Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CELEBRAMOS A 1ª TERTULIA EN OURENSE

Celebramos a 1ª tertulia literaria en Ourense organizada pola Concellaría de Educación. Os membros dos clubs de lectura de 1º de BAC do noso instituto compartiron impresións cos membros dos clubs do Cidade de Antioquía e Allariz no Liceo Ourensán. Durante case hora e media discutíronse temas da novela As sete mortes de Carlos Vila Sexto: a inmortalidade, as relacións entre os protagonistas, Xacobe e Natalia; o destino imposto, a mitoloxía, a dor e a perda, o tratamento das personaxes femininas, etc. O escritor apareceu por sorpresa e despois de saudar e ser aplaudido asinou os libros dos nosos lectores.
Antes do xantar tivemos a oportunidade de realizar unha visita guiada ao Museo Municipal, onde se expón a obra de Xosé e Rosendo Cid (pai e fillo) e de Julio Prieto Nespereira.
Pola tarde, Carlos Vila Sexto contou a todos os alumnos participantes das tertulias como se xestara a novela e de que fontes bebera (videoxogos, películas fantásticas, cómics de heroes...) e como a profesión de guionista influíra no enfoque cinematográfico da historia. Tamén contestou as preguntas dos asistentes, algunhas moi agudas, por certo.
Foi unha xornada literaria interesante, espero que o mesmo opinen os membros do club.



Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 30-01-2011 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0