|
|
|
|
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER |
|
 Centro Comercial Camelias: Zara
E por último aquí está.
O modelo da industria
de mulleres
en cadea.
Un modo de produción
sumamente rendible
para a economía do país.
Mágoa que se axuste tan pouco
ó produto autóctono
de carnes tradicionalmente alimentadas
con botelos, touciños e lacón.
A revolución industrial.
As mulleres de talla 36
embutidas no que antes
utilizariamos
para facer uns bos chourizos.
Todas iguais.
Unha por unha.
Unha produción ilimitada
nun mercado mutilador.
Se cadra haberá que xustificar
que se segue sendo humana
mesmo se non se cabe
na roupa de Zara.
María Reimóndez (Lugo, 1975), Moda galega, 2002
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|