O noso querido Agustín, que tanto ten feito pola normalización e a literatura no noso país, segue a recibir homenaxes. GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) nomeou a Agustín Fernández Paz Socio de Honra e o escritor agasallou os presentes cun conto que está neste blog: Abrir as portas.
Comezamos o club de profes con estas dúas novelas:
El ladrón de arte de Noah Charney: historia chea de suspense co mundo da arte como escenario. O roubo dun retábulo de Caravaggio e un cadro de Malevich marcan o inicio da investigación de dous inspectores de policía.
Entrevista ao autor:
A miña planta de laranxa lima de José Mauro de Vasconcelos: unha historia conmovedora, que inxecta emoción nas veas, que toca o corazón.
Comezamos esta semana a andaina do club de lectura.
Como se aproxima o Samaín, navegaremos rumbo á Terra do Medo, onde residen seres que arrepían ( a Santa Compaña, o lobishome, o demo, a xacia, a lamia, o Alén? ,) e meterémonos na boca do inferno?
Relatos de As fronteiras do medo de Agustín Fernández Paz serán a nosa primeira parada e, se sobrevivimos, iremos ao encontro de Xabier P. Docampo e os seus terroríficos relatos de Cando petan na porta pola noite.
Tamén na aula inventaremos e leremos contos de medo habitados polo terror e o espanto.
Abrimos unha nova canle de recursos didácticos, ferramentas tecnolóxicas,novas sobre a competencia lectora e información de actividades da biblioteca. Este espazo web vai destinado a toda a comunidade educativa do IES Lagoa de Antela e desexamos que se converta nun instrumento útil para potenciar e mellorar as competencias dende todas as materias. Ese é o noso compromiso, un compromiso fiel ao ensino público.
Despedimos este curso con tres interesantes videopoemas do alumnado de 1º de BAC:
"Sombras", de Xosé María Álvarez Caccamo
"Dobres parellas, de Ramiro Fonte
"Game Over", de Makinaria, de Carlos Negro
Esgotamos as mochilas, e iso que superaban as vinte, con libros para toda a familia. Outro ano máis a campaña de préstamos de verán foi un éxito, tanto a nivel de profesorado como de alumnado. Os libros da nosa biblioteca tamén van á praia, ao río, ao campo, a ...???? nas vacacións. E eles levan de viaxe as persoas que os len. Que a sorte vos acompañe a tod@s!
A andaina do club superou unha etapa máis desta travesía cuxo destino é o mesmo feito de navegar con palabras. Desexamos que sigan intactas ou que se incrementasen as ganas de entrar e percorrer páxinas de libros, de amasar versos, de abrazar frases, de identificarse con personaxes entrañables, de detestar malvados, de andar mundos...
Como fin de festa organizamos un recital ao que convidamos outra xente á que queremos contaxiar este virus da lectura.
Os clubs de lectura do IES Lagoa de Antela e IES Cidade de Antioquía e alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC puideron gozar dunha sesión intensa de poesía e música coas poetas María Lado e Lucía Aldao. Laura Aparicio e Lucía Fernández encargáronse da presentación, Lucía leu un poema de Lucía Aldao e Tiziana Rodríguez e Alba Nogueira leron un poema a dúas voces de María Lado. Houbo moitas risas e aplausos e o público participou da creación dun poema colectivo con trazos dadaístas. Estivo xenial!