o exterminio xudeu e as súas secuelas. Máis información: Guía del cómic.

Engurras, de Paco Roca, unha obra gráfica sobre o alzheimer. Sobre ela realizouse unha película de animación homónima.


Tamén visionaremos e comentaremos a película Smoke, da cal Paul Auster foi guionista e co-director.

Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 15-04-2012 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0