Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CRÓNICA DA PRIMEIRA CITA CO CLUB DE PROFES

O xoves 25 de novembro 13 membros do club de profes celebramos a primeira tertulia literario-gastronómica. Nesta primeira sesión, ademais de intercambiar impresións sobre Veleno tinto, de Ramón Carredano, e La evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly, degustamos as delicias (fixádevos no menú) que nos preparou o alumnado do PCPI de Cociña, comandados polo seu profesor Álex. Foi unha xornada moi moi pracenteira.
Destacamos a discusión que provocou a novela da escritora estadounidense: a súa suposta calidade, a intención feminista, a influencia mediática na promoción, a evolución do ser humano fronte ao resto dos seres do reino animal... Tamén o personaxe do avó suscitou controversia, pois para uns era un home asocial e egoísta, que só se preocupaba pola súa fección; e, para outros, era un ser entrañable e encantador.
Canto a Veleno tinto, case todo o mundo coincidiu en que se trataba dunha novela xuvenil de intriga, de estrutura impecable e con moito humor, aínda que a alguén lle parecía algo previsible. Falando da trama desta novela retrocedemos á Idade Media e revivimos as intrigas polo poder.

Grazas a Álex e todo o seu equipo por ese menú tan rico. Grazas ás persoas que asistiron e, en especial, a María Cerradelo por atreverse a internarse nun medio hostil e saír ilesa.




Comentarios (3) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 28-11-2010 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Unha sesión moi instrutiva, tanto a nivel gast#blgtk08#ronómico coma literario.
Foi un pracer.
Comentario por Carmen (30-11-2010 11:25)
2 Algúns xa estamos "degustando" o próximo menú, a nevarada e a ponte axudan a pasar "E#blgtk08#l tiempo entre costuras".
A ver que nos conta desta obra o sector crítico...
Comentario por Uxía (08-12-2010 19:16)
3 Moitas grazas a vós por invitarme e acoll#blgtk08#erme nestas xuntanzas. Estiven encantada.
Comentario por María (05-01-2011 00:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal