Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VÍDEOS SOBRE O ACTO DO 25 DE NOVEMBRO
O xoves 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, alumnado e profesorado concentrámonos no patio do instituto para realizar un acto en homenaxe ás vítimas.
O Departamento de Plástica confeccionou uns paneis onde figuraban os nomes das 64 mulleres mortas no que vai de ano e alumnado de 3º de ESO formou as frases VIOLENCIA 0 e RESPECTO 10.
O Departamento de Dinamización Lingüística e o equipo da Biblioteca escolleron e crearon textos alusivos ao tema que foron lidos por profesorado e alumnado.
Desafiando o intenso frío, mulleres e homes uníronse para manifestar o rexeitamento a esta lacra social e reivindicar o respecto e a igualdade nas relacións entre sexos.
Tamén se realizou unha proposta didáctica con actividades por nivel educativo para abordar nas aulas o tema da detección e prevención da violencia de xénero.
É necesaria unha educación en valores que forme persoas integrais, unha educación que deseñe estratexias didácticas que rompan tópicos, desenmascaren estereotipos, combatan prexuízos e eliminen as desigualdades.
No blog O falar non ten cancelas encóntrase o último vídeo. Agradecemos a Miguel e Cristian a colaboración na gravación dos vídeos.




Comentarios (2) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 28-11-2010 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Grazas de novo Carm#blgtk08#e por organizarnos.
Comentario por sara (29-11-2010 01:21)
2 Estou abraiada!! Grazas a Isabel e Sara por recitar asi de ben o meu poema!#blgtk08# Pónseme a pel de galiña...

Un saúdo e noraboa polos actos.
Comentario por Ana (11-01-2011 14:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal