
Bilbao - New York ? Bilbao, Kirmen Uribe
Tradución de Isaac Xubín
INTERESANTE NOVELA!
O autor viaxa no avión e durante a travesía dá conta tanto do proceso de creación da novela que está escribindo como das súas propias dúbidas. A novela aborda a historia de tres xeracións dunha mesma familia. Unha novela en que se mesturan personaxes, historias e arte. Sobre elas a perda dunha maneira de vivir vinculada ao mar.
?- O único que tiña na cabeza é que estaba no medio de Harlem cun traxe de Gucci. Quería ir tomar un café, pero non me atrevía a entrara así nos bares do redor, vestido tan elegante. Tiña medo.
-Medo?
-Si, estiven sen afastarme máis de tres metros da porta, durante unha hora. O mellor é que cando acabou a gala quería ir cear con Elizabeth a un restaurante xaponés chamado Soto e non sabiamos o enderezo. Elizabeth dixo: buscarémolo nese Internet- café de aí adiante. Creríasme se che digo que entramos no café e ninguén me mirou?
-Claro que non. Os prexuízos teñen moito peso. De todos os xeitos nalgúns sitios é mellor non entrar.?
|