Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CELEBRAMOS A 2ª TERTULIA DO CLUB

Algúns membros do club reunímonos o xoves, día sen transporte escolar, en Xinzo para falar de El tiempo entre costuras e Pel de lobo. Foi unha mágoa que non puidesen asistir todos os integrantes do club pois a novela de María Dueñas suscitou bastante controversia. Manuel repartiu fotocopias sobre a explotación do wolframio en Galicia na posguerra e tamén sobre un caso acontecido preto da capital: dous nenos foron atopados mortos con signos de violencia e a súa morte foi atribuída aos lobos. O medo aos lobos no imaxinario popular aínda pervive na sociedade rural galega.
Foi un coloquio interesante, non hai dúbida.
Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 21-02-2011 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Un rato estupendo, coma sempre.
Está claro que neste club temos gustos moi variados.
Eu personalmente gustoume El tiempo entre costuras a partir do noveno episodio, enganchoume de tal maneira que aproveité calquera momento para ler.
Respeto a Pel de lobo, a súa lectura foi máis complicada que Veleno tinto, anotei moitas palabr#blgtk08#as e tamén aprendin moitas outras...e sobre todo a que máis me gustou foi folerpas, da mesma maneira que a que máis me gustou de Veleno tinto foi bandullo.
De calquera maneira, ler en galego está a ser unha boa experiencia, asi que...só queda esperar ás novas lecturas.
Vemonos na vindeira xuntanza, e coidado pq o tempo pasa voando...
Comentario por Ana (22-02-2011 00:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal