Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BOLETÍN DE LECTURAS PARA TODAS AS IDADES E TODOS OS GUSTOS
Comentarios (2) - Categoría: boletíns de lectura - Publicado o 12-06-2012 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
HISTORIAS CON SERES IMAXINARIOS

Alumnado de 4º de ESO inventou historias con seres imaxinarios, moitas ao estilo do Gatipedro, ese trasno entrañable creado por Álvaro Cunqueiro.


A foto é do Castro d'A Xironda, unha aldea situada nun contorno máxico, con lendas tan vivas como a Raíña Loba.


Comentarios (0) - Categoría: OBRADOIROS LITERARIOS - Publicado o 12-06-2012 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
RECREACIÓNS POETÍZATE 2012
Aquí van algunhas recreacións do alumnado de 1º de BAC sobre poemas da antoloxía de Fran Alonso Poetízate.

Comentarios (1) - Categoría: POETIZÁMONOS - Publicado o 12-06-2012 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
5º TERTULIA DE PROFES

A 5ª reunión do club de lectura converteuse nunha xornada didáctica, lúdica, gastronómica e, por suposto, lectora. Pola mañá realizamos unha visita cicloturística polas terras d?A Limia que antes bañaba a Lagoa de Antela. Visitamos as charcas recuperadas, observando a flora e a fauna acuáticas propias destas zonas lacustres (vimos mergullóns ou somorgullos, niños de cegoñas, escoitamos o reiseñor bastardo e algún paspallás?), paseamos polas veigas d?A Saínza e abrazamos a Carballa da Rocha? Ao mediodía, como era día de feira en Xinzo, xantamos un polbo exquisito nunha tasca enxebre. Na sesión da sobremesa, despois dunha deliciosa bica con noces, falamos das lecturas que nos convocaron alí: as novelas gráficas Engurras e Maus e o libro El reencuentro.

Con Engurras falamos do alzheimer, da vellez, do abandono, da soidade, da necesidade de coidados e, como non, da lei de dependencia. Falamos de como un debuxo pode chegar ao corazón, da viaxe á nada sen posibilidade de retorno, da maneira de representar o alzheimer: as páxinas en branco, as caras desaparecidas?

Con Maus falamos do nazismo, da ignominia e a intolerancia, e constatamos como o fío que separa a civilización da barbarie é tan fráxil que á mínima pode romper. Falamos do medo, da memoria, o poder e o silencio. E tamén da forza da imaxe e da orixinalidade representar as vítimas e verdugos con caras de animais.

Con El reencuentro falamos sobre a amizade, a sensibilidade e a empatía, de como as persoas poden recuperar co tempo a alma perdida e recoñecerse. Falamos da separación e un inesperado reencontro.

E tamén falamos da vida, da crise, dos tempos que nos está tocando vivir e do peor que, seguramente, está por chegar.

E Rosa mais eu comentamos, mentres dabamos un "inesperado" paseo pola miña culpa (de novo desculpas, Natalia, he, he), de Smoke e do bonito conto de Nadal. Mágoa que ninguén máis das persoas presentes vise esa interesante película.



Comentarios (2) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 03-06-2012 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CO ESCRITOR FRANCISCO CASTRO

O mércores día trinta de maio, os alumnos de 1º de ESO asistimos a un encontro co coñecido escritor Francisco Castro no salón de actos. El foi quen escribiu o libro ?Chamádeme Simbad?,de lectura obrigatoria para a materia de Lingua Galega.
Falounos da súa mocidade, de cando era neno, do moito que lle gustaba ir ao cine para ver películas de piratas, e tamén das cousas da vida cotiá que o inspiran para escribir os seus libros. Contounos como o tema principal que se trata no libro de Chamádeme Simbad, o alzhéimer, supón un drama para as familias e como para esta e outras doenzas se empregan, moitas veces, máis recursos en cousas moito menos importantes que en investigar posibles solucións para estes problemas .
Una das preguntas que lle fixeron os alumnos foi se só escribía en galego. El contestou que unicamente emprega a nosa lingua no seu traballo de escritor pero que os seus libros son traducidos ao castelán, portugués, catalán etc.
O encontro gustoume moito e gustaríame que nos visitasen máis escritores no noso Instituto.


Sara Martínez Nogueiras 1º B


Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS LITERARIOS - Publicado o 03-06-2012 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
BOLETÍN INFORMATIVO DE CINE
Confeccionamos este boletín informativo con algunhas películas para uso de profesorado e alumnado. Aínda que se intentase, dende unha perspectiva integradora, atender á diversidade e aplicar un criterio de certa calidade, este criterio de escolla non deixa de ser parcial e subxectivo e, polo tanto, como é inherente a toda selección, faltan moita películas por citar. Esta débeda por saldar xustificará a elaboración de próximos boletíns.
Algunhas películas están baseadas en textos literarios, outras abordan períodos históricos e/ou problemas sociais, de todas se pode extraer coñecemento. Van acompañadas dunha introdución que pode servir de orientación didáctica para o profesorado.


Deixámosvos aquí algúns trailers e escenas dalgunhas destas películas.




La faute à Fidel

Memorias de Antonia

As mulleres de verdade teñen curvas

As horas

A onda

O baño do papa

Persépole

O círculo

A voz dormida

Un xogo de intelixencia

A noite dos lapis

Europa, Europa

Retorno a Hansala

Taare Zameen
O círculo
The klass estonian

Buda explotou de vergonza

Cometas no ceo

As tartarugas tamén voan

O señor das moscas




Comentarios (0) - Categoría: CINE - Publicado o 28-05-2012 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
CITA LITERARIA EN ALLARIZ CON NEIRA VILAS

CRÓNICA DA CITA LITERARIA CON NEIRA VILAS


O pasado luns día 14 de Maio visitamos Allariz. Alí, alumnas e alumnos lectores de Xinzo de Limia, Maceda, Celanova e Allariz fomos á casa da cultura da vila para coñecer o gran escritor galego Xosé Neira Vilas e falar do seu libro Memorias dun neno labrego. O autor foi recibido polo alcalde, a concelleira de educación e polos alumnos alí presentes, que pertencen ós clubs de lectura. O alcalde agasallou ó autor con obxectos simbólicos da vila tales como a figura do ?boi? e unha cesta de pan trigo con algúns amendoados.
Posteriormente, algúns dos alumnos presentes no acto procederon á lectura de diferentes partes da novela noutros idiomas como, por exemplo, en inglés, portugués, francés, castelán e, por suposto, en galego.

O autor recoñeceu que era a primeira vez na que oía ós alumnos ler o relato en distintos idiomas. A continuación, o autor deu unha breve explicación e, acto seguido, procedeu a responder as diversas cuestións plantexadas polos alumnos alí presentes.

Preguntáronselle sobre o libro que leva como título Memorias dun neno labrego cuestións tales coma:

- Inspirouse na súa vida para escribir este libro?


- Non, só me inspirei brevemente nalgunhas cousas - contestaba o autor- xa que eu tiven unha infancia moi diferente á que se relata no libro, porque meu pai era moi distinto a como era o pai do personaxe principal, Balbino. O que si que é verdade é que os meus pais eran campesiños pero eles posuían as súas propias terras e non precisaban arrendarllas a ningún Señor como sucede no caso de Balbino e de Manolito.

- A que idade comezou a escribir?

- Comecei a escribir dende pequeno, cando cos meus aforros puiden comprar libros que ía agochando no tellado, ata que un día meu pai os atopou e aconselloume que os mercara con máis moderación dado que tiña o tellado cheo de libros.

- Séguese producindo a mesma diferenza socioeconómica entre os ricos e os pobres hoxe en día?

-Si, pero en menor medida á que se podía atopar na época relatada no libro.

Estas foron algunhas das cuestións máis destacables da reunión que mantivemos. Acto seguido despedimos ó autor cun forte aplauso, xa que se quedou sen tempo para poder seguir respondendo as nosas cuestións, debido a que tiña que acudir a outra reunión cos alumnos do IES Allariz.


NURIA DOMÍNGUEZ GARCÍA 2º ESO



Na foto da cabeceira podemos ver o noso alumno Xosé Manuel Quintela ler un fragmento da novela. Seica leu moi ben, dándolle vida ás palabras. Noraboa, Xosé Manuel! Tamén felicitamos o alumnado que participou nesta xornada literaria, en especial o que interveu na tertulia e a moza que escribiu esta crónica.





Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS LITERARIOS - Publicado o 19-05-2012 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
SELECCIÓN DE POEMAS DE CELSO EMILIO FERREIRO
Aquí deixamos unha selección de poemas de Celso Emilio Ferreiro para lermos e espertarmos as conciencias. Non nos van deixar indiferentes.


Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 17-05-2012 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
PARA CONMEMORAR O CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO
Para lembrar a figura do poeta de Celanova rescatamos este videopoema realizado por Cristian, Miguel, Anxo e Miguel, ata o curso pasado magníficos alumnos do noso centro. Tamén vos convidamos a ver o vídeo sobre Celso Emilio Ferreiro elaborado por Xose Manuel para o ENDL. Acompañámolo doutro videopoema dos antigos alumnos citados.


Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 14-05-2012 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEO A PARTIR DUN RELATO DE MANUEL RIVAS
Confeccionamos este vídeo combinando imaxes de dous cómics realizados por alumnado de 4º de ESO con voces de alumnado e profesorado e algunhas fotos propias. O impresionante relato "A barra de pan" do libro Ela, maldita alma, de Manuel Rivas, é a base literaria. Vexan e escoiten, paga a pena.


Comentarios (2) - Categoría: PARA VER - Publicado o 05-05-2012 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0